Sol

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Sol Sun symbol.svg
The Sun by the Atmospheric Imaging Assembly of NASA's Solar Dynamics Observatory - 20100819.jpg
Datos astronómicos
Distancia media á Terra149 597 870,610 km
Brillo aparente (V)-26,8m
Brillo absoluto4,8m
Características físicas
Diámetro1 392 000 km
Diámetro relativo (dS/dT)109
Área da superficie6,09 × 1012 km²
Volume1,41 × 1027
Masa1,9891 × 1030

kg

Masa en relación á Terra333 400
Densidade media1411 kg m-3
Densidade en relación á Terra0,26
Densidade en relación á auga1,409
Gravidade na superfície274 n s-2
Gravidade relativa (superfície)27,9 g
Temperatura na superficie5506,85 °C
Temperatura da coroa5 × 106 °C
Luminosidade (LS)3,827 × 1026 J s-1
Características orbitais
Período de rotación 
No ecuador:27d 6h 36m
A 30° latitude:28d 4h 48m
A 60° latitude:30d 19h 12m
A 75° latitude:31d 19h 12m
Período de translación en
torno ao centro da Galaxia
2,2 × 108 anos
Composición da fotosfera
Hidróxeno73,46 %
Helio24,85 %
Osíxeno0,77 %
Carbono0,29 %
Ferro0,16 %
Neon0,12 %
Nitróxeno0,09 %
Silicio0,07 %
Magnesio0,05 %
Xofre0,04 %

O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario[1]. É unha estrela de tipo espectral G2, constituíndo a fonte primaria de enerxía electromagnética do sistema planetario.[1]. A súa masa é de 333 000 veces a da Terra e o seu volume 1 400 000 veces. A distancia do noso planeta ao Sol é de preto de 150 millóns de quilómetros (1 Unidade astronómica, definida como a distancia media Terra-Sol, 149.600.000 km), tardando a súa luz en chegar ata nós case oito minutos e vinte segundos. Por si só representa o 98,6% da masa do Sistema Solar. A súa enerxía, en forma de luz solar, alimenta case todos os xeitos de vida na Terra a través da fotosíntese, así como determina o clima terrestre e a meteoroloxía no noso planeta.

O Sol presenta unha estrutura granulosa e o seu brillo non é uniforme, sendo o bordo menos brillante que a parte central do disco solar. As capas exteriores do Sol divídense en: fotosfera, a máis profunda, con preto de 300 km de espesura e unha temperatura mínima de 6 000 Kelvin; a cromosfera, con preto de 8 000 km de espesura, de onde emerxen enormes chorros luminosos, as protuberancias, que chegan a acadar 800 000 km de altura, e maila coroa, cunha altura de 1 millón de quilómetros e unha temperatura de 1 millón de K.

A temperatura interna acada 20 millóns de K. Presúmese que o Sol ten 4 600 millóns de anos de idade, e pola secuencia principal do Diagrama de Hertzsprung-Russell, pódese considerar unha estrela anana. O seu "imperio" - o Sistema Solar - comprende 8 planetas, 1 600 asteroides, 32 satélites e un gran número de cometas, cun volume que corresponde a unha esfera duns dous anos luz de raio, pois as estrelas máis próximas están a unha distancia duns 4 anos luz. As súas magnitudes características (aproximadas) son un diámetro de 1 390 000 km; superficie: 1 940 000 km²; volume: 2 700 000 millóns de km3; masa: 2 · 1030 kg; velocidade absoluta (en relación ao centro da Vía Láctea): 216 km/s; velocidade relativa (en relación ás estrelas máis próximas): 19 km/s.

É a estrela do sistema planetario no que se atopa a Terra e, con moito, o astro con maior brillo aparente. A súa visibilidade no ceo local determina, respectivamente, o día e a noite en diferentes rexións de diferentes planetas. Na Terra, a enerxía radiada polo Sol é aproveitada polos seres fotosintéticos, que constitúen a base da cadea trófica, constituíndo así a principal fonte de enerxía da vida. Tamén achega a enerxía que mantén en funcionamento os procesos climáticos.

Malia de ser unha estrela mediana (aínda así, máis brillante que o 85% das estrelas existentes na nosa galaxia), é a única da que se pode apreciar a forma a ollo nu, cun diámetro angular de 32' 35" de arco no perihelio e 31' 31" no afelio (diámetro medio = 32' 03"). A relación de tamaños e distancias de Sol e Lúa é tal que se ven case co mesmo tamaño aparente no ceo, permitindo unha gama de eclipses solares distintos (totais, anulares ou parciais).

Pasado, Presente e Futuro do Sol

O Sol formouse hai uns 4 650 millóns de anos e ten combustible para uns 5 000 millóns máis. Despois, comezará a aumentar o seu volume máis e máis, ata converterse nunha estrela xigante vermella. Rematará afundíndose polo seu propio peso e converténdose nunha anana branca, que pode tardar un billón de anos en arrefriarse. Formouse a partir de nubes de gas e po que contiñan residuos de xeracións anteriores de estrelas. Grazas á metalicidade do devandito gas, do seu disco circunestelar xurdiron máis tarde os planetas, asteroides e cometas do Sistema Solar.

No interior do Sol prodúcense reaccións de fusión nas que os átomos de hidróxeno se transforman en helio, producíndose a enerxía que irradia. O Sol emite cada día 360 000 millóns de toneladas (3,6·1014 kg) de materia transformadas en enerxía. A súa atracción vai, por iso, enfraquecendo e de aí que a Terra se afasta do Sol 1 m por ano. Xa que a súa masa non chega ó límite de Chandrasekhar (1,44 masas solares), cando se lle esgote o combustible está previsto que acabe como unha anana branca. Actualmente, o Sol atópase en plena secuencia principal, fase en que seguirá uns 5 000 millóns de anos máis queimando hidróxeno de maneira estable.

Chegará un día en que o Sol esgote todo o hidróxeno na rexión central ao telo transformado en helio. A presión será incapaz de soster as capas superiores e a rexión central tenderá a contraerse gravitacionalmente, quentando progresivamente as capas adxacentes. O exceso de enerxía producida fará que as capas exteriores do Sol tendan a expandirse e arrefriarse e o Sol converterase nunha estrela xigante vermella. Así, o seu diámetro superará o da órbita da Terra, co cal calquera forma de vida sobre o noso planeta será extinguida. Cando a temperatura da rexión central acade aproximadamente 100 millóns de kelvin s, comezará a fusión do helio, producindo carbono, mentres arredor do núcleo se segue fusionando hidróxeno en helio. Iso fará que a estrela se contraia e diminúa o seu brillo a un tempo que aumenta a súa temperatura, converténdose o Sol nunha estrela da rama horizontal do diagrama H-R. Ao esgotarse o helio do núcleo, iniciarase unha nova expansión do Sol e o helio empezará tamén a fusionarse nunha nova capa arredor do núcleo inerte - composto de carbono e osíxeno e, ao non ter masa suficiente, o Sol non acadará as presións e temperaturas abondas para fusionar os devanditos elementos en elementos máis pesados - que o converterá de novo nun xigante vermello, pero esta vez da rama asintótica xigante e provocará que o astro expulse gran parte da súa masa na forma dunha nebulosa planetaria, quedando só o núcleo solar, que se transformará nunha anana branca e, moito máis tarde, ao arrefriarse totalmente, nunha anana negra. O Sol non chegará a estoupar como unha supernova ao non ter a masa suficiente para iso.

Aínda que se cría nun principio que o Sol acabaría por absorber, ademais de Mercurio e Venus, tamén a Terra ao converterse en xigante vermello, a gran perda de masa que sufrirá no proceso fixo pensar por un tempo que a órbita terrestre - do mesmo xeito que a dos demais planetas do Sistema Solar - se expandiría posiblemente, salvándose dese destino.[2] Non obstante, un artigo recente postula que non ocorrerá, e que as interaccións mareais, así como o roce coa materia da cromosfera solar, farán que o noso planeta sexa absorbido.[3] Outro artigo posterior tamén apunta na mesma dirección.[4]

Ciclo de vida do Sol.
Other Languages
Аҧсшәа: Амра
адыгабзэ: Тыгъэ
Afrikaans: Son
Akan: Ewia
Alemannisch: Sonne
አማርኛ: ፀሐይ
aragonés: Sol
Ænglisc: Sunne
العربية: الشمس
ܐܪܡܝܐ: ܫܡܫܐ
مصرى: الشمس
অসমীয়া: সূৰ্য
asturianu: Sol
Atikamekw: Pisimw
авар: Бакъ
Aymar aru: Willka
azərbaycanca: Günəş
تۆرکجه: گونش
башҡортса: Ҡояш
Boarisch: Sun
žemaitėška: Saulė
Bikol Central: Saldang
беларуская: Сонца
беларуская (тарашкевіца)‎: Сонца
български: Слънце
भोजपुरी: सुरुज
Bahasa Banjar: Matahari
বাংলা: সূর্য
བོད་ཡིག: ཉི་མ།
brezhoneg: Heol
bosanski: Sunce
буряад: Наран
català: Sol
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Nĭk-tàu
нохчийн: Малх
Cebuano: Adlaw
ᏣᎳᎩ: ᏅᏓ
Tsetsêhestâhese: Éše'he
کوردی: خۆر
corsu: Soli
Nēhiyawēwin / ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ: ᒌᔑᑳᐅᐲᓯᒽ
qırımtatarca: Küneş
čeština: Slunce
kaszëbsczi: Słuńce
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Слъньцє
Чӑвашла: Хĕвел
Cymraeg: Haul
dansk: Solen
Deutsch: Sonne
Zazaki: Tici
डोटेली: सूर्य
ދިވެހިބަސް: އިރު
Ελληνικά: Ήλιος
emiliàn e rumagnòl: Såul
English: Sun
Esperanto: Suno
español: Sol
eesti: Päike
euskara: Eguzkia
estremeñu: Sol
فارسی: خورشید
Fulfulde: Naange
suomi: Aurinko
Võro: Päiv
føroyskt: Sólin
français: Soleil
arpetan: Solely
Nordfriisk: San
furlan: Soreli
Frysk: Sinne
Gaeilge: An Ghrian
贛語: 太陽
Gàidhlig: Grian
Avañe'ẽ: Kuarahy
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐍃𐌿𐌽𐌽𐍉
ગુજરાતી: સૂર્ય
Gaelg: Yn Ghrian
Hausa: Rana
客家語/Hak-kâ-ngî: Ngit-thèu
Hawaiʻi:
עברית: השמש
हिन्दी: सूर्य
Fiji Hindi: Suraj
hrvatski: Sunce
hornjoserbsce: Słónco
Kreyòl ayisyen: Solèy
magyar: Nap
Հայերեն: Արեգակ
interlingua: Sol
Bahasa Indonesia: Matahari
Interlingue: Sole
Ilokano: Init
ГӀалгӀай: Малх
Ido: Suno
íslenska: Sólin
italiano: Sole
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᓯᕿᓂᖅ
日本語: 太陽
Patois: Son
la .lojban.: solri
Basa Jawa: Srengéngé
ქართული: მზე
Qaraqalpaqsha: Quyash
Taqbaylit: Iṭij
Kabɩyɛ: Wɩsɩ
Kongo: Ntangu
қазақша: Күн (жұлдыз)
ភាសាខ្មែរ: ព្រះអាទិត្យ
ಕನ್ನಡ: ಸೂರ್ಯ
한국어: 태양
Перем Коми: Шонді
къарачай-малкъар: Кюн
Ripoarisch: Sunn
kurdî: Roj (stêrk)
коми: Шонді
kernowek: Howl
Кыргызча: Күн
Latina: Sol
Ladino: Sol
Lëtzebuergesch: Sonn
лезги: Рагъ
Lingua Franca Nova: Sol
Limburgs: Zon
Ligure:
lumbaart: Suu
lingála: Mói
lietuvių: Saulė
latgaļu: Saule
latviešu: Saule
मैथिली: सूर्य
Basa Banyumasan: Srengenge
мокшень: Шись
Malagasy: Masoandro
македонски: Сонце
മലയാളം: സൂര്യൻ
монгол: Нар
मराठी: सूर्य
Bahasa Melayu: Matahari
Malti: Xemx
Mirandés: Sol
မြန်မာဘာသာ: နေ
مازِرونی: خورشید
Dorerin Naoero: Ekwan
Nāhuatl: Tōnatiuh
Napulitano: Sole
Plattdüütsch: Sünn
Nedersaksies: Zunne
नेपाली: सूर्य
नेपाल भाषा: सूर्द्य
Nederlands: Zon
norsk nynorsk: Sola
norsk: Solen
Novial: Sune
Nouormand: Solé
Diné bizaad: Jóhonaaʼéí
occitan: Soleu
Livvinkarjala: Päiväine
ଓଡ଼ିଆ: ସୂର୍ଯ୍ୟ
Ирон: Хур
ਪੰਜਾਬੀ: ਸੂਰਜ
Kapampangan: Aldo
Papiamentu: Solo
Picard: Solel
Deitsch: Sunn
Pälzisch: Sunn
polski: Słońce
Piemontèis: Sol
پنجابی: سورج
Ποντιακά: Ήλος
پښتو: لمر
português: Sol
Runa Simi: Inti
rumantsch: Sulegl
Romani: Kham
română: Soare
armãneashti: Soari
русский: Солнце
русиньскый: Сонце
संस्कृतम्: सूर्यः
саха тыла: Күн (сулус)
sardu: Sole
sicilianu: Suli
Scots: Sun
سنڌي: سج
davvisámegiella: Beaivváš
srpskohrvatski / српскохрватски: Sunce
සිංහල: හිරු
Simple English: Sun
slovenčina: Slnko
slovenščina: Sonce
chiShona: Zuva
Soomaaliga: Qorax
shqip: Dielli
српски / srpski: Сунце
Seeltersk: Sunne
Basa Sunda: Panonpoé
svenska: Solen
Kiswahili: Jua
ślůnski: Słůńce
ತುಳು: ಸೂರ್ಯ
తెలుగు: సూర్యుడు
тоҷикӣ: Офтоб
Türkmençe: Gün (ýyldyz)
Tok Pisin: San
Türkçe: Güneş
татарча/tatarça: Кояш
chiTumbuka: Zuwa
Twi: Ewia
тыва дыл: Хүн (сылдыс)
удмурт: Шунды
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: قۇياش
українська: Сонце
اردو: سورج
oʻzbekcha/ўзбекча: Quyosh
vèneto: Sołe
vepsän kel’: Päiväine
Tiếng Việt: Mặt Trời
West-Vlams: Zunne
Volapük: Sol
walon: Solea
Wolof: Jant
吴语: 太陽
хальмг: Нарн
isiXhosa: UKat
მარგალური: ბჟა
ייִדיש: זון
Yorùbá: Òrùn
Vahcuengh: Daengngoenz
Zeêuws: Zunne
中文: 太阳
文言:
Bân-lâm-gú: Ji̍t-thâu
粵語: 太陽
isiZulu: Ilanga