The Byrds

The Byrds
The Byrds in 1972.jpg
OrixeLos Angeles, California, Flag of the United States.svg
Período1964 – 1973
1989 – 1991
2000
Xénero(s)rock, pop, folk rock, rock psicodélico, raga rock, country rock
Selo(s) discográfico(s)Columbia, Asylum, Elektra
MembrosRoger McGuinn
Gene Clark
David Crosby
Chris Hillman
Michael Clarke
Kevin Kelley
Gram Parsons
Clarence White
Gene Parsons
John York
Skip Battin
Páxina webhttp://www.byrds.com/

The Byrds foi unha banda estadounidense de rock, formada en Los Angeles, California en 1964. A banda sufriu varios cambios na súa formación durante a súa existencia, sendo o seu líder Roger McGuinn (coñecido como Jim McGuinn) un único membro permanente ata que o grupo se desfixo en 1973. Aínda que só logrou acadar o éxito comercial de contemporáneos como The Beatles, The Beach Boys e The Rolling Stones durante un curto período de tempo (1965–66), The Byrds hoxe en día é considerada polos críticos como unha das bandas máis influentes dos anos 60. Inicialmente, foi pioneira do folk rock, mesturando a influencia dos Beatles e de outras bandas da British Invasion ca música folk contemporánea e tradicional. A medida que os 60 avanzaban, o grupo tamén foi influente nas orixes do rock psicodélico, o raga rock e o country rock. Ademais, a típica mestura da banda de harmonías claras de voz e o son metálico da guitarra Rickenbacker de 12 cordas de McGuinn continuou sendo influente na música popular ata a actualidade. Entre as cancións máis perdurables da banda están a versión de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man" e a de Pete Seeger "Turn! Turn! Turn! (to Everything There is a Season)", xunto coas propias "I'll Feel a Whole Lot Better", "Eight Miles High", "So You Want to Be a Rock 'n' Roll Star", "Ballad of Easy Rider" e "Chestnut Mare".

Discografía

  • Mr. Tambourine Man - 1965 (Columbia Records)
  • Turn! Turn! Turn! - 1965 (Columbia Records)
  • Fifth Dimension - 1966 (Columbia Records)
  • Younger Than Yesterday - 1967 (Columbia Records)
  • The Notorious Byrd Brothers - 1968 (Columbia Records)
  • Sweetheart of the Rodeo - 1968 (Columbia Records)
  • Dr. Byrds & Mr. Hyde - 1969 (Columbia Records)
  • Ballad of Easy Rider - 1969 (Columbia Records)
  • (Untitled) - 1970 (Columbia Records)
  • Byrdmaniax - 1971 (Columbia Records)
  • Farther Along - 1971 (Columbia Records)
  • Byrds - 1973 ( Asylum Records)
Other Languages
العربية: ذا بيردز
български: Бърдс
brezhoneg: The Byrds
català: The Byrds
čeština: The Byrds
dansk: The Byrds
Deutsch: The Byrds
English: The Byrds
Esperanto: The Byrds
español: The Byrds
euskara: The Byrds
فارسی: بردز
suomi: The Byrds
français: The Byrds
עברית: הבירדס
hrvatski: The Byrds
magyar: The Byrds
italiano: The Byrds
日本語: バーズ
ქართული: The Byrds
Latina: The Byrds
नेपाल भाषा: द बर्डस्
Nederlands: The Byrds
norsk nynorsk: The Byrds
norsk: The Byrds
polski: The Byrds
português: The Byrds
română: The Byrds
русский: The Byrds
srpskohrvatski / српскохрватски: The Byrds
Simple English: The Byrds
slovenčina: The Byrds
svenska: The Byrds
українська: The Byrds
Tiếng Việt: The Byrds
中文: 飞鸟乐队