Simposio

Unha muller toca un aulos para entreter os homes dun simposio (arte ático, c. 420 a. C.)

Na Grecia antiga, o simposio (grego: συμπόσιον symposion, de συμπίνειν sympinein, "beber xuntos") era unha festa na que se bebía.[1] Entre as obras literarias que describen ou teñen lugar nun simposio inclúense dous diálogos socráticos, o Simposio de Platón e o Simposio, de Xenofonte así como algúns poemas gregos como as elexías de Teognis de Megara. Os simposios figuran en pinturas gregas e etruscas que mostran escenas similares.[1]

O equivalente na sociedade romana é o convivium latino.[1]

Posteriorente a palabra pasou a designar unha reunión na que se conversa e analiza un tema ou un aspecto concreto dalgunha disciplina.[2]

Escenario e ocasión social

O Simposio de Platón, pintura de Anselm Feuerbach
Escena dun banquete dun Templo de Atenas (relevo do século VI a. C.)

O simposio grego era unha institución clave na socidade helénica. Era un foro para que os homes de familias respectadas debatesen, conspirasen, alardeasen ou sinxelamente se deleitasen con outros. Frecuentemente realizábanse para celebrar a presentación dos mozos na socidade aristocrática. Os simposios tamén facíanos os aristócratas para celebrar outras ocasións especiais, como vitorias en concursos atléticos e poéticos. Eran unha fonte de orgullo para eles.

Os simposios normalmente facíanse no andrōn (ἀνδρών), o cuarto dos homes da casa. Os participantes, ou "simposiastas", apoiábanse en sofás con coxíns colocados contra as tres paredes do cuarto que non tiñan a porta. Debido ás limitacións espaciais os sofás serían entre sete e nove, limitando o número total de participantes a entre catorce e vinte e sete (Oswyn Murray describe entre sete e quince sofás e considera entre catorce e trinta os participantes a "cantidade estándar dun grupo de bebedores").[3][4] Se un mozo participaba, non se reclinaba, senón que sentaba.[5] Con todo, nos simposios macedonios o foco non era só beber senón cazar, e os mozos só estaban autorizados a reclinarse cando mataran o seu primeiro salvaxe boar.

Pietro Testa (1611–1650): Alcibiades bébedo Interrupe o Simposio (1648).

Servíase comida e viño. Ofrecíanse entretementos e dependendo da ocasión había cancións, mozos ou mozas frautistas, escravos que realizaban diversos actos e diversión contratada.

Os simposios a miúdo realizábanse para ocasións específicas. O simposio máis famoso de todos, descrito no diálogo de Platón do mesmo nome (e de forma bastante diferente en Xenophonte) foi relizado polo poeta Agatón en ocasión da súa primeira vitoria no concurso de teatro das Dionisisas de 416 a. C. Segundo o relato de Platón, a celebración foi eclipsada pola entrada inesperada do borracho da cidade, o mozo Alcibiades, que caeu bébedo e case en coiros, pois acababa de vir doutro simposio.

Os homes á parte do simposio falarían de multitude de temas, desde filosofía até de amor e as diferenzas entre xéneros.

Other Languages
Afrikaans: Simposium
български: Симпозиум
català: Simpòsium
čeština: Symposion
dansk: Symposion
Deutsch: Symposion
Ελληνικά: Συμπόσιο
English: Symposium
Esperanto: Simpozio
فارسی: سمپوزیوم
suomi: Pidot
עברית: סימפוזיון
Bahasa Indonesia: Simposium
italiano: Simposio
한국어: 심포지엄
Latina: Symposium
Nederlands: Symposion
norsk: Symposion
polski: Sympozjon
português: Simpósio
русский: Симпосий
Simple English: Symposium
slovenščina: Simpozij
shqip: Simpoziumi
српски / srpski: Симпозијум
svenska: Symposium
Türkçe: Sempozyum
українська: Сімпосій
ייִדיש: סימפאזיום