Stéphane Grappelli

Stéphane Grappelli
StephaneGrappelli25.JPG
Grappelli en 1991
Nacemento 26 de xaneiro de 1908
Orixe París, Francia
Falecemento 1 de decembro de 1997
Ocupación(s) Músico
Xénero Jazz
Instrumento(s) Violín, piano, saxofón, acordeón
Relacionado con Django Reinhardt, Quintette du Hot Club de France, Oscar Peterson, David Grisman
editar datos en Wikidata ]

Stéphane Grappelli, nado o 26 de xaneiro de 1908, finado o 1 de decembro de 1997, foi un violinista francés do jazz que fundou canda o guitarrista Django Reinhardt o Quintette du Hot Club de France.

  • traxectoria

Traxectoria

De pai italiano e nai francesa, á idade de 4 anos fica orfo de nai. Aos 12 anos comeza a tocar o violín nas rúas para levar diñeiro á súa casa. En 1923 -aos 15 anos- comeza a súa carreira profesional como violinista e pianista nos cines acompañando ás películas mudas.

En 1934 nace o Quinteto do Hot Club de Francia. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial atópase de xira en Inglaterra; Django volve enseguida a Francia, pero Grappelli decide quedar en Londres. Cando se reencontran en 1946, tocan e gravan espontaneamente A Marsellesa rebautizada Ecos de Francia (Echoes of France). Esta gravación converteríase nun escándalo e a matriz sería destruída.

Despois de tocar con Reinhardt, Grappelli grava máis dun centenar de discos con grandes músicos, especialmente con Oscar Peterson, Jean-Luc Ponty, Philip Catherine, o cantante Paul Frederic Simon, David Grisman ou incluso con Yehudi Menuhin ou co violinista indio Lakshminarayana Subramaniam.

É tamén o compositor e intérprete de pezas orixinais da banda sonora do filme Les Valseuses de Bertrand Blier en 1974, e da música de Milou en mai, filme de Louis Malle de 1989.

Foi condecorado como Cabaleiro da Lexión de Honra.

Grappelli está soterrado no famoso cemiterio de París Père Lachaise.

Other Languages