Tenrécidos

Tenrécidos
Tenrecidae
Tenrecs

Rango fósil: mioceno temperán - actualidade [1]
Tenrec ecaudatus
Tenrec ecaudatus
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Infraclase:Placentalia
Superorde:Afrotheria
Orde:Afrosoricida
Suborde:Tenrecomorpha
Butler, 1972
Familia:Tenrecidae
Gray, 1821
Subfamilias, Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos tenrécidos (Tenrecidae) é unha familia de mamíferos placentarios afrosorícidos,[2] a única da suborde dos tenrecomorfos (Tenrecomorpha).[3]

A familia está constituída por mamíferos fundamentalmente insectívoros de tamaño relativamente grande, e caracterizados por teren un fociño máis ou menos longo e afiado que utilizan para desenterrar vermes e insectos do solo (son omnívoros). Hai hoxe unhas trinta especies de tenrécidos, moi diversos en aspecto e costumes, os máis deles endémicos de Madagascar, aínda que algús se atopan tamén nalgunhas partes do continente africano.[4]

A explicación de que as formas e os costumes dos tenrécidos sexan tan diversas é o resultado dunha evolución converxente, e por iso algúns se parecen aos ourizos cachos, ou ás musarañas, ás sarigüeias, aos ratos e até ás londras, ocupando ambientes acuáticos, arborícolas, terrestres e subterráneos (escavadores).

O lugar dos tenrécidos na taxonomía está actualmente aínda baixo discusión, xa que algúns autores aínda a inclúen dentro da orde dos Insectivora,[4] hoxe obsoleta, pero a maioría clasifícana na nova orde dos Afrosoricida.[2] Aínda que poidan parecerse ás musarañas, os ourizos ou as nutrias, non están estreitamente relacionados con calquera destes grupos, e os seus parentes máis próximos son outros mamíferos insectívoros africanos, como as toupas douradas e as musarañas elefante. O antepasado común destes animais, xunto cos dos porco formigueiro, os damáns, os elefantes e os manatís e o dugongo, non foi recoñecido até a década dee 1990, cando se reuniron no grupo dos Afrotheria.[5]

A familia divídese en catro subfamilias, atendendo á súa gran diversidade: Geogalinae, Oryzorictinae, Potamogalinae e Tenrecinae. Os Tenrecinae, versión malgaxe dos ourizos cachos, e os Oryzorictinae, variante das musarañas e as toupas, son os dous principais grupos.[6]

Cartacterísticas

As principais características dos tenrécidos son as de careceren de arco zigomático e de cego. A súa dentición é zalambdodonte ou parcialmente dilambodonte. Algunhas especies están adaptadas á vida anfibia ou á subtrerránea. Utlizan a ecolocación para a orientación no espazo.[4] Rexistráronse formas es desde o mioceno temperán.[1][4]

O tamaño dos tenrécidos oscila entre o das musarañas dos máis pequenos, cunha lonxitude corporal de ao redor de 4,5 cm e un peso de tan só 5 g, e o da especie máis grande, o tenrec común ou tenrec sen cola (Tenrec ecaudatus), que pode medir de 25 a 39 cm de lonxitud e pode pesar máis de 1 kg.[7]

Inusualmente entre os mamíferos placentarios, o ano e o tracto uro-xenital do tenrecs comparte unha abertura común, ou cloaca, unha característica máis común nas aves, os réptiles e o anfibios. Ademais, teñen unha temperatura corporal baixa, de xeito que non necesitan un escroto que arrefríe o seu esperma como noutros mamíferos.[7]

Other Languages
беларуская: Тэнрэкавыя
български: Тенреци
brezhoneg: Tenrek
català: Tenrec
Cebuano: Tenrecidae
čeština: Bodlínovití
Deutsch: Tenreks
English: Tenrec
español: Tenrecidae
euskara: Tenrecidae
فارسی: تیغ‌پشت
suomi: Tanrekit
français: Tenrecidae
עברית: טנרקיים
Հայերեն: Տենրեկներ
italiano: Tenrecidae
한국어: 텐렉과
Limburgs: Tenreks
lietuvių: Tenrekiniai
latviešu: Tenreku dzimta
Nederlands: Tenreks
occitan: Tenrecidae
polski: Tenrekowate
português: Tenrecidae
русский: Тенрековые
Scots: Tenrec
Simple English: Tenrec
svenska: Tanrekar
Kiswahili: Tandaraka
Türkçe: Tenrekgiller
українська: Тенрекові
Tiếng Việt: Tenrecidae
Winaray: Tenrecidae
中文: 马岛猬科