Subdución

Diagrama dunha zona de subdución.

En tectónica de placas, a subdución é o proceso de afundimento dunha placa litosférica (normalmente unha placa oceánica) baixo outra (normalmente, unha placa continental) nun límite converxente. [1]

A subdución ocorre ao longo de amplas zonas de subdución que, no presente, se concentran nas costas do océano Pacífico, no chamado cinto de fogo do Pacífico, pero tamén hai zonas de subdución en partes do mar Mediterráneo, as Antillas e a costa índica de Indonesia. As zonas de subdución son áreas onde o alastramento oceánico iniciado dos rifts atopa compensación, isto é, onde as placas desaparecen. Este movemento descendente provoca a fusión do manto subxacente e induce ao vulcanismo.

Causas

A subdución é causada por dúas forzas tectónicas: unha que provén do empuxe das dorsais mesooceánicas e outra que deriva do empuxe de bloques. [2] Provoca recorrentes terremotos [1] de gran magnitude, os cales se orixinan na zona de Benioff. Tamén causa a fusión parcial de parte do manto terrestre, xerando magma que ascende dando lugar a volcáns. [3]

Zonas de subdución

As zonas de subdución son potenciais focos sísmicos. Os terremotos de consecuencias máis devastadoras están normalmente asociados a este encadramento xeolóxico. A fricción de dúas placas pode provocar a liberación repentina de enormes cantidades de enerxía, que resultaría nun terremoto. Algúns exemplos de sismos asociados a zonas de subdución son:

O ángulo de subdución, o ángulo que forma o plano da zona de Benioff coa superficie terrestre, pode variar entre cerca de 90° nas Marianas a tan só 10° en Perú. [4]

A codia oceánica que está en vías de ser subducida na fosa das Marianas é a codia oceánica máis antiga da Terra, se contar ofiolitas. A subdución empinada esta asociada á extensión do retroarco, [5] provocando a migración de codia dos arcos volcánicos e fragmentos de codia continental deixando atrás un mar marxinal.

Other Languages
العربية: اندساس
български: Субдукция
भोजपुरी: धँसाव
brezhoneg: Subduktadur
bosanski: Subdukcija
català: Subducció
čeština: Subdukce
dansk: Subduktion
Deutsch: Subduktion
English: Subduction
Esperanto: Subdukcio
español: Subducción
فارسی: فرورانش
français: Subduction
עברית: הפחתה
हिन्दी: निम्नस्खलन
hrvatski: Subdukcija
Kreyòl ayisyen: Sibdiksyon
magyar: Szubdukció
Bahasa Indonesia: Subduksi
italiano: Subduzione
日本語: 沈み込み帯
ქართული: სუბდუქცია
한국어: 섭입
lietuvių: Subdukcija
Bahasa Melayu: Zon benam
Nederlands: Subductie
norsk nynorsk: Subduksjon i geologi
occitan: Subduccion
polski: Subdukcja
português: Subducção
română: Subducție
русиньскый: Субдукция
srpskohrvatski / српскохрватски: Subdukcija
Simple English: Subduction
slovenčina: Subdukcia
српски / srpski: Субдукција
Türkçe: Yitim zonu
українська: Субдукція
Tiếng Việt: Hút chìm
中文: 隱沒帶