Teléfono

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Uniden EXAI3985 DTMF buttons.jpg
ATTtelephone-large.jpg

O teléfono [1] (do grego τῆλε "lonxe" e φωνή "voz" ) é un dispositivo de comunicación de voz a longa distancia a través de sinais eléctricos.

A súa invención atribuíase normalmente a Alexander Graham Bell, que construíu o primeiro en Boston ( Massachusetts) en 1876. [2] O 15 de xuño de 2002 o Congreso dos Estados Unidos de América recoñeceu oficialmente a Antonio Meucci como inventor do teléfono, ao que el chamara teletrophone.

Evolución do teléfono e a súa utilización

Desde a súa concepción orixinal, introducíronse melloras sucesivas tanto no propio aparello telefónico, como nos métodos e sistemas de explotación da rede.

No que se refire ó propio aparello telefónico, pódese sinalar:

  • A introdución do micrófono de carbón, que aumentaba de forma considerábel a potencia emitida e, polo tanto, o alcance máximo da comunicación.
  • O dispositivo “antilocal” para evitar a perturbación na audición causada polo ruído ambiente do local onde está instalado o teléfono.
  • A marcación por pulsos mediante o denominado disco de marcar.
  • A marcación por tonos multifrecuencia.
  • A introdución do micrófono de electrete ou electret, practicamente usado en tódolos aparatos modernos, que mellora de forma considerábel a calidade do son.

Canto ós métodos e sistemas de explotación da rede telefónica pódese sinalar:

  • A telefonía fixa ou convencional é aquela que fai referencia á liñas e equipos que se encargan da comunicación entre terminais telefónicos non portábeis e xeralmente ligados entre si ou coa central por medio de condutores metálicos.
  • A centraliña telefónica de conmutación manual para a interconexión mediante a intervención dun operador/a de distintos teléfonos, creando desta forma un primeiro modelo de rede.
  • A introdución das centrais telefónicas de conmutación automática, constituídas mediante dispositivos electromecánicos, das que existiron, e nalgúns casos aínda existen, diversos sistemas (rotatorios, barras cruzadas e outros máis complexos).
  • A centrais de conmutación automática electromecánicas, pero controladas por ordenador.
  • As centrais dixitais de conmutación automática totalmente electrónicas e controladas por ordenador, a práctica totalidade das actuais, que permiten multitude de servizos complementarios ó propio establecemento da comunicación (os denominados servizos de valor engadido).
  • A introdución da Rede Dixital de Servizos Integrados (RDSI) e as técnicas xDSL ou de banda larga ( ADSL, HDSL etc,) que permiten a transmisión de datos a máis alta velocidade.
  • A telefonía móbil ou celular, que posibilita a transmisión sen fíos de voz e datos, podendo ser esta de alta velocidade nos novos equipos de terceira xeración.

Existen casos particulares en telefonía fixa nos que a conexión coa central faise por medios radioeléctricos, como é o caso da telefonía rural por acceso celular, na que se utiliza parte da infraestrutura de telefonía móbil para facilitar servizo telefónico a zonas de difícil acceso para as liñas convencionais de fío de cobre. Non obstante estas liñas considéranse, a tódolos efectos, como de telefonía fixa.

Unha comunicación de voz ocupa un ancho de banda de 3.100 Hz, pero os operadores acostuman a reservar 4.000 Hz para cada canle de voz.

Other Languages
Afrikaans: Telefoon
Alemannisch: Telefon
አማርኛ: ስልክ
aragonés: Telefón
Ænglisc: Feorrspreca
العربية: هاتف
ܐܪܡܝܐ: ܙܥܘܩܐ
مصرى: تليفون
asturianu: Teléfonu
azərbaycanca: Telefon
تۆرکجه: تلفون
башҡортса: Телефон
žemaitėška: Tilipuons
беларуская: Тэлефон
беларуская (тарашкевіца)‎: Тэлефон
български: Телефон
भोजपुरी: टेलीफोन
বাংলা: টেলিফোন
brezhoneg: Pellgomz
bosanski: Telefon
català: Telèfon
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Diêng-uâ
нохчийн: Телефон
Tsetsêhestâhese: Aseéestsestôtse
کوردی: تەلەفۆن
čeština: Telefon
Чӑвашла: Телефон
Cymraeg: Ffôn
dansk: Telefon
Deutsch: Telefon
Thuɔŋjäŋ: Cɔ̈tmec
Zazaki: Têlefon
Ελληνικά: Τηλέφωνο
English: Telephone
Esperanto: Telefono
español: Teléfono
eesti: Telefon
euskara: Telefono
فارسی: تلفن
suomi: Puhelin
Võro: Telehvon
français: Téléphone
Frysk: Telefoan
Gaeilge: Guthán
贛語: 電話
Gàidhlig: Fòn
Avañe'ẽ: Pumbyry
Gaelg: Çhellvane
עברית: טלפון
हिन्दी: दूरभाष
hrvatski: Telefon
Kreyòl ayisyen: Telefòn
Հայերեն: Հեռախոս
interlingua: Telephono
Bahasa Indonesia: Telepon
Interlingue: Telefon
Iñupiak: Uqautitaun
íslenska: Sími
italiano: Telefono
日本語: 電話機
Patois: Telifuon
la .lojban.: fonxa
Basa Jawa: Tilpun
ქართული: ტელეფონი
қазақша: Телефон
kalaallisut: Oqarasuaat
ភាសាខ្មែរ: ទូរស័ព្ទ
ಕನ್ನಡ: ದೂರವಾಣಿ
한국어: 전화
къарачай-малкъар: Телефон
कॉशुर / کٲشُر: ٹیلِفون
Ripoarisch: Tellefoon
Kurdî: Telefon
Latina: Telephonum
Ladino: Telefon
Lëtzebuergesch: Telefon
Limburgs: Tillefoean
lingála: Ebengeli
lietuvių: Telefonas
latviešu: Telefons
Malagasy: Telefaonina
македонски: Телефон
മലയാളം: ടെലിഫോൺ
मराठी: दूरध्वनी
Bahasa Melayu: Telefon
မြန်မာဘာသာ: တယ်လီဖုန်း
Nāhuatl: Huehcacaquiztli
Napulitano: Telèfene
Nedersaksies: Tillefoon
नेपाली: टेलिफोन
Nederlands: Telefoontoestel
norsk nynorsk: Telefon
norsk: Telefon
occitan: Telefòn
Livvinkarjala: Telefon
ਪੰਜਾਬੀ: ਟੈਲੀਫ਼ੋਨ
Deitsch: Foohn
Pälzisch: Telefon
polski: Telefon
Piemontèis: Teléfon
پنجابی: ٹیلی فون
پښتو: غږلېږدی
português: Telefone
Runa Simi: Karu rimay
română: Telefon
armãneashti: Telefonu
русский: Телефон
русиньскый: Телефон
संस्कृतम्: दूरवाणी
саха тыла: Төлөппүөн
sicilianu: Telèfunu
Scots: Telephone
srpskohrvatski / српскохрватски: Telefon
සිංහල: දුරකථනය
Simple English: Telephone
slovenčina: Telefón
slovenščina: Telefon
Gagana Samoa: Telefoni
chiShona: Runhare
Soomaaliga: Taleefoon
shqip: Telefoni
српски / srpski: Телефон
Basa Sunda: Telepon
svenska: Telefon
Kiswahili: Simu
தமிழ்: தொலைபேசி
తెలుగు: టెలీఫోను
тоҷикӣ: Телефон
Tagalog: Telepono
Türkçe: Telefon
татарча/tatarça: Телефон
українська: Телефон
اردو: فون
oʻzbekcha/ўзбекча: Telefon
vepsän kel’: Telefon
Tiếng Việt: Điện thoại
walon: Telefone
Winaray: Telepono
吴语: 电话
მარგალური: ტელეფონი
ייִדיש: טעלעפאן
中文: 电话
文言: 電話
Bân-lâm-gú: Tiān-ōe
粵語: 電話