Sonja Henie

Sonja Henie
Bundesarchiv Bild 102-11013A, Sonja Henie.jpg
Información persoal
NacionalidadeNoruega Noruega
Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacemento8 de abril de 1912
Oslo, Noruega Noruega
Falecemento12 de outubro de 1969
voo entre París e Oslo
Altura1,55 m
Deporte
PaísNoruega Noruega
DeportePatinaxe sobre xeo
EquipoOslo SK
AdestradorHoward Nicholson
Retiro1956
Olympic flag.svg
Patinaxe artística sobre xeo feminino
Ouro1928Patinaxe artística
Ouro1932Patinaxe artística
Ouro1936Patinaxe artística

Sonja Henie, nada en Oslo o 8 de abril de 1912 e finada na mesma cidade o 12 de outubro de 1969 foi unha patinadora norueguesa, campioa olímpica de patinaxe sobre xeo en tres ocasiones, dez veces campioa do mundo (1927-1936) e seis veces campioa de Europa (1931-1936). Desenvolveu tamén unha ampla traxectoria como actriz.

Traxectoria

Sonja Henie naceu en Cristiania (actual Oslo), filla de Wilhem Henie, campión do mundo de ciclismo e próspero comerciante de peles. O seu pai contratou os mellores adestradores do mundo incluíndo a bailarina rusa Tamara Karsavina, para converter a súa filla nunha celebridade do deporte. Logrou a medalla de ouro en tres xogos olímpicos consecutivos. Nos Xogos Olímpicos de 1924 en Chamonix, Sonja ocupou a oitava praza pero con tan só once anos e sendo xa campioa do seu país. Na seguinte edición dos xogos olímpicos acudiu como campioa do mundo (logrado en 1927 con tan só 14 anos) e logrou a súa primeira medalla de ouro olímpica. Dende ese momento logrou outras dúas medallas de ouro olímpicas máis nos xogos seguintes.

Sonja foi a primeira patinadora en adoptar como vestimenta a saia característica das patinadoras e de realizar elaboradas coreografías. A súa técnica innovadora e o seu estilo elegante transformaron o deporte da patinaxe e convertérona nunha lenda deste deporte. Tamén foi unha boa xogadora de tenis.

Henie chegou a ser tan popular que a policía tiña que intervir nas súas aparicións públicas para controlar a gran masa de afeccionados. Trala súa terceira medalla de ouro olímpica nos Xogos de Garmisch-Partenkirchen, en 1936, Sonia pasou ao profesionalismo participando en diversos espectáculos onde logrou grande éxito, sobre todo nos Estados Unidos. En 1938 publicou a súa autobiografía, que foi reeditada e volta a publicar en 1954. En 1941 logrou a nacionalidade norteamericana. Retirouse das actuacións en 1958 co filme Hello, London.

Casou en tres ocasiones, con Dan Topping, Winthrop Gardiner, e finalmente co rico mecenas de arte noruegués Niels Onstad en 1956. Xuntos fixaron a súa residencia en Oslo onde acumularon unha importante colección de arte moderna que serviu para a creación do Henie-Onstad Art Centre en Høvikodden, preto de Oslo.

A mediados dos anos 60 foi diagnosticada de leucemia, a cal lle provocou a morte en 1969 á idade de 57 anos durante un voo entre París e Oslo.

Other Languages
العربية: سونيا هيني
asturianu: Sonja Henie
azərbaycanca: Sonya Heni
تۆرکجه: سونیا هنیه
башҡортса: Соня Хени
беларуская: Соня Хені
български: Соня Хени
català: Sonja Henie
čeština: Sonja Henie
Deutsch: Sonja Henie
English: Sonja Henie
Esperanto: Sonja Henie
español: Sonja Henie
euskara: Sonja Henie
فارسی: سونیا هنی
français: Sonja Henie
עברית: סוניה הני
hrvatski: Sonja Henie
magyar: Sonja Henie
Bahasa Indonesia: Sonja Henie
italiano: Sonja Henie
한국어: 소냐 헤니
latviešu: Sonja Henije
Malagasy: Sonja Henie
Nederlands: Sonja Henie
norsk nynorsk: Sonja Henie
polski: Sonja Henie
português: Sonja Henie
română: Sonja Henie
русский: Хени, Соня
srpskohrvatski / српскохрватски: Sonja Henie
Simple English: Sonja Henie
slovenčina: Sonja Henie
slovenščina: Sonja Henie
српски / srpski: Соња Хени
svenska: Sonja Henie
Türkçe: Sonja Henie
українська: Соня Гені
Winaray: Sonja Henie
粵語: 桑雅海妮