Tanit

Representación de Tanit nunha estela, Cartago

Tanit era unha divindade feminina fenicia, propia dos asentamentos dese pobo nos territorios do Mediterráneo occidental, como Cartago, Gadir (Cádiz) ou Ebusim.

Tanit e Astarte

Dado o silencio das fontes orientais sobre ela, tense suposto que sería o equivalente de Astarte, porén Tanit foi asimilada desde o primeiro momento á deusa grecorromana Hera / Xuno, mentres que Astarte o fora a Afrodita / Venus, polo que aínda que existise unha identidade orixinaria entre ambas, desde logo foron entendidas como dúas divindades diferentes. A asimilación mostra que Tanit era entendida como unha deusa celeste.

Tanit herdou en Cartago xunto con a súa parella masculina Baal Hammón, a partir do século V a.C., as funcións que até entón exercían Astarte con Melqart.

Other Languages
العربية: تانيت
беларуская: Таніт
català: Tanit
Cymraeg: Tanit
Deutsch: Tanit
English: Tanit
Esperanto: Tanit
español: Tanit
euskara: Tanit
suomi: Tanit
français: Tanit
עברית: תנית
magyar: Tanit
Bahasa Indonesia: Tanit
italiano: Tanit
한국어: 타니트
Nederlands: Tanit
norsk: Tanit
polski: Tanit
português: Tanit
română: Tanit
русский: Танит
svenska: Tanit
українська: Таніт
中文: 塔尼特