Sean Kelly

Sean Kelly
Información persoal
NacementoJohn James Kelly
24 de maio de 1956 (62 anos)
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro

John James "Sean" Kelly, nado en Carrick-on-Suir o 24 de maio de 1956, é un ex ciclista irlandés. Sumou 193 vitorias ao longo da súa carreira, entre elas a Vuelta Ciclista a España de 1988. Foi durante seis anos consecutivos o número un da clasificación FICP.

Traxectoria

Carreiras dun día

Gañou tres veces o Giro de Lombardía, en 1983, 1985 e 1991. En dúas ocasións a París-Roubaix, en 1984 e 1986, as mesmas que a Liexa-Bastogne-Liexa, en 1984 e 1989, e a Milán-San Remo, en 1986 e 1992. O Gran Premio das Nacións gañouno en 1986.

No campionato do mundo de fondo en estrada obtivo dúas medallas de bronce en 1982 e 1989.

Carreiras por tiradas

Como un dos fitos da historia do ciclismo, ostenta 7 triunfos na París-Niza. Outras clasificacións xerais neste tipo de carreiras foron: tres na Volta ao País Vasco e no Criterium Internacional, dous na Volta a Cataluña, na Volta a Suíza e e unha na Setmana Catalana. A parte de múltiples vitorias parciais nesas e noutras carreiras como o Tour de Romandía e a Dauphiné Liberé.

Grandes Voltas

Ao seu avultado palmarés resistíanselle as voltas de tres semanas. Deste xeito, a súa preparación centrouse en mellorar as súas condicións na montaña co fin de non afundirse ante os ataques dos grandes escaladores do momento como Luis Herrera, Robert Millar, Álvaro Pino ou Fabio Parra. Deste modo, arelaba acadar a complitude de campións como Laurent Fignon Greg Lemond ou Stephen Roche.

Na Vuelta ciclista a España de 1987 semellaba que ía acadar ese degorado triunfo, pero unha infección cando ía líder da proba a catro días do remate, provocou a súa retirada a prol de Luis Herrera. Sería ao ano seguinte, en 1988 cando acadou por fin a súa vitoria na xeral grazas a súa superioridade nas probas contra o crono, batendo a Anselmo Fuerte o penúltimo día.

O Tour de Francia resistíuselle. Gañou a clasificación por puntos en catro ocasións, pero o seu mellor posto foi a cuarta praza acadada en 1985, por detrás de Bernard Hinault, Greg Lemond e Stephen Roche.

Other Languages
asturianu: Sían Kelly
brezhoneg: Seán Kelly
català: Sean Kelly
Deutsch: Sean Kelly
español: Sean Kelly
euskara: Seán Kelly
فارسی: شان کلی
français: Sean Kelly
italiano: Sean Kelly
latviešu: Šons Kelijs
Plattdüütsch: Sean Kelly
Nederlands: Seán Kelly
polski: Sean Kelly
português: Sean Kelly
русский: Келли, Шон
српски / srpski: Шон Кели
svenska: Seán Kelly