Sociedade

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Colmea de abellas.

A sociedade é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade. Existen sociedades animais, cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etología social, como as sociedades de formigas ou as de primates. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía. Modernamente, existe un interese da física, desde a perspectiva de sistemas complexos, polo estudo de fenómenos sociais; este esforzo deu lugar a disciplinas como a sociofísica e a econofísica. Nun sentido aínda máis amplo, fálase de sociedade virtual referida ós fenómenos que se xeran e observan en grupos baixo interacción no ciberespazo, sociedades artificiais como a de ordenadores interconectados ou sociedades de robots, de autómatas, de criaturas dixitais etcétera.

Sociedades humanas

En sociedades humanas, enténdese por sociedade tamén a entidade poblacional ou hábitat, que considera os habitantes e a súa contorna, todo iso interrelacionado cun proxecto común, que lles dá unha identidade de pertenza. Así mesmo, o termo connota un grupo con lazos económicos, ideolóxicos e políticos e supera ao concepto de nación-estado (sería a sociedade occidental como unha sociedade de nacións etc).

Estas agrupacións distintas non poden ser concepcións abstractas, deben ter unha representación nun medio, en xeral o territorio, e un alto grao de acción social conxunta. Noutro caso non poden ser obxecto dunha metodoloxía con métodos sociolóxicos para a súa análise, e serían parte do coñecemento filosófico, teolóxico e outros saberes non empíricos.

Ademais dos habitantes, a contorna e o proxecto societario, poden incorporarse outras categorías á definición de sociedade segundo a especialidade do proxecto ou do seu grao de desenvolvemento; isto será a tecnoloxía acadada nos medios de produción, desde unha sociedade primitiva con simple tecnoloxía especializada de cazadores (moi poucos artefactos) ata unha sociedade moderna con complexa tecnoloxía (moitos artefactos) practicamente en todas as especialidades. Estes estados de civilización incluirán o estilo de vida e o seu nivel de calidade que, así mesmo, será sinxelo e de baixa calidade comparativa na sociedade primitiva e complexo ou sofisticado con calidade comparativamente alta na sociedade industrial. A calidade de vida comparativamente alta é controversial pois ten aspectos subxectivos nos termos de como é percibida polos suxeitos.

Other Languages
Afrikaans: Gemeenskap
አማርኛ: ኅብረተሰብ
aragonés: Sociedat
العربية: مجتمع
ܐܪܡܝܐ: ܟܢܫܐ
asturianu: Sociedá
azərbaycanca: Cəmiyyət
تۆرکجه: جامیعه
башҡортса: Йәмғиәт
žemaitėška: Vėsuomenė
беларуская: Грамадства
беларуская (тарашкевіца)‎: Грамадзтва
български: Общество
भोजपुरी: समाज
বাংলা: সমাজ
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: সমাজ
brezhoneg: Kevredigezh
bosanski: Društvo
буряад: Ниигэм
català: Societat
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Siâ-huôi
нохчийн: Юкъаралла
Cebuano: Katilingban
کوردی: کۆمەڵگە
čeština: Společnost
Чӑвашла: Пĕрлĕх
Cymraeg: Cymdeithas
dansk: Samfund
Ελληνικά: Κοινωνία
English: Society
Esperanto: Socio
español: Sociedad
eesti: Ühiskond
euskara: Gizarte
estremeñu: Sociedá
فارسی: جامعه
Võro: Ütiskund
arpetan: Sociètât
Nordfriisk: Selskap
Avañe'ẽ: Avano'õ
客家語/Hak-kâ-ngî: Sa-fi
हिन्दी: समाज
Fiji Hindi: Samaj
hrvatski: Društvo
Kreyòl ayisyen: Sosyete
magyar: Társadalom
interlingua: Societate
Bahasa Indonesia: Masyarakat
Igbo: Ȯgbà
Ilokano: Kagimongan
ГӀалгӀай: Юкъарле
Ido: Socio
íslenska: Þjóðfélag
日本語: 社会
Patois: Sasayati
la .lojban.: remce'u
Basa Jawa: Bebrayan
ქართული: საზოგადოება
қазақша: Қоғам
ភាសាខ្មែរ: សង្គម
ಕನ್ನಡ: ಸಮಾಜ
한국어: 사회
къарачай-малкъар: Джамагъат
kurdî: Civak
Кыргызча: Коом
Lingua Franca Nova: Sosia
Limburgs: Maotsjappie
lietuvių: Visuomenė
latviešu: Sabiedrība
Malagasy: Fiaraha-monina
олык марий: Мер
македонски: Општество
മലയാളം: സമൂഹം
монгол: Нийгэм
Bahasa Melayu: Masyarakat
Mirandés: Sociadade
эрзянь: Ломаютко
norsk nynorsk: Samfunn
norsk: Samfunn
occitan: Societat
Livvinkarjala: Yhteskundu
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਮਾਜ
Piemontèis: Società
پنجابی: سوسائیٹی
پښتو: ټولنه
português: Sociedade
Runa Simi: Waki
русский: Общество
саха тыла: Дьон-сэргэ
sicilianu: Sucitati
Scots: Society
سنڌي: سماج
srpskohrvatski / српскохрватски: Društvo
සිංහල: සමාජය
Simple English: Society
slovenščina: Družba
chiShona: Chita
shqip: Shoqëria
српски / srpski: Друштво
Kiswahili: Jamii
தமிழ்: சமூகம்
тоҷикӣ: Ҷaмъият
ไทย: สังคม
Tagalog: Lipunan
Türkçe: Toplum
татарча/tatarça: Җәмгыять
українська: Суспільство
اردو: سماج
oʻzbekcha/ўзбекча: Jamiyat
vepsän kel’: Kund
Tiếng Việt: Xã hội
Winaray: Katiringban
吴语: 社會
isiXhosa: Intlalo
მარგალური: ჯარალუა
Yorùbá: Àwùjọ
中文: 社会
Bân-lâm-gú: Siā-hōe
粵語: 社會