Tebe (lúa)

Tebe
Thebe.jpg
Imaxe de Tebe tomada pola sonda Galileo o 4 de xaneiro do 2000.
Descubrimento
Descuberta por S. Synnott / Voyager 1
Descuberta no 5 de marzo de 1979
Designación alternativa Xúpiter XIV
Características orbitais
Raio orbital medio 221.889 ± 0,6 km (3.11 RX) [1]
periapse 218.000 km [2]
apoapse 226.000 km [3]
Excentricidade 0,0175 ± 0,0004 [1]
Período orbital 0,674536 ± 0,000001 días (16 h 11,3 min) [1]
Inclinación 1,076 ±0,003° (respecto do ecuador de Xúpiter) [1]
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Dimensións 116 × 98 × 84 km³ [4]
Raio medio 49,3 ± 2,0 km [4]
Volume ~500.000 km3
Masa 4,3 x 1017 kg [5]
Densidade media 0,86 g/cm³ (asumida)
Gravidade superficial ~0,013 m/s2 (0,004 g) [4] [6]
Velocidade de escape 20–30 m/s [7] [8]
Período de rotación sincrónica
Albedo 0,047 ± 0,003 [9]
Oblicuidade da eclíptica cero
Temperatura ~124 K

Tebe ( ou en grego Θήβη), tamén coñecido coma Xúpiter XIV, e a cuarta lúa máis próxima a Xúpiter. Foi descuberta por Stephen P. Synnott a partir de imaxes obtidas pola Voyager 1 o 5 de marzo de 1979, cando esta sonda orbitaba Xúpiter. [10] No ano 1983 foi bautizada oficialmente co nome dunha ninfa mitolóxica, Tebe. [11]

A órbita de Tebe descansa na beira exterior do Anel difuso de Tebe, o cal está composto de material expulsado da propia lúa. [7] Tebe é a segunda lúa máis grande das catro lúas interiores de Xúpiter. Tebe ten unha forma irregular e unha cor tirando a vermella, pensase que ten unha composición semellante a de Amaltea, que consiste en xeo de auga poroso e cantidades descoñecidas doutros materiais. A súa superficie inclúe grandes cráteres e montañas altas. [4]

Tebe foi fotografada nos anos 1979 e 1980 polas sondas Voyager 1 e 2, e máis tarde e con moito máis detalle, sería fotografada pola sonda Galileo nos anos 90. [4]

Descubrimento e observacións

Tebe foi descuberta por Stephen P. Synnott a partir de imaxes obtidas pola Voyager 1 o 5 de marzo de 1979, e recibiu inicialmente a designación de S/1979 J 2. [10] [12] No ano 1983 foi bautizada oficialmente co nome dunha ninfa mitolóxica, Tebe, a cal era amante de Zeus—o equivalente grego de Xúpiter. [11]

Despois do descubrimento feito pola Voyager 1, Tebe foi fotografado pola sonda Voyager 2 no ano 1980. [7] Con todo, antes da chegada da sonda Galileo a Xúpiter, a información sobre Tebe era moi escasa. A Galileo fotografou a meirande parte da superficie de Tebe e definiu a súa composición. [4]

Other Languages
Afrikaans: Thebe (maan)
Alemannisch: Thebe (Mond)
العربية: ثيبي (قمر)
беларуская: Фіва (спадарожнік)
беларуская (тарашкевіца)‎: Тэба (спадарожнік Юпітэра)
български: Тива (спътник)
বাংলা: থীবী
brezhoneg: Thebe (loarenn)
bosanski: Teba (satelit)
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Thebe (ôi-sĭng)
corsu: Tebe
čeština: Thebe (měsíc)
Deutsch: Thebe (Mond)
English: Thebe (moon)
Esperanto: Tebo (luno)
فارسی: تبه (قمر)
suomi: Thebe
français: Thébé (lune)
Gaeilge: Thebe
עברית: תבה
hrvatski: Teba (mjesec)
Bahasa Indonesia: Thebe (satelit)
한국어: 테베 (위성)
коми: Фива
Lëtzebuergesch: Thebe (Mound)
македонски: Теба (месечина)
മലയാളം: തീബ്
Plattdüütsch: Thebe (Maand)
Nederlands: Thebe (maan)
norsk nynorsk: Jupitermånen Thebe
پنجابی: تھیب
português: Tebe (satélite)
română: Thebe (satelit)
srpskohrvatski / српскохрватски: Teba (mjesec)
Simple English: Thebe (moon)
slovenčina: Téba (mesiac)
slovenščina: Teba (luna)
српски / srpski: Теба (сателит)
svenska: Thebe (måne)
Tagalog: Thebe (buwan)
Türkçe: Thebo
українська: Теба (супутник)
Tiếng Việt: Thebe (vệ tinh)
Winaray: Thebe (bulan)
中文: 木卫十四
Bân-lâm-gú: Thebe (oē-chheⁿ)
粵語: 木衞十四