Teherán

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Teherán
تهران
Towers in Tehran City at night.jpg
Torre Milad.
Localización
Teherán en Irán
Teherán
Teherán
PaísIrán Irán
Xeografía
Altitude1.200 msnm
Superficie730 km²
Demografía
Poboación8.429.807 hab. (2006)
Densidade9.893 hab/km²
Outros datos
Código postal+9821
Alcaldewww.tehran.ir

Teherán (en persa: تهران) é a capital de Irán. Localízase na aba do macizo de Alborz. Ten unha poboación de 9.000.000 (14.000.000 coa área metropolitana). Teherán é o centro industrial de Irán, concentra máis da metade das industrias do país. En 2001 o metro comezou a operar na cidade.

Historia

Orixes

As orixes de Teherán son as dunha aldea preto da cidade de Rey ( Ray ou Rhages). O ascenso como centro económico e cultural deveu a partir da destrucción da cidade próxima no 1228 a mans do mongois. A ata entón, pouco mais cunha pequena poboación hortícola con vivenda semitroglodita característica do norte de Irán que aparece citada xa dende o século IX, viuse repentinamente agrandada cos refuxiados que fuxiran de Rey.

Ruy González de Clavijo, o embaixador castelán, descríbea en 1404 como unha cidade grande pero aínda sen muralla, cun pazo timúrida no norte.

Época safávida e capital qajar

En 1553 o segundo soberano safádiva, Shah Tahmasp, decide facela unha praza forte e rodéaa dunha gran muralla de 8 km (4,5 km2) e catro portas. Onde se situaba o pazo timúrida levanta unha cidadela (Arg). Tamén fai construír un bazar no centro da cidade, ao sueste da cidadela [1].

En 1795, Agha Mohammed Khan, primeiro Sha da dinastía Qajar faina capital do Imperio Persa por motivos estratéxicos (ameaza rusa na fronteira norte). Pero será o seu sucesor, o Shah Fath Ali o verdadeiro construtor da capital. No Arg, manda construír un conxunto palaciano, o Golestán, e no sueste, xunto ao bazar, unha primeira gran mesquita para a cidade. Co seu sucesor, o Sha Mohammed (1835-1848), Teherán reborda os seus muros con residencias reais e principescas sempre cara ao norte, buscando o clima máis fresco das montañas Elburz e mellores augas dos seus torrentes. Esta dirección será unha tendencia permanente no futuro crecemento da capital.

En 1871 o seguinte monarca, o Sha Nasseredin, mandará destruír as vellas murallas e erixir un novo recinto para acoller a expansión, 19 km en forma de octógono irregular, unha ducia de portas monumentais [2]. Inspirándose no París de Hausmann, pon en marcha obras para o abastecemento de auga, amplos e rectilíneos viais e grandes prazas (Tupkhaneh), co fin de facer de Teherán unha cidade a altura dos tempos.

Século XX: época pahlavi e revolución islámica

Cos pahlavis no poder a partir de 1925, a estratexia non fixo máis que afianzarse: Derrúbanse as murallas e no seu lugar trázanse bulevares. Eríxense todo tipo de novos edificios oficiais entre amplas arterias para o tráfico rodado nos novos barrios [3].

En 1969 elabórase un primeiro plan de urbanismo que fundamentalmente define un novo eixo leste-oeste para a metrópole contrastando coa tendencia histórica de expansión cara ao norte. Despois da revolución de 1978, a migración continua de inxentes masas de poboación rural fornecen de man de obra a unha industrialización nese eixo cara ao oeste ata Karaj, e a aparición dunha coroa metropolitana [4].

Other Languages
Acèh: Tèhran
адыгабзэ: Тегеран
Afrikaans: Teheran
Alemannisch: Teheran
አማርኛ: ቴህራን
aragonés: Teherán
العربية: طهران
ܐܪܡܝܐ: ܛܗܪܐܢ
مصرى: طهران
অসমীয়া: তেহৰাণ
asturianu: Teḥrán
azərbaycanca: Tehran
تۆرکجه: تهران
башҡортса: Тәһран
Boarisch: Teheran
žemaitėška: Teherans
Bikol Central: Tehran
беларуская: Тэгеран
беларуская (тарашкевіца)‎: Тэгеран
български: Техеран
বাংলা: তেহরান
བོད་ཡིག: ཏེ་ཧི་རན།
brezhoneg: Tehran
bosanski: Teheran
буряад: Тегеран
català: Teheran
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Tehran
нохчийн: ТехӀран
کوردی: تاران
qırımtatarca: Tehran
čeština: Teherán
Чӑвашла: Тегеран
Cymraeg: Tehran
dansk: Teheran
Deutsch: Teheran
Zazaki: Tehran
डोटेली: तेहरान
Ελληνικά: Τεχεράνη
English: Tehran
Esperanto: Teherano
español: Teherán
eesti: Teheran
euskara: Teheran
estremeñu: Teherán
فارسی: تهران
suomi: Teheran
Võro: Teheran
føroyskt: Tehran
français: Téhéran
Frysk: Teheran
Gaeilge: Teheran
Gagauz: Tahran
Gàidhlig: Tehran
گیلکی: تئران
Hausa: Tehran
客家語/Hak-kâ-ngî: Tehran
עברית: טהראן
हिन्दी: तेहरान
Fiji Hindi: Tehran
hrvatski: Teheran
hornjoserbsce: Teheran
Kreyòl ayisyen: Teheran
magyar: Teherán
հայերեն: Թեհրան
interlingua: Teheran
Bahasa Indonesia: Teheran
Interlingue: Teheran
Ilokano: Tehran
ГӀалгӀай: Тегеран
Ido: Tehran
íslenska: Teheran
italiano: Teheran
日本語: テヘラン
Basa Jawa: Teheran
ქართული: თეირანი
Qaraqalpaqsha: Tehran
Taqbaylit: Ṭehran
Адыгэбзэ: Дыхьэрэн
Kabɩyɛ: Teeraŋ
Kongo: Teheran
қазақша: Тегеран
kalaallisut: Tehran
ಕನ್ನಡ: ತೆಹ್ರಾನ್
한국어: 테헤란
kurdî: Tehran
kernowek: Tehran
Кыргызча: Тегеран
Latina: Teheranum
Lëtzebuergesch: Teheran
лезги: Тегьран
Limburgs: Teheran
Ligure: Teheran
lumbaart: Teheran
لۊری شومالی: تیرۊ
lietuvių: Teheranas
latviešu: Teherāna
Malagasy: Teheran
олык марий: Тегеран
Māori: Tehran
македонски: Техеран
മലയാളം: ടെഹ്റാൻ
монгол: Тегеран
मराठी: तेहरान
Bahasa Melayu: Teheran
မြန်မာဘာသာ: တီဟီရန်မြို့
эрзянь: Тегеран ош
مازِرونی: تهرون
Napulitano: Teheran
नेपाली: तेहरान
नेपाल भाषा: तेहरान
Nederlands: Teheran
norsk nynorsk: Teheran
norsk: Teheran
Chi-Chewa: Tehran
occitan: Teheran
Livvinkarjala: Tegeran
ଓଡ଼ିଆ: ତେହେରାନ
Ирон: Тæхран
ਪੰਜਾਬੀ: ਤਹਿਰਾਨ
Papiamentu: Teheran
Norfuk / Pitkern: Tegeraan
polski: Teheran
Piemontèis: Teheran
پنجابی: تہران
پښتو: تهران
português: Teerã
Runa Simi: Tehran
rumantsch: Teheran
română: Teheran
tarandíne: Teheran
русский: Тегеран
русиньскый: Тегеран
саха тыла: Тегеран
sardu: Teheran
sicilianu: Teheran
Scots: Tehran
davvisámegiella: Teheran
srpskohrvatski / српскохрватски: Teheran
සිංහල: ටෙහ්රාන්
Simple English: Tehran
slovenčina: Teherán
slovenščina: Teheran
chiShona: Tehran
Soomaaliga: Tahraan
shqip: Teherani
српски / srpski: Техеран
svenska: Teheran
Kiswahili: Tehran
ślůnski: Teheran
தமிழ்: தெகுரான்
తెలుగు: టెహరాన్
тоҷикӣ: Теҳрон
Türkmençe: Tähran
Tagalog: Teherán
Türkçe: Tahran
татарча/tatarça: Тәһран
Twi: Teheran
удмурт: Тегеран
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: تېھران
українська: Тегеран
اردو: تہران
oʻzbekcha/ўзбекча: Tehron
vèneto: Tehran
vepsän kel’: Tehran
Tiếng Việt: Tehran
Volapük: Tehran
Winaray: Tehran
吴语: 德黑兰
მარგალური: თეირანი
ייִדיש: טעהראן
Yorùbá: Tehran
中文: 德黑兰
文言: 德黑蘭
Bân-lâm-gú: Tehran
粵語: 德黑蘭