Stratocumulus

Aspecto característico das nubes stratocumulus

O Stratocumulus ou Estratocúmulos, que se designa coas siglas Sc, é o nome que designa a un xénero de nubes densas en forma de cúmulo, que no inverno forman mantos continuos. De aspecto non fibroso, con frecuencia cobren case todo o ceo na dirección que as empurra o vento e adoitan presentar unha distribución regular.

Formación e características

Un stratocumulus (estratocúmulo) é grande, escura, de masas redondeadas, en grupos, aliñadas, ou en ondas, cuxos elementos individuais son máis grandes que os de altocúmulo, e preséntanse a máis baixas altitudes, por debaixo dos 2,4 km.

Créanse débiles correntes convectivas xerando difusas capas de débiles nubes, debido ao aire máis seco e estable que está por encima, e impedindo o seu desenvolvemento vertical. Debido a que a masa nubosa non adoita ser grosa, a miúdo aparecen retazos de ceo azul entre o teito nuboso.

É unha nube típica de frontes moi desgastados e de situacións invernais de anticiclón de bloqueo. Nas frontes, os estratocúmulos organízanse normalmente en longas filas de rizos e masas redondeadas con grandes ondulacións.

Xeralmente os estratocúmulos non aportan precipitación, soamente a modo de chuvias débiles, ou neve. Con todo, esas nubes adoitan anticiparse ao mal tempo, indicando tormentas no futuro, ou polo menos unha fronte tormentosa.

Grises ou esbrancuxadas, ou ambas cores á vez, teñen case sempre partes escuras. Pertencen ao grupo das nubes baixas, e sitúanse entre os 460 e 2.000 m de altura. A temperatura na súa base varía entre 10 e -5 °C. Dentro desta nube os avións experimentan certa turbulencia.

Son similares en aparencia aos altocumuli e adoitan confundirse. Unha simple proba distíngueos: ao comparar o tamaño das masas individuais ou rolos apuntando co dedo índice na dirección da nube, se ela é como o tamaño do pulgar, é un altocúmulo; se é como toda a man, é un estratocumulo.

Other Languages
العربية: ركام طبقي
čeština: Stratocumulus
kaszëbsczi: Stratocumulus
Cymraeg: Stratocumulus
Deutsch: Stratocumulus
español: Stratocumulus
euskara: Estratukumulu
français: Stratocumulus
Gaeilge: Stratacumalas
hrvatski: Stratokumulus
Bahasa Indonesia: Stratokumulus
íslenska: Flákaský
italiano: Stratocumulo
日本語: 層積雲
한국어: 층적운
Malagasy: Stratocumulus
Nederlands: Stratocumulus
norsk nynorsk: Stratocumulus
português: Stratocumulus
română: Stratocumulus
srpskohrvatski / српскохрватски: Stratokumulus
slovenčina: Stratokumulus
slovenščina: Stratokumulus
српски / srpski: Стратокумулус
svenska: Stratocumulus
Tiếng Việt: Mây tầng tích