Túnica

Traballador romano vestido cunha túnica

Na Roma antiga, a túnica era unha peza de roupa propia dos dous sexos, que se levaba como roupa interior, axustada ao corpo.

A túnica cinxíase á cintura e chegaba á altura de meio muslo. Os homes vestían unha camisa corta e ampla de la confeccionada con varias pezas cosidas e con mangas moi cortas. Era unha peza de uso común e a única limitación era que non se debía deixar ver asomar por baixo da toga.

A túnica lacticlavia usábana os patricios e os senadores e tiña unha franxa ancha de púrpura que descía desde o escote para baixo. Esta orla recibía o nome de clavus.

A túnica angusticlavia, empregada polo censo ecuestre (os cabaleiros), tiña o clavus máis estreito.

A túnica palmata levábana os xenerais triunfadores por baixo da toga picta, era de cor púrpura e ia adornada con palmas douradas.

A túnica dalmática era longa (descía por baixo dos xoellos) e tiña mangas amplas. Foi no principio sinal de luxo mais acabou substituíndo a stola e usábana no Baixo Imperio tanto os homes como as mulleres.

A túnica paragauda tiña mangas moi grandes.

A túnica manicata, ou seja, con mangas longas, considerada efeminada e só se empregou no Baixo Imperio.

As mulleres usaban túnica dobre e a exterior cubríase cunha stola.

Other Languages
العربية: تونيك
azərbaycanca: Tunika
български: Туника
brezhoneg: Toneg
bosanski: Tunika
català: Túnica
čeština: Tunika
Чӑвашла: Туника
dansk: Tunika
Deutsch: Tunika
English: Tunic
Esperanto: Tuniko
español: Túnica
eesti: Tuunika
euskara: Tunika
suomi: Tunika
français: Tunique
hrvatski: Tunika
Bahasa Indonesia: Tunik
Ido: Tuniko
日本語: チュニック
ქართული: ტუნიკა
한국어: 튜닉
Latina: Tunica
Nederlands: Tunica (Rome)
norsk: Tunika
português: Túnica
русский: Туника
Scots: Tunic
srpskohrvatski / српскохрватски: Tunika
српски / srpski: Туника
svenska: Tunika
தமிழ்: தூனிக்
українська: Туніка
中文: 丘尼卡