Táboa periódica dos elementos

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

A táboa periódica dos elementos é unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes. Esta ordenación presenta unhas tendencias periódicas, como por exemplo a presenza de elementos semellantes na mesma columna. Presenta tamén catro bloques con propiedades químicas semellantes. As filas da táboa denomínanse períodos, mentres que as columnas chámanse grupos. Seis destes grupos teñen nomes xeralmente aceptados ademais de números; por exemplo, os elementos do grupo 17 son os halóxenos e os do grupo 18 os gases nobres. A táboa periódica pode utilizarse para derivar relacións entre as propiedades dos elementos e predicir as propiedades de novos elementos aínda non descubertos ou obtidos de maneira sintética. A táboa fornece un marco de traballo útil para a análise dos comportamentos químicos, e o seu uso é estendido dentro da química e outras ciencias.

O químico ruso Dmitri Mendeleiev publicou a primeira táboa periódica notable no ano 1869. Mendeleiev desenvolveu esta táboa para ilustrar tendencias periódicas nas propiedades dos elementos que se coñecían ata entón. Tamén predixo algunhas propiedades de elementos aínda non coñecidos naquel entón que encherían os ocos na súa táboa, e a maioría destas predicións resultaron ser correctas cando se descubriron posteriormente os elementos en cuestión. A táboa periódica de Mendeleiev foise expandindo e refinando a medida que se foron descubrindo novos elementos e se desenvolveron novos modelos teóricos para explicar os comportamentos químicos.

Tódolos elementos dende o número atómico 1 (hidróxeno) ata o 118 (oganesson) foron descubertos ou obtidos sinteticamente, os últimos catro deles (nihonio, moscovio, ténnesso e oganesson) confirmados pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) no ano 2015 e nomeados oficialmente en 2016, completándose con estes as primeiras sete filas da táboa periódica. Os primeiros 94 elementos existen de forma natural, malia que algúns deles só se atopan en cantidades moi pequenas de forma natural e foron obtidos de maneira sintética en laboratorios antes de ser descubertos na natureza. Os elementos de número atómico dende o 95 ata o 118 só foron obtidos sinteticamente en laboratorios ou reactores nucleares.

Táboa

Grupo → 1 2 3   4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18
Metais alcalinos Metais alcalinotérreos Nitroxenoides Calcóxenos Halóxenos Gases nobres
↓ Período

1

H He
2 Li Be B C N O F Ne
3 Na Mg Al Si P S Cl Ar
4 K Ca Sc Ti V Cr Mn Fe Co Ni Cu Zn Ga Ge As Se Br Kr
5 Rb Sr Y Zr Nb Mo Tc Ru Rh Pd Ag Cd In Sn Sb Te I Xe
6 Cs Ba La 1 asterisk Hf Ta W Re Os Ir Pt Au Hg Tl Pb Bi Po At Rn
7 Fr Ra Ac 1 asterisk Rf Db Sg Bh Hs Mt Ds Rg Cn Nh Fl Mc Lv Ts Og
1 asterisk Ce Pr Nd Pm Sm Eu Gd Tb Dy Ho Er Tm Yb Lu  
1 asterisk Th Pa U Np Pu Am Cm Bk Cf Es Fm Md No Lr  

Cada elemento químico ten un número atómico único (Z) que representa o número de protóns no seu núcleo. A maioría de elementos teñen números de neutróns diferenciados entre distintos átomos, recibindo estas variantes o nome de isótopos. Por exemplo, o carbono ten tres isótopos de ocorrencia natural: tódolos seus átomos teñen seis protóns e a maioría teñen seis neutróns tamén, pero ó redor do 1% ten sete neutróns, e unha fracción moi pequena ten oito neutróns.[1] Os isótopos nunca se indican de forma separada na táboa periódica, senón agrupados baixo un único elemento. Os elementos sen isótopos estables presentan a masa atómica dos seus isótopos máis estables entre parénteses.[2]

Na táboa periódica estándar os elementos lístanse en orde crecente de número atómico. Comézase unha nova fila (período) cando unha nova capa electrónica ten o seu primeiro electrón. As columnas (grupos) determínanse pola configuración electrónica do átomo, polo que os elementos co mesmo número de electróns nunha subcapa particular entran dentro da mesma columna. Os elementos con propiedades químicas semellantes adoitan entrar no mesmo grupo da táboa periódica, malia que no bloque f, e en certa medida no bloque d, os elementos do mesmo período tenden a ter propiedades semellantes tamén. Por mor disto, resulta relativamente sinxelo predicir as propiedades químicas de un elemento coñecendo as propiedades dos elementos do seu arredor.[3]

A data de 2017 a táboa periódica tiña 118 elementos confirmados, dende o elemento 1 (hidróxeno) ata o 118 (oganesson). Os elementos 113, 115, 117 e 118, os de descubrimento máis recente, foron confirmados oficialmente pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) en decembro de 2015. A IUPAC anunciou os nomes e símbolos propostos para estes elementos, nihonio (Nh), moscovio (Mc), ténnesso (Ts) e oganesson (Og), en xuño de 2016 e fixéronse oficiais en novembro de 2016,[4][5][6] completándose con estes as primeiras sete filas da táboa periódica.[7][8][9]

Os primeiros 94 elementos danse de forma natural, mentres que os 24 restantes, dende o americio ata o oganesson (95–118) so poden obterse sinteticamente en laboratorios. Dos 94 elementos de ocorrencia natural, 83 son primitivos e 11 danse só en cadeas de decaemento doutros elementos primitivos.[10] Non se observou nunca ningún elemento máis pesado que o einsteinio (elemento 99) en cantidades macroscópicas na súa forma pura, sucedendo o mesmo para o ástato (elemento 85). O francio (elemento 87) só foi fotografado en forma de luz emitida dende cantidades microscópicas.[11]

Other Languages
Afrikaans: Periodieke tabel
Alemannisch: Periodensystem
العربية: جدول دوري
asturianu: Tabla periódica
Boarisch: Periodnsystem
беларуская (тарашкевіца)‎: Пэрыядычная сыстэма хімічных элемэнтаў
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: পর্যায় সারণী
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Nguòng-só ciŭ-gĭ-biēu
Cymraeg: Tabl cyfnodol
ދިވެހިބަސް: ޕީރިއަޑިކް ތާވަލު
Esperanto: Perioda tabelo
Gàidhlig: Clàr pillteach
ગુજરાતી: આવર્ત કોષ્ટક
客家語/Hak-kâ-ngî: Ngièn-su chû-khì-péu
Fiji Hindi: Periodic table
Bahasa Indonesia: Tabel periodik
íslenska: Lotukerfið
日本語: 周期表
Gĩkũyũ: Metha Njokereri
한국어: 주기율표
lumbaart: Taula periodica
Baso Minangkabau: Tabel periodik
Bahasa Melayu: Jadual berkala
Plattdüütsch: Periodensystem
नेपाल भाषा: तत्त्वमां
Nederlands: Periodiek systeem
norsk nynorsk: Periodesystemet
Papiamentu: Mesa periodiko
Piemontèis: Tàula periòdica
português: Tabela periódica
tarandíne: Tavele Periodiche
srpskohrvatski / српскохрватски: Periodni sistem elemenata
Simple English: Periodic table
српски / srpski: Периодни систем
Sranantongo: Periodiki sistemi
Basa Sunda: Tabél periodik
Kiswahili: Mfumo radidia
Türkçe: Periyodik tablo
oʻzbekcha/ўзбекча: Kimyoviy elementlar davriy sistemasi
Tiếng Việt: Bảng tuần hoàn
West-Vlams: Periodiek système
Bân-lâm-gú: Chiu-kî-piáu