Sinal de fume

Nativos de América do Norte facendo sinais de fume. Pintura de Frederic Remington.

Os sinais de fume son os que se empregan para a comunicación entre áreas amplas e deshabitadas e que son feitas con fogueiras. É un dos medios de comunicación a distancia máis antigos.[1] Estes sinais permiten comunicar mensaxes complexas e codificadas con antelación entre atalaias ou lugares de vixilancia. Un dos seus usos era avisar de avistamento de inimigos.[2]

Fixéronse famosas grazas á súa representación nos filmes do xénero western, onde eran empregados polos indios de América do Norte.

Historia

Na Antiga China, soldados que estaban alerta nas torres da Gran Muralla Chinesa podían alertar sobre ataques inimigos, enviando mensaxes de fume de torre a torre.[3]

Ps nativos americanos utilizábanos.[4] Os selk'nam tamén utilizaban sinais de fume, tal como rexistraron os exploradores españois e portugueses durante o século XVI.[5] A etnia ranquel, que habita A Pampa (Arxentina), tamén o utilizaba.[6] Na conca do río Cachapoal a poboació rural utilizábao.[7]

Other Languages
العربية: إشارة دخانية
Deutsch: Rauchzeichen
English: Smoke signal
Esperanto: Fumsignalo
español: Señal de humo
euskara: Ke-seinale
suomi: Savumerkki
français: Signal de fumée
עברית: איתות עשן
magyar: Füstjel
Bahasa Indonesia: Sinyal asap
italiano: Segnali di fumo
日本語: 狼煙
한국어: 봉수
Bahasa Melayu: Isyarat asap
Nederlands: Rooksignaal
português: Sinal de fumo
српски / srpski: Димни сигнали
Basa Sunda: Sinyal haseup
svenska: Röksignal
中文: 烽火