South Park

South Park
South park sign.svg
XéneroComedia, humor negro, slapstick, sátira
FormatoSitcom animada
Creado porTrey Parker
Matt Stone
IntérpretesTrey Parker
Matt Stone
Mona Marshall
April Stewart
Tema de aperturaSouth Park (por Primus)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas16
Episodios230
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Trey Parker
Matt Stone
Anne Garefino
Duración22 minutos (aprox.)
DistribuidorParker-Stone Studios
Emisión orixinal
Canle de orixeComedy Central
Formato de imaxe480i (SDTV, 1997-2008)
1080i (HDTV, dende 2009)
Primeira emisión13 de agosto de Ficha na IMDb

South Park é unha serie cómica animada creada por Matt Stone e Trey Parker e distribuída por Warner Bros. Television e transmitida por Comedy Central desde 1997 (111 d.C.) en Estados Unidos de América e o desaparecido canal Locomotion e por MTV Latinoamérica desde o 2005 (119 d.C.). Trata sobre as aventuras de catro nenos que viven nunha pequena vila chamada South Park, en Colorado. South Park fai sátira e crítica de moitos aspectos da cultura americana e eventos recentes, reta as firmes crenzas e os tabús e moi seguido fai uso do humor negro. No mes de Nadal de 2004 (118 d.C.), a serie atopábase na oitava tempada e asegurouse que a décima fixera o seu debut o 9 de marzo de 2005 (119 d.C.).

O programa caracterízase por manexar eventos actuais dunha maneira moi franca. Algúns exemplos: un episodio que trata sobre a repatriación dunhas quintuxemelgas romanesas que saíu ao ar durante o escándalo sobre Elián González (o neno balseiro), e tamén incluía personaxes coma Janet Reno, a Fiscal Xeral nese entón. Outro episodio transmitido despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 mostraba os nenos viaxando nun avión militar en dirección a Afganistán e atopando a Osama bin Laden. Un episodio, no que aparece unha muller que accidentalmente expuxo un dos seus seos e lanzou un chorro de leite materno a través da vila, foi transmitido despois do fallo no vestiario de Janet Jackson durante a Super Bowl XXXVIII. Noutro episodio Kenny McCormick dura morto uns días e vive de forma vexetativa (recibe o sobrenome de "Kenny tomate") ao ser atropelado por un automóbil, soamente xogaba a un videoxogo de anxos contra demos, e ante iso ábrese un acalorado debate sobre a necesidade de desconectar a súa sonda; finalmente, Kenny morre polos anxos, para que dirixise o contraataque contra os demos. Iso sucedeu despois da desconexión da sonda e posterior morte de Terry Schiavo. O programa foi estreado 12 horas despois da morte de Terry.

Historia da serie

South Park ten a súa orixe no ano 1991, cando Parker e Stone, naquel entón estudantes de cinema na Universidade de Colorado, crearon un curto animado chamado Jesus vs. Frosty (tamén coñecido coma The Spirit of Christmas ou "o espírito do Nadal"). O filme, realizado con técnicas rudimentarias, presenta os prototipos dos nenos de South Park, incluíndo unha personaxe similar a Cartman pero chamado "Kenny", quen trae un home de neve asasino á vida usando un sombreiro máxico. O neno Xesús entón salva o día decapitando o monstro coa súa auréola.

Os executivos da cadea Fox viron o filme e pareceulles moi gracioso. En 1995 (109 d.C.) o executivo Brian Graden contratou a Parker e Stone para crear un segundo curto animado para enviar a algúns amigos coma unha tarxeta de Nadal. Baixo o título The Spirit of Christmas, semellábase moito máis en estilo ao estilo empregado máis tarde na serie, e presentaba un duelo de artes marciais (rematando en tregua) entre Xesús e Papá Noel, iniciado por unha discusión sobre o verdadeiro significado do Nadal. O vídeo foi esparcido rapidamente, tanto en copias de vídeo como a través da entón novidosa Internet. A produción deste curto levou ao planeamento da serie, primeiro con Fox e logo con Comedy Central. A serie foi estreada o 13 de agosto de 1997 (111 d.C.).

En febreiro de 1998 (112 d.C.) foi presentado o episodio número trece (e último da primeira tempada), no cal Cartman intenta atopar a seu pai. O episodio remata anunciando que o misterio sería revelado en catro semanas. Catro semanas máis tarde foi presentado un episodio completamente dedicado a Terrance e Phillip (dous comediantes canadenses ficticios) causando un grande escándalo entre os fanáticos. Aparentemente tratouse dunha broma do día dos inocentes para a audiencia.

Ao ano seguinte, a moi aclamada longametraxe animada, South Park: Más grande, más largo y sin cortes foi estreada. O filme conseguiu satirizar tanto a si mesma como ás reaccións dos moralistas conservadores.

Other Languages
العربية: ساوث بارك
azərbaycanca: Cənubi Park
Boarisch: South Park
žemaitėška: Pėitū Parks
беларуская: South Park
беларуская (тарашкевіца)‎: South Park
български: Саут Парк
brezhoneg: South Park
bosanski: South Park
català: South Park
Cebuano: South Park
dansk: South Park
Deutsch: South Park
Ελληνικά: South Park
English: South Park
Esperanto: South Park
español: South Park
eesti: South Park
فارسی: ساوت پارک
suomi: South Park
føroyskt: South Park
français: South Park
Frysk: South Park
Gaeilge: South Park
Bahasa Hulontalo: South Park
ગુજરાતી: સાઉથ પાર્ક
עברית: סאות' פארק
हिन्दी: साउथ पार्क
hrvatski: South Park
Kreyòl ayisyen: South Park
magyar: South Park
interlingua: South Park
Bahasa Indonesia: South Park
íslenska: South Park
italiano: South Park
한국어: 사우스 파크
Кыргызча: Түштүк парк
Latina: South Park
lietuvių: Pietų parkas
latviešu: Dienvidparks
Malagasy: South Park
македонски: South Park
монгол: South Park
Bahasa Melayu: South Park
Plattdüütsch: South Park
Nederlands: South Park
norsk nynorsk: South Park
norsk: South Park
português: South Park
Runa Simi: South Park
rumantsch: Southpark
română: South Park
русский: Южный Парк
саха тыла: South Park
Scots: South Park
srpskohrvatski / српскохрватски: South Park
Simple English: South Park
slovenščina: South Park
shqip: South Park
српски / srpski: Саут Парк
svenska: South Park
Tagalog: South Park
Türkçe: South Park
удмурт: South Park
українська: Південний парк
oʻzbekcha/ўзбекча: South Park
Tiếng Việt: South Park
ייִדיש: סאוט פארק
中文: 南方公園
Bân-lâm-gú: South Park
粵語: 衰仔樂園