Terra Santa

Un mapa de 1759 titulado A Terra Santa, ou Palestina, mostrando non só os reinos antigos de Xudá e Israel nos que as doce tribos foron distinguidas, mais tamén a súa localización en diferentes épocas segundo indican as Santas Escrituras, de Tobias Conrad Lotter, Xeógrafo. Augsburgo, Alemaña

A Terra Santa ( hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latínTerra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán . Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos  xudeus, os cristiáns e os musulmáns.

Parte da relevancia desta terra ten as súas raíces na importancia relixiosa de Xerusalén, a cidade máis santa do  xudaísmo, a rexión histórica do ministerio de Xesús, e no islam o lugar onde aconteceu o mi'raj (ascenso de Mahoma os ceos) e onde está o Monte Nebo, onde Moisés presumiblemente morreu. A suposta santidade da terra foi un dos motivos polos que os cristiáns europeos tentaron gañarlla aos musulmáns turcos selxúcidas durante as Cruzadas . Os turcos tomaron Terra Santa despois de derrotar os musulmáns árabes, que á súa vez conquistaran a rexión do Imperio Bizantino cristián.

Moitos lugares de Terra Santa durante longo tempo foron destino de  peregrinación para os fieis das  relixións abrahamicas, incluíndo xudeus, cristiáns, musulmáns, e bahá'ís. Os peregrinos visitan Terra Santa para tocar e ver manifestacións físicas da súa fe, confirmar as súas crenzas nun contexto santo e nun marco de emoción colectiva e conectarse persoalmente coa Terra Santa. [1]

Xudaísmo

Artigo principal: Terra de Israel.
Cemiterio xudeu no  Monte das Oliveiras, Xerusalén. A santidade de Palestina atraeu xudeus que querían seren enterrados no solo sagrado. O sabio rabí Anan dicía "ser enterrado en Palestina é como ser enterrado baixo o altar." [2] [3]
As oliveiras, como esta en Qefin, teñen unha santidade intrínseca no xudaísmo, especialmente durante o Ano Sabático. Esta "santidade do sétimo ano" leva consigo moitas leis relixiosas. [4]

Os xudeus xeralmente non se refiren á Terra de Israel como "Terra Santa" ( hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh). O Tanakh explicitamente refírese a ela como "terra santa" nunha soa pasaxe, en Zacarías 2:16. A santidade da Terra de Israel xeralmente está implícita no Tanakh no feito de que a terra foi dada aos israelitas por Deus, en que é a "terra prometida", unha parte integral da alianza de Deus. Moitos mitzvot (mandamentos) ordenados aos israelitas na  Torah só pódense cumprir na Terra de Israel, o cal serve para diferenciala doutras terras. [5] Por exemplo, na Terra de Israel, "ningunha terra será vendida permanentemente" (Lev. 25:23). O Shmita ou "Ano Sabático" só obsérvase con respecto á terra de Israel, e a observancia de moitos dos días santos é diferente, xa que a  diáspora xudía observa un día máis.

Segundo Eliezer Schweid:

"O que fai única a Terra de Israel é...'xeoteolóxico' e non soamente climático. Esta é a terra que precede a entrada do mundo espiritual, aquela esfera de existencia que xace máis aló do mundo físico coñecido por nós mediante os nosos sentidos. Isto é a clave do status único da terra respecto da profecía e á oración, e tamén respecto dos mandamentos" [6]

Desde o século XVI, a santidade de Palestina concentrouse nas "catro cidades santas": Xerusalén, Hebrón, Safed e Tiberíades, como as cidades máis santas do xudaísmo. Xerusalén, como o lugar do Templo, considérase especialmente significativo. [7] Os enterros sacros aínda son emprendidos polos xudeus da diáspora que desexan xacer sepultados no solo sagrado de Palestina. [8]

Segundo a tradición xudía, Xerusalén é o Monte Moriah, a lugar do sacrificio de Isaac. A Biblia hebrea menciona o nome de " Xerusalén" 669 veces, a miúdo porque moitos mitzvot só poden realizarse alí ou no seus arredores. O nome "Sion", que normalmente se refire a Xerusalén mais ás veces á Terra de Israel, aparece na Biblia hebrea 154 veces.

O Talmud menciona o deber relixioso de colonizar Palestina. [9] No xudaísmo o acto de adquirir terra en Palestina é tan significativo que o Talmud levanta certas restricións relixiosas do  Shabat para a súa adquisición e colonización. [10] O rabí Johanan dicía que "un que anda unha distancia de 4 cóbados en Palestina pode estar seguro de participar no mundo futuro". Unha historia di que cando o rabí Eleazar ben Shammua' e o rabí Johanan HaSandlar deixaron Palestina para estudar co rabí Judah ben Bathyra, só chegaron ata  Sidón e entón "a idea da santidade de Palestina superou a súa resolución, derramaron bágoas, resgaron as súas roupas e volveron atrás". Debido a que a poboación xudía concentrábase en Palestina e a emigración xeralmente evitábase, quedaba unha cantidade de espazo limitada para exercitar o ensino xudaico. Con todo, despois de padecer persecucións en Palestina durante séculos após a destrución do Templo, os rabís que atoparan moi difícil conservar a súa residencia marcharon a Babilonia, que lles ofrecía máis protección. Moitos xudeus querían que Palestina fose o lugar onde morreren. O rabí Anan dicía, "ser enterrado en Palestina é como ser enterrado baixo o altar". O dito "A Súa terra absolve o Seu pobo" implica que quen é enterrado en Palestina obtén a absolución dos seus pecados.

Other Languages
Afrikaans: Heilige Land
Alemannisch: Heiliges Land
Ænglisc: Hālig Land
العربية: أراضي مقدسة
asturianu: Tierra Santa
беларуская: Святая зямля
български: Свети земи
brezhoneg: Douar Santel
català: Terra Santa
čeština: Svatá země
Чӑвашла: Сăваплă çĕр
Deutsch: Heiliges Land
Ελληνικά: Άγιοι Τόποι
English: Holy Land
Esperanto: Sankta Lando
español: Tierra Santa
eesti: Püha maa
euskara: Lur Santua
suomi: Pyhä maa
français: Terre sainte
hrvatski: Sveta Zemlja
magyar: Szentföld
Հայերեն: Սուրբ Երկիր
Bahasa Indonesia: Tanah Suci
íslenska: Landið helga
italiano: Terra santa
ქართული: წმინდა მიწა
한국어: 거룩한 땅
македонски: Света земја
Bahasa Melayu: Tanah Suci
Plattdüütsch: Hillig Land
Nederlands: Heilige Land
norsk nynorsk: Det heilage landet
occitan: Tèrra Santa
português: Terra Santa
română: Țara Sfântă
русский: Святая земля
sicilianu: Terra Santa
Scots: Haly Laund
srpskohrvatski / српскохрватски: Sveta Zemlja
Simple English: Holy Land
slovenčina: Svätá zem
slovenščina: Sveta dežela
српски / srpski: Света земља
svenska: Heliga landet
Kiswahili: Nchi takatifu
தமிழ்: திருநாடு
українська: Свята земля
Tiếng Việt: Đất Thánh
粵語: 聖地