System of a Down

System of a Down
System of a Down, Download Festival 2005 (1).JPG
OrixeOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1995 - 2006
2011
Xénero(s)metal alternativo, rock progresivo, hard rock, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)Sony BMG
MembrosSerj Tankian
Daron Malakian
Shavo Odadjian
John Dolmayan
Antigos membroswww.systemofadown.com/

System of a Down (denominada habitualmente SOAD ou System) é unha banda estadounidense de metal alternativo formada nos Ánxeles (California) en 1994. Está composta por Serj Tankian (voz), Daron Malakian (guitarra/voz), Shavo Odadjian (baixo) e John Dolmayan (batería), sendo os catro de ascendencia armenia.

A banda editou cinco álbums de estudio; tres dos cales estreáronse no número 1 da lista Billboard 200. System of a Down foi nomeado para catro Grammy, e gañou o premio á mellor actuación hard rock no 2006, polo tema "B.Y.O.B.". O 13 de agosto dese ano o grupo entrou nun hiato indefinido, pero anunciou unha reunión o 29 de novembro do 2010, realizando varios concertos en festivais europeos o ano seguinte. A xira de reunión continuou a través de Norteamérica e Sudamérica con varias datas anunciadas ao longo dese verán.

Historia, estilos e influencias

Trátase dun dos grupos máis intelixentes e creativos da escena do Alternative Metal norteamericano. Todas as etiquetas quédanse curtas para definir System of a Down. Metal, Hard core, hip hop, gótico, folclore armenio e ritmos étnicos enlázanse dunha maneira sorprendente e absolutamente innovadora na música do cuarteto dos Ánxeles. Hai que engadir ademais as súas potentes liñas melódicas e as súas letras cargadas de poesía e de comentarios políticos e sociais. En 1993, Serj Tankian e Daron Malakian coincidiron nun estudo de gravación. Ambos compartían as mesmas ideas e as mesmas orixes armenias e decidiron unir os seus talentos musicais. Daquel encontro naceu un grupo -inicialmente chamado Soil- coa intención de demostrar ó mundo que aínda quedan cousas novas que facer no mundo da música. A formación quedou completa con Shavo Odadjian, un amigo e seareiro que decidiu tocar o baixo, e o batería John Dolmayan. Unha maqueta con tres temas fíxoos populares nos ambientes heavys californianos e Rick Rubin (o produtor de Slayer, Red Hot Chili Peppers, Danzig e os Beastie Boys) decidiu fichalos para o seu selo American Recordings. As súas expectativas non se viron defraudadas, xa que a fórmula social e musical deulles, dende o lanzamento do seu primeiro álbum, en 1998, un considerábel éxito, tanto de público, que fixo de System of a Down disco de platino, como dos críticos musicais. O seu segundo álbum, Toxicity, lanzounos internacionalmente e consagrounos como unha banda orixinal e transgresora. Non defraudou o seu terceiro traballo, Steal this álbum!, que seguía a liña do grupo sen deixar de ser orixinal. No 2005 sacan dous traballos, que en realidade trátase dun disco dobre: Mezmerize e Hypnotize. Estes dous álbums están tan vencellados entre si, que os seus dous títulos mesmo son sinónimos: significan "hipnotizar".

Foi elixida a mellor banda alternativa de rock nos MTV Awards celebrados en Lisboa. En maio do 2006 anunciaron que farían unha paréntese duns cantos anos, pero desmentiron que se fosen separar.

Reunión

O 29 de novembro do 2010 System of a Down anunciou oficialmente que se reuniría para tocar en varios festivais europeos en xuño do 2011. Entre estes incluíanse o Download Festival británico, Greenfield Festival en Suíza, os alemáns Rock am Ring/Rock im Park, o sueco Metaltown, o austríaco Nova Rock Festival e o finés Provinssirock.

Other Languages
Afrikaans: System of a Down
aragonés: System of a Down
azərbaycanca: System of a Down
беларуская: System of a Down
беларуская (тарашкевіца)‎: System of a Down
български: Систъм ъф ъ Даун
brezhoneg: System of a Down
qırımtatarca: System of a Down
čeština: System of a Down
Ελληνικά: System of a Down
Esperanto: System of a Down
føroyskt: System of a Down
français: System of a Down
עברית: System of a Down
հայերեն: System of a Down
Bahasa Indonesia: System of a Down
íslenska: System of a Down
ქართული: System of a Down
Кыргызча: System of a Down
lietuvių: System of a Down
latviešu: System of a Down
македонски: System of a Down
Napulitano: System of a Down
Nederlands: System of a Down
norsk nynorsk: System of a Down
português: System of a Down
русский: System of a Down
srpskohrvatski / српскохрватски: System of a Down
Simple English: System of a Down
slovenčina: System of a Down
slovenščina: System of a Down
српски / srpski: System of a Down
Seeltersk: System of a Down
Basa Sunda: System of a Down
ślůnski: System of a Down
українська: System of a Down
oʻzbekcha/ўзбекча: System of a Down
vepsän kel’: System of a Down
Tiếng Việt: System of a Down
中文: 堕落体制