Steven Seagal

Steven Seagal
Steven Seagal by Gage Skidmore.jpg
Steven Seagal no 2012
Nome completoSteven Frederic Seagal
Nacemento10 de abril de 1951 (67 anos)[1]
LugarLansing (Michigan) Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América, Serbia e Rusia
Cónxuxe(s)Miyako Fujitani (1975–1986)
Adrienne La Russa (1984–1987)
Kelly LeBrock(1987–1996)
FillosAyako Fujitani
ProfesiónActor, produtor, artista marcial, músico, axudante de sheriff, escritor
editar datos en Wikidata ]
Steven Seagal no 2006.

Steven Seagal, nado en Lansing (Michigan) o 10 de abril de 1951, é un actor de cine de acción estadounidense e especialista en artes marciais, cinto negro 7º dan en Aikido.

Traxectoria

É fillo de pai xudeu e nai irlandesa católica. Na súa xuventude mudáronse a Fullerton (California) e empezou a estudar artes marciais da man do famoso mestre de aikido Fumio Demura. O final da súa adolescencia, Seagal formou parte do Equipo de Demostración de Karate de Demura e fixo demostracións diarias no Japanese Deer Park, un parque de atraccións no sur de California. Cando tiña dezanove anos mudouse ao Xapón para continuar o seu estudo de artes marciais.

En Xapón Seagal adestrou con varios mestres como Hiroshi Isoyama e Seiseki Abe, e obtivo o cinto negro 7º dan en aikikai. Casou cunha estudante de Abe Sensei, Miyako Fujitani. Foi o primeiro non xaponés en aconseguir as credenciais de mestre e poder ensinar aikido no Xapón. Despois do seu retorno aos Estados Unidos, Seagal abriu o Tenshin Bugei Gakuen en 1982, seguidor do Dojo no que ensinou en Xapón.

Steven Seagal at Astana Action Film Festival.JPG

A primeira aparición de Seagal na industria do cine produciuse cando foi contratado como coordinador de especialistas na película de 1982 The Challenge, protagonizada por Toshiro Mifune. En 1983 Seagal volveu aos Estados Unidos, unha década despois de marchar, para intentar unha carreira no mundo do cine. En 1984, casou coa súa segunda esposa, a actriz Adrienne La Russa, cando aínda non estaba divorciado da súa primeira esposa. O seu terceiro matrimonio foi coa actriz Kelly LeBrock, a quen coñeceu cando foi contratado para ser o seu gardacostas.

A carreira de Steven Seagal como actor colleu pulo cando Michael Ovitz, presidente dunha das axencias de talentos máis fortes de Hollywood, Creative Artists Agency (CAA), foi ao estudio de Aikido de Seagal en Burbank, California, e se converteu no seu alumno. Despois disto, a carreira de actor de Seagal engalou e fíxose coñecido polos seus papeis en películas de artes marciais.

Seagal produciu moitas das películas que protagonizou, e tamén participou no guión e na dirección. Os papeis de Seagal non coinciden co arquetipo de heroe de acción. Os personaxes que interpreta acotío son perfectos, sen limitacións e con pouco desenvolvemento do personaxe.

Nos últimos anos, con películas como Belly of the Beast e Half Past Dead, Seagal especializouse en películas destinadas ao mercado de vídeo. A súa estrea en cines mais recente foi Exit Wounds no ano 2001.

Other Languages
Afrikaans: Steven Seagal
Alemannisch: Steven Seagal
aragonés: Steven Seagal
العربية: ستيفن سيغال
asturianu: Steven Seagal
azərbaycanca: Stiven Siqal
Bikol Central: Steven Seagal
беларуская: Стывен Сігал
беларуская (тарашкевіца)‎: Стывэн Сыгал
български: Стивън Сегал
Bislama: Steven Seagal
Bahasa Banjar: Steven Seagal
brezhoneg: Steven Seagal
bosanski: Steven Seagal
català: Steven Seagal
Cebuano: Steven Seagal
čeština: Steven Seagal
kaszëbsczi: Steven Seagal
Cymraeg: Steven Seagal
Deutsch: Steven Seagal
dolnoserbski: Steven Seagal
Ελληνικά: Στίβεν Σιγκάλ
emiliàn e rumagnòl: Steven Seagal
English: Steven Seagal
Esperanto: Steven Seagal
español: Steven Seagal
euskara: Steven Seagal
estremeñu: Steven Seagal
føroyskt: Steven Seagal
français: Steven Seagal
Gaeilge: Steven Seagal
Gàidhlig: Steven Seagal
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: Steven Seagal
客家語/Hak-kâ-ngî: Steven Seagal
Hawaiʻi: Steven Seagal
hrvatski: Steven Seagal
հայերեն: Սթիվեն Սիգալ
interlingua: Steven Seagal
Bahasa Indonesia: Steven Seagal
Interlingue: Steven Seagal
íslenska: Steven Seagal
italiano: Steven Seagal
Basa Jawa: Steven Seagal
қазақша: Стивен Сигал
한국어: 스티븐 시걸
Lëtzebuergesch: Steven Seagal
latviešu: Stīvens Sīgals
Malagasy: Steven Seagal
македонски: Стивен Сегал
Bahasa Melayu: Steven Seagal
Nāhuatl: Steven Seagal
Nederlands: Steven Seagal
norsk nynorsk: Steven Seagal
occitan: Steven Seagal
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਟੀਵਨ ਸੀਗਲ
Deitsch: Steven Seagal
Piemontèis: Steven Seagal
پنجابی: ستيفن سيغال
português: Steven Seagal
română: Steven Seagal
русский: Сигал, Стивен
саха тыла: Стивен Сегал
sicilianu: Steven Seagal
srpskohrvatski / српскохрватски: Steven Seagal
Simple English: Steven Seagal
slovenčina: Steven Seagal
slovenščina: Steven Seagal
српски / srpski: Стивен Сигал
Sranantongo: Steven Seagal
Basa Sunda: Steven Seagal
svenska: Steven Seagal
Kiswahili: Steven Seagal
Tagalog: Steven Seagal
Türkçe: Steven Seagal
українська: Стівен Сігал
Tiếng Việt: Steven Seagal
Volapük: Steven Seagal
Winaray: Steven Seagal
მარგალური: სტივენ სიგალი
Yorùbá: Steven Seagal
Bân-lâm-gú: Steven Seagal