Scuderia Ferrari

Italia Ferrari
Felipe Massa 2012 Malaysia FP2 2.jpg
Nome completo"Scuderia Ferrari" (19501960, 20112018)
"Scuderia Ferrari SpA SEFAC" (19611989)
"Scuderia Ferrari SpA" (19901996)
"Scuderia Ferrari Marlboro" (19972011)
"Scuderia Ferrari Mission Winnow" (2019)
Bandeira coa que compiteItalia Italia
Base enMaranello, Italia
Xefe de EquipoMaurizio Arrivabene
(Director xeneral e de Equipo)
Director TécnicoMattia Binotto[1]
Pilotos5. Alemaña Sebastian Vettel[2]
16. Flag of Monaco.svg Charles Leclerc[3]
Pilotos de probasItalia Antonio Fuoco
Flag of New Zealand.svg Brendon Hartley
Italia Davide Rigon
Alemaña Pascal Wehrlein
ChasisSF90
MotorFerrari 064
PneumáticosPirelli
DebutGran Premio de Mónaco de 1950
Carreiras983 (980 saídas)[4]
Campionatos de Construtores16 (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982, 1983, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008)
Campionatos de Pilotos15 (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007)
Vitorias234[5]
Pole positions222
Voltas Rápidas250[6]
Puntos totais
Posición no campionato2º (261 ptos.)

Scuderia Ferrari S.p.A. coñecida como Scuderia Ferrari é a división deportiva da compañía automobilística Ferrari. O equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula Un, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de autos deportivos. Comezou na Fórmula 1 en 1950. Leva ás súas costas 16 títulos de construtores e 15 de pilotos.

Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Mike Hawthorn, Phil Hill, John Surtees, Niki Lauda, Jody Scheckter, Michael Schumacher e Kimi Räikkönen gañaron campionatos do mundo de pilotos conducindo para o equipo. os pilotos actuais do equipo son Sebastian Vettel e Charles Leclerc.

En sport prototipos e gran turismo, Ferrari conseguiu nove vitorias absolutas nas 24 Horas de Le Mans, oito na Mille Miglia e sete na Targa Florio. Tamén gañou varios títulos de construtor no Campeonato Mundial de Resistencia da FIA.

Competición

Michael Schumacher conducindo o F2004
Mostra de antigos monoprazas de F1 de Ferrari

A verdadeira paixón de Enzo Ferrari, foi sempre a competición automobilística. A súa Scuderia comezou como patrocinadora independente para pilotos en diversos coches, pronto converteuse no equipo da casa Alfa Romeo. Enzo Ferrari, despois da súa marcha de Alfa comezou a deseñar e fabricar os seus propios coches; o equipo Ferrari apareceu por primeira vez nun grande premio europeo despois de rematada a Segunda Guerra Mundial.

A Scuderia participou no Campionato do Mundo de Fórmula 1 no seu primeiro ano de existencia 1950. O arxentino José Froilán González deulle ó equipo a súa primeira vitoria no Gran Premio do Reino Unido de 1951. O italiano Alberto Ascari deulle a Ferrari o seu primeiro mundial World Championship un ano despois. Ferrari é o equipo mais antigo do campionato, o mais galardoado: ata 2009 o equipo gañou 15 títulos mundiais para pilotos (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007), un récord de 16 campionatos do mundo para construtores (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982, 1983, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008), e unha marca de 234 vitorias de Grand Prix, (en decembro de 2018).

Other Languages
Afrikaans: Scuderia Ferrari
العربية: فريق فيراري
asturianu: Scuderia Ferrari
azərbaycanca: Skuderiya Ferrari
български: Скудерия Ферари
brezhoneg: Scuderia Ferrari
čeština: Scuderia Ferrari
Esperanto: Scuderia Ferrari
français: Scuderia Ferrari
Bahasa Indonesia: Scuderia Ferrari
lietuvių: Scuderia Ferrari
latviešu: Scuderia Ferrari
Bahasa Melayu: Scuderia Ferrari
Nederlands: Scuderia Ferrari
norsk nynorsk: Scuderia Ferrari
português: Scuderia Ferrari
srpskohrvatski / српскохрватски: Scuderia Ferrari
Simple English: Scuderia Ferrari
slovenčina: Scuderia Ferrari
slovenščina: Scuderia Ferrari
српски / srpski: Скудерија Ферари
Tiếng Việt: Scuderia Ferrari