Somalia británica

British Somaliland
Dhulka Biritishka ee Soomaaliya
الصومال البريطاني

Somalia británica

 

18841960
 

Bandeira Escudo
Mapa de situación da Somalia britáica
Capital Hargeisa
Lingua inglés (oficial)
somalí, árabe (non oficiais)
Relixión Islam
Goberno Protectorado do Imperio británico
Período histórico Idade Contemporánea
 • Establecido 1884
 • Ocupación italiana 19401941
 • Independencia (unión coa Somalia italiana para formaren Somalia) 1960
Moeda rupia (1884-1941)
xilin de África Oriental (1941-1962)
Mapa da Somalia británica.

A Somalia británica (en inglés, British Somaliland; en somalí Dhulka Biritishka ee Soomaaliya; en árabe, الصومال البريطاني), foi un protectorado británico situado na parte norte do chamado corno de África. Establecido en 1884, alcanzou a independencia o 1 de xullo 1960, integrándose coa Somalia italiana para formar a República Federal de Somalia (coñecida como Somalia). En 1991 proclamou unilateralmente a súa independencia, como Somalilandia, que non foi recoñecida polas institucións internacionais, pero varios países próximos, como Djibuti, manteñen con ela relacións diplomáticas.

Xeografía

Límites, extesión e poboación

A Somalia británica estaba limitada:

A súa extensión territorial era de aproximadamente 178 000 km2. [1]

Os habitantes do territorio eran inicialmente nómades na súa totalidade. [2]

Durante o dominio británico apareceron e desenvovéronse algunhas poboacións: Berbera contaba cuns 30 000 habitantes en 1921; Zeila, 7 000 e Bulhar, 7 300. [1]

A poboación en 1958 estimábase en 600 000 habitantes. [3]

Economía

O territorio exportaba produtos gandeiros ( peles e coiros, gando vacún, lanar e caprino) e materias de orixe vexetal ( goma arábiga e resinas, especias). [2]

As importacións incluían arroz, dátiles, azucre e produtos téxtiles. [1]

O principal porto da Somalia británica era Berbera. O porto de Zeila foi perdendo tráfico pola competencia do de Djibuti, que tiña liña férrea con Adís Abeba. [2]

Os transportes no interior realizábanse con camelos, e máis tarde tamén con automóbiles. [1] [2]

Cara a 1923 había estaciones radiotelegráficas en Berbera, Burao, Hargeisa, Zeila e Los Khorai. Tamén se contaba con 73 km de liñas telegráficas. [1] En 1958 había instalados no territorio 420 teléfonos, repartidos en Hargeisa, Berbera e Burao; a rede de estradas ascendía a 4 000 km, que podían quedar inutilizados polas chuvias; e había un enlace aéreo con Adén. [3]

En 1923 tan só había unha escola no territorio, con 48 alumnos. [1] En 1958 había 37 escolas elementais, unha para europeos (40 alumnos), 9 intermedias (952), unha secundaria (81), outra profesional (22) e 120 escolas musulmás con 2 750 alumnos. [3]

A moeda era, até 1941, a rupia da India británica. [1] Ese ano o protectorado incorporouse ao East African Currency Board, creado en 1919, e a súa moeda pasou a ser o xilin de África Oriental, aínda que até o 1 de outubro de 1951 continuou circulando a rupia india. [4]

Other Languages