Subcontinente indio

Subcontinente indio.

O subcontinente indio é a rexión xeográfica que comprende a maior parte da India histórica, no presente dividida entre os estados da India, Paquistán, Bangladesh, o  Nepal e Bután. Por razóns culturais e xeográficas, considéranse tamén parte do subcontinente os estados insulares de Sri Lanka e as Maldivas. Todos estes países forman parte da Asociación Surasiática para a Cooperación Rexional (SAARC, en sigla inglesa). O subcontinente indio foi coñecido durante séculos como o Indostán e é equivalente ó territorio que até a desaparición do Raj británico en 1947 era coñecido como a “India británica”. En total, a superficie do subcontinente indio ascende a uns 4 480 000 km².

Nomenclatura

A miúdo chamado simplemente o Subcontinente, por tratarse da única rexión do mundo á que se aplica habitualmente este cualificativo, a rexión coñecíase en Occidente simplemente como “a India” ou como “as Indias” até 1947, cando a partición da antiga India británica supuxo a división do territorio entre os estados de Unión da India e Paquistán. Deste último estado escindiríase posteriormente a súa parte oriental co nome de Bangladesh. Moitos habitantes de Paquistán e Bangladesh rexeitan o termo “subcontinente indio” por considerar que o adxectivo “indio” debe aplicarse soamente ó Estado actual da República da India. Máis axeitado sería o termo Indostán polo seu uso histórico e a súa orixe terminolóxica, pero é de pouco uso no presente. Un nome alternativo para a rexión é Asia Meridional ou Sur de Asia, aínda que esta denominación ás veces inclúe tamén a Afganistán e Irán, e ás veces até Birmania.

Other Languages
brezhoneg: Iskevandir Indez
ދިވެހިބަސް: ބައްރެސަޣީރު
Հայերեն: Հինդուստան
Bahasa Indonesia: Subbenua India
íslenska: Indlandsskagi
한국어: 인도 아대륙
कॉशुर / کٲشُر: भारतीय उपमहादीप
Bahasa Melayu: Subbenua India
srpskohrvatski / српскохрватски: Indijski potkontinent
Simple English: Indian subcontinent
slovenčina: Indický polostrov
slovenščina: Indijska podcelina
Kiswahili: Bara Hindi
اردو: برصغیر