Sylvester Stallone

Sylvester Stallone
Sylvester Stallone Comic-Con 2010.jpg
Stallone no 2010
Nome completoMichael Sylvester Gardenzio Stallone
Nacemento6 de xullo de 1946
LugarNova York, Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaÍtalo-americanos
Cónxuxe(s)Sasha Czack (1974-1985)
Brigitte Nielsen (1985-1987)
Jennifer Flavin (1997-)
FillosSage, Seargeoh, Sophia, Sistine, Scarlet
ProfesiónActor, director, guionista
SignatureSylvesterStallone-FirmaSly.jpg
http://www.sylvesterstallone.com
editar datos en Wikidata ]

Michael Sylvester Gardenzio Stallone, nado o 6 de xullo de 1946 en Nova York, é un actor e director de cinema estadounidense de orixe italiana.

Traxectoria

Foi bautizado coma Michael Sylvester Enzino Stallone[1] aínda que é coñecido familiarmente coma "Sly"; é descendente de emigrantes italianos que vivían en Hell's Kitchen "A Cociña do Inferno" (un dos moitos barrios perigosos de Nova York). Debido a un accidente no seu parto, xa que naceu por fórceps, provocáronlle a parálise dun nervio facial.

Sylvester Stallone - 1977.jpg

Estudou en Filadelfia onde se interesou polo mundo da interpretación, a pesar de que tivo problemas na escola e foi expulsado de varios centros. Tamén en Filadelfia destacou coma atleta de fútbol.

Máis tarde estudou nun colexio americano en Genève (Suíza), pero en pouco tempo volveu a Estados Unidos a estudar arte dramática, na universidade de arte dramática de Miami en 1967 onde cursou dous anos, no cales empezou a escribir guións.

A principios dos 70, para se pagar as clases de arte dramática, traballou como actor nunha película pornográfica chamada The Party at Kitty and Stud's aínda que tivo un cameo en Bananas de Woody Allen facendo de delincuente nas escenas do metro.

Rocky: O salto ao estrelato

Stallone escribiu o guión e protagonizou da saga do boxeador de orixe italiana Rocky Balboa. Con Rocky (1976), primeira película da saga. Con este filme, co cal gañou o Oscar á Mellor Película, Stallone conseguiría ser nomeado ao Oscar nas categorías de Mellor Actor e Mellor Guión.

Desta película seguirían máis secuelas, recentemente estreouse a sexta, Rocky Balboa (2006), e derradeira película da saga que foi moi ben acollida polo público. Ao longo da súa carreira cinematográfica seguiu explotando o arquetipo de tipo duro protagonizando numerosas películas de acción con algunhas incursións na comedia. A destacar dúas comedias de corte policíaco: Tango e Cash e O demoledor.

Rambo: Segue o éxito

Stallone logo protagonizaría outro dos seus máis importantes filmes: Acurralado (1982), na que o soldado John J. Rambo lanzou a Stallone máis arriba que calquera outro actor da época. Deste filme sairían outras tres secuelas con moi boa acollida polo público.

Other Languages
azərbaycanca: Silvestr Stallone
Bikol Central: Sylvester Stallone
беларуская (тарашкевіца)‎: Сыльвэстэр Сталонэ
Bahasa Indonesia: Sylvester Stallone
македонски: Силвестер Сталоне
Nederlands: Sylvester Stallone
norsk nynorsk: Sylvester Stallone
português: Sylvester Stallone
srpskohrvatski / српскохрватски: Sylvester Stallone
Simple English: Sylvester Stallone
slovenčina: Sylvester Stallone
slovenščina: Sylvester Stallone
српски / srpski: Силвестер Сталоне
Sranantongo: Sylvester Stallone
Basa Sunda: Sylvester Stallone
oʻzbekcha/ўзбекча: Sylvester Stallone
vepsän kel’: Stallone Sil'vestr
Tiếng Việt: Sylvester Stallone
Bân-lâm-gú: Sylvester Stallone
粵語: 史泰龍