Segunda guerra mundial

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Segunda guerra mundial
Infobox collage for WWII.PNG
En sentido das agullas do reloxo, comezando dende arriba á esquerda: Forzas chinesas na batalla de Wanjialing, artillería australiana na primeira batalla de El Alamein, bombardeiros Stuka alemáns na Fronte Oriental en decembro de 1943, forza naval estadounidense na invasión do golfo Lingayen, Wilhelm Keitel asinando a capitulación de Alemaña en 1945, forzas soviéticas na batalla de Stalingrado.
Data1 de setembro de 1939 - 2 de setembro de 1945
LugarEuropa, África, China, Sueste de Asia, Oriente Medio, mar Mediterráneo, océano Atlántico, océano Pacífico
ResultadoVitoria aliada:
Casus belliInvasión alemá de Polonia
Belixerantes
Aliados

Unión Soviética Unión Soviética (1941–45)
Estados Unidos de América Estados Unidos (1941–45)
Reino Unido Reino Unido
República de China China (1937–45)

Eixe

Alemaña nazi Alemaña
Imperio do Xapón Xapón

Reino de Italia Italia (1940–43)

Líderes
Flag of the Soviet Union.svg Iosif Stalin

Flag of the United States.svg Franklin D. Roosevelt
Flag of the United Kingdom.svg Winston Churchill
República da China Chiang Kai-shek

Alemaña Nazi Adolf Hitler

Imperio do Xapón Hirohito
Reino de Italia Benito Mussolini

Baixas
Civís
Máis de 45 000 000
Militares
Máis de 16 000 000
Totais
Máis de 61 000 000 (1937–45)
Civís
Máis de 4 000 000
Militares
Máis de 8 000 000
Totais
Máis de 12 000 000 (1937–45)

A segunda guerra mundial[1] foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

En 1937 o Imperio do Xapón pretendía dominar Asia e o Pacífico e xa estaba en guerra coa República da China, mais a data de inicio da guerra mundial dátase xeralmente no 1 de setembro de 1939 coa invasión de Polonia por parte de Alemaña e as subsecuentes declaracións de guerra de Alemaña a Francia e o Reino Unido. Dende finais de 1939 ata comezos de 1941, mediante unha serie de campañas militares e tratados, Alemaña conquistou ou pasou a controlar gran parte da Europa continental, e formou a alianza do Eixe xunto con Italia e o Xapón. Por medio do Pacto Molotov-Ribbentrop de agosto de 1939, Alemaña e a Unión Soviética dividiron e anexionaron territorios dos seus veciños europeos, incluíndo Polonia, Finlandia, Romanía e os países bálticos. A guerra continuou entre as principais potencias europeas do Eixe e a coalición do Reino Unido e a Commonwealth, con varias campañas no norte e leste de África, a batalla aérea de Inglaterra, a campaña de bombardeo do Blitz, a campaña dos Balcáns e a continuada batalla do Atlántico. En xuño de 1941 as potencias europeas do Eixe comezaron unha invasión da Unión Soviética, abrindo o maior teatro de guerra terrestre da historia, o que bloqueou a gran parte das súas forzas nunha guerra de desgaste. En decembro de 1941 o Xapón atacou os Estados Unidos e invadiu territorios europeos no océano Pacífico, conquistando con rapidez gran parte do Pacífico occidental.

O avance do Eixe detívose en 1942 cando o Xapón perdeu a batalla de Midway preto de Hawai, e cando Alemaña sufriu sendas derrotas no norte de África e Stalingrado. En 1943, tras unha serie de derrotas alemás na Fronte Oriental, a invasión Aliada de Sicilia e Italia deron como resultado a rendición de Italia. Xunto coas vitorias Aliadas no Pacífico, o Eixe perdeu a iniciativa da guerra e levou a cabo unha retirada estratéxica en tódalas frontes. En 1944 os Aliados Occidentais invadiron a Francia ocupada por Alemaña, mentres que a Unión Soviética recuperou o territorio perdido e comezou unha invasión de Alemaña e os seus aliados. Durante os anos 1944 e 1945 os xaponeses sufriron varios reveses no continente asiático, no sur e centro da China e en Birmania, mentres que os Aliados conseguiron debilitar á Armada Xaponesa e capturaron varias illas chave do Pacífico Occidental.

A guerra en Europa concluíu coa invasión de Alemaña por parte dos Aliados Occidentais e da Unión Soviética, culminando na captura de Berlín e a subsecuente rendición incondicional de Alemaña o 8 de maio de 1945. Trala Declaración de Potsdam dos Aliados o 26 de xullo de 1945 e o rexeitamento do Xapón da rendición baixo os seus termos, os Estados Unidos lanzaron bombas atómicas nas cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki o 6 e o 9 de agosto respectivamente. Cunha inminente invasión do arquipélago xaponés, a posibilidade de novos bombardeos atómicos e a declaración de guerra da Unión Soviética e a invasión de Manchuria, o Xapón rendeuse o 15 de agosto de 1945.

A segunda guerra mundial alterou os aliñamentos políticos e a estrutura social do mundo. Estableceuse a Organización das Nacións Unidas co obxectivo de fomentar a cooperación internacional e previr conflitos futuros semellantes, e as grandes potencias mundiais vitoriosas —os Estados Unidos, a Unión Soviética, a China, o Reino Unido e Francia— convertéronse en membros permanentes do seu Consello de Seguridade. A Unión Soviética e os Estados Unidos xurdiron como superpotencias mundiais, preparando o escenario da guerra fría que duraría 46 anos. Ó mesmo tempo a influencia mundial das potencias europeas diminuíu considerablemente, dando lugar a descolonización de Asia e África. A maioría de países que viron a súa industria danada pola guerra comezaron diversos esforzos para unha recuperación económica, e a integración política, especialmente en Europa, xurdiu como un esforzo para atallar conflitos evitando posibles guerras e co obxectivo de crear unha identidade común europea.

Cronoloxía

O comezo da guerra en Europa adoita indicarse no 1 de setembro de 1939 coa invasión alemá de Polonia,[2][3][4] aínda que a declaración de guerra por parte do Reino Unido e Francia non tivo lugar ata dous días despois.[5][6] A data indicada para o comezo da guerra no Pacífico é habitualmente a do comezo da segunda guerra sino-xaponesa, o 7 de xullo de 1937,[7] pero en ocasións tamén se indica como tal a invasión xaponesa de Manchuria o 19 de setembro de 1931.[8][9] Outros autores seguen a opinión do historiador británico A. J. P. Taylor, que afirmou que a guerra sino-xaponesa e a guerra en Europa e nas súas colonias comezou de forma simultánea e que as dúas guerras uníronse nunha soa en 1941,[10] e outro punto de vista indica que a data de comezo da guerra na invasión italiana de Abisinia o 3 de outubro de 1935.[11][12] O historiador británico Antony Beevor considerou o comezo da segunda guerra mundial nas batallas de Khalkhin Gol entre o Xapón e as forzas de Mongolia e da Unión Soviética dende maio ata setembro de 1939.[13] Existe tamén o punto de vista que chega a considerar a primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial como parte da mesma guerra civil europea ou segunda guerra dos Trinta Anos".[14][15]

Da mesma forma non hai un acordo total na data exacta do fin da guerra. Polo xeral acéptase que a guerra finalizou co armisticio do 14 de agosto de 1945 (o Día da Vitoria sobre o Xapón), no lugar da rendición formal do Xapón o 2 de setembro de 1945.[16][17] Algunhas das consecuencias e eventos posteriores causados pola guerra inclúense en ocasións como parte da mesma. O tratado de paz co Xapón foi asinado en 1951, formalizando varias cuestións pendentes como por exemplo as compensacións os prisioneiros de guerra Aliados que foran vítimas de atrocidades,[18] e outros autores chegaron incluso a considerar que a guerra non rematou realmente ata o colapso da Unión Soviética e o fin da guerra fría, cualificando a esta última como unha continuación da segunda guerra mundial.[19] Así mesmo, ata 1990 non se asinou o Tratado Dous Máis Catro que permitiu a reunificación alemá e resolveu outras cuestións relacionadas con orixe na segunda guerra mundial.[20]

Other Languages
Alemannisch: Zweiter Weltkrieg
žemaitėška: Ontra svieta vaina
беларуская (тарашкевіца)‎: Другая сусьветная вайна
Bislama: Wol Wo Tu
brezhoneg: Eil Brezel-bed
Chavacano de Zamboanga: Segunda Guerra Mundial
qırımtatarca: Ekinci Cian cenki
dolnoserbski: Druga swětowa wójna
emiliàn e rumagnòl: Secånda guèra mundièl
English: World War II
Esperanto: Dua mondmilito
estremeñu: II Guerra Mundial
Nordfriisk: Naist Wäältkrich
Gàidhlig: An Dàrna Cogadh
客家語/Hak-kâ-ngî: Thi-ngi-chhṳ Sṳ-kie Thai-chan
Fiji Hindi: World War II
hornjoserbsce: Druha swětowa wójna
Bahasa Indonesia: Perang Dunia II
Patois: Wol Waar II
Basa Jawa: Perang Donya II
къарачай-малкъар: Экинчи дуния къазауат
Ripoarisch: Zweide Weltkresch
Lëtzebuergesch: Zweete Weltkrich
Lingua Franca Nova: Gera Mundal Du
لۊری شومالی: قی جٱهۊنی دویوم
Basa Banyumasan: Perang Donya II
Baso Minangkabau: Parang Dunia II
Bahasa Melayu: Perang Dunia Kedua
မြန်မာဘာသာ: ဒုတိယ ကမ္ဘာစစ်
مازِرونی: جهونی جنگ دوم
Dorerin Naoero: Eaket Eb II
Plattdüütsch: Tweete Weltkrieg
Nedersaksies: Tweede Wereldoorlog
नेपाल भाषा: तःहताः २
norsk nynorsk: Andre verdskrigen
Norfuk / Pitkern: World War II
davvisámegiella: Nubbi máilmmisoahti
srpskohrvatski / српскохрватски: Drugi svjetski rat
Simple English: World War II
slovenščina: Druga svetovna vojna
српски / srpski: Други светски рат
Basa Sunda: Perang Dunya II
Türkmençe: İkinji Jahan Urşy
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئىككىنچى دۇنيا ئۇرۇشى
oʻzbekcha/ўзбекча: Ikkinchi jahon urushi
vepsän kel’: Toine mail'man soda
Volapük: Volakrig telid