Teixugo

Teixugo europeo
'Honey' the badger.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Subclase:Theria
Infraclase:Placentalia
Orde:Carnivora
Suborde:Caniformia
Familia:Mustelidae
Subfamilia:Melinae
Xénero:Meles
Especie:M. meles
Nome binomial
Meles meles
Linnaeus, 1758
Distribución Meles meles

Distribución Meles meles

O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda.

O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. As súas principais subespecies son o Meles meles meles (na Europa occidental), o Meles meles marianensis (na Península Ibérica), o Meles meles leptorynchus (en Rusia), o Meles meles leucurus (na China e no Tíbet) e o Meles meles anaguma (no Xapón).

Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día. O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo. Tamén pode correr con certa rapidez e nadar. En caso de perigo, ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995). É moi rebuldeiro cos membros da súa especie, tanto de novo como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.

Descrición

O teixugo mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos.

É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas. As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Semella un pequeno oso, ou ben un cocho peludo, pois fai uns ruídos característicos de seu. A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar. As patas dianteiras teñen uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.

Other Languages
Ænglisc: Brocc
العربية: غرير أوروبي
asturianu: Meles meles
авар: Бакьуч
azərbaycanca: Porsuq
تۆرکجه: پورسوق
башҡортса: Бурһыҡ
žemaitėška: Barsoks
беларуская: Барсук
беларуская (тарашкевіца)‎: Барсук
български: Язовец
བོད་ཡིག: གྲུམ་བ།
brezhoneg: Broc'h
bosanski: Jazavac
буряад: Доргон
català: Toixó
Cebuano: Meles meles
čeština: Jezevec lesní
kaszëbsczi: Jôpsc
Чӑвашла: Пурăш
Cymraeg: Mochyn daear
dansk: Grævling
Esperanto: Melo
español: Meles meles
eesti: Mäger
suomi: Mäyrä
Võro: Kähr
føroyskt: Grevlingur
arpetan: Tasson
Nordfriisk: Europeesk daks
Frysk: Das
Gaeilge: Broc Eorpach
Gàidhlig: Broc
hornjoserbsce: Europski šwinc
magyar: Borz
Հայերեն: Գորշուկ
interlingua: Meles meles
Ido: Daxo
italiano: Meles meles
ქართული: მაჩვი
Qaraqalpaqsha: Porsıq
Адыгэбзэ: Уашхэ
한국어: 유럽오소리
kurdî: Kurbeşk
kernowek: Brogh
Latina: Meles meles
лакку: Пурссукь
лезги: Муьнуьгъ
Limburgs: Das
lietuvių: Barsukas
latviešu: Āpsis
олык марий: Нерге
кырык мары: Нергӹ
Bahasa Melayu: Bejar Eropah
эрзянь: Нерьгаз
Napulitano: Meles meles
Nederlands: Das (dier)
norsk nynorsk: Grevling
norsk: Grevling
occitan: Tais europèu
Livvinkarjala: Mägry
Picard: Grizàr
پنجابی: یورپی بجو
português: Texugo-europeu
rumantsch: Tais
română: Viezure
русский: Барсук
Scots: Brock
srpskohrvatski / српскохрватски: Euroazijski jazavac
Simple English: European badger
slovenčina: Jazvec lesný
shqip: Vjedulla
српски / srpski: Јазавац
Seeltersk: Taks
Tagalog: Meles meles
Türkçe: Porsuk (hayvan)
татарча/tatarça: Бурсык
удмурт: Нарды
oʻzbekcha/ўзбекча: Boʻrsiq
vepsän kel’: Mägr
Tiếng Việt: Lửng châu Âu
West-Vlams: Das
walon: Taesson
Winaray: Meles meles
მარგალური: მუნჩქვი
中文:
粵語: