Saturno I

Saturno I / Juno V / Saturno C-1
Configuracións dos Saturno I dos bloques I e II.
Configuracións dos Saturno I dos bloques I e II.
FunciónLanzador espacial pesado
Tamaño
Altura55,0 m[1]
Diámetro6,52 m[1]
Masa509.660 kg[1]
Etapas3[1]
Capacidade
Carga útil a LEO9000 kg[1]
Carga a
Traxectoria transluar
2200 kg[1]
Foguetes asociados
FamiliaSaturno
DerivadosSaturno IB, Saturno V
Historia de lanzamentos
EstadoRetirado[1]
Sitios de lanzamentoCabo Cañaveral[1][2][3]
Total de lanzamentos10[1][2][3]
Voo inaugural27 de outubro de 1961[1][2][3]
Último voo30 de xullo de 1965[1][2][3]
Primeira Etapa - Saturno I[1]
Lonxitude24,48 m[1]
Diámetro6,52 m[1]
Masa baleiro45.267 kg[1]
Masa cheo432.681 kg[1]
Motores8 H-1[1]
Pulo7582,1 kN[1]
Impulso específico255 s[1]
Tempo de combustión150 s[1]
PropelenteOsíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda Etapa - Saturno IV[1]
Lonxitude12,19 m[1]
Diámetro5,49 m[1]
Masa baleiro5217 kg[1]
Masa cheo50.576 kg[1]
Motores6 RL-10[1]
Pulo400,346 kN[1]
Impulso específico410 s[1]
Tempo de combustión482 s[1]
PropelenteOsíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]
Terceira Etapa - Centaur C[1]
Lonxitude9,14 m[1]
Diámetro3,05 m[1]
Masa baleiro1996 kg[1]
Masa cheo15.600 kg[1]
Motores2 RL-10A-1[1]
Pulo133,448 kN[1]
Impulso específico425 s[1]
Tempo de combustión430 s[1]
PropelenteOsíxeno líquido e hidróxeno líquido[1]

Saturno I (denominado no seu momento tamén Juno V e Saturno C-1) foi o nome dun foguete dos Estados Unidos que deu comezo á familia de foguetes Saturno e que culminuou no Saturno V. Foi o maior foguete dos Estados Unidos ata aquel momento.[1][2][3]

Características

O Saturno I foi deseñado polo equipo de Wernher von Braun e consistía nun conxunto de oito tanques procedentes de foguetes Redstone rodeando un tanque dun Jupiter C e propulsado por oito motores H-1. O deseño en conxunto de tanques foi apodado humoristicamente como Cluster's Last Stand (xogo de palabras con Custer's Last Stand, como se denomina a veces á batalla de Little Bighorn). O foguete foi ideado inicialmente para levar a cabo os primeiros voos circumluares do proxecto Apollo, pero foi desenvolvido tan tempranamente que non había naves tripuladas dispoñibles para ser usadas nel.[1][2][3]

Os foguetes Saturno I clasifícanse en dous grupos:[1][2][3]

  • Os do Bloque I non levaban segundas e terceiras etapas funcionais, senón maquetas recheas con auga e lastre e fixeron voos suborbitais.
  • Os do Bloque II usaron segundas e terceiras etapas funcionais e foron lanzados en traxectorias orbitais.

O foguete fixo dez lanzamentos, a maior parte de proba. Varios refinamentos e melloras posteriores diron lugar ao Saturno IB.[1][2][3]

Other Languages
العربية: ساتورن I
български: Сатурн I
català: Saturn I
čeština: Saturn I
dansk: Saturn I
English: Saturn I
español: Saturno I
euskara: Saturn I
suomi: Saturn I
français: Saturn I
עברית: סטורן 1
hrvatski: Saturn I
magyar: Saturn I
Bahasa Indonesia: Saturn I
italiano: Saturn I
日本語: サターンI
Bahasa Melayu: Saturn I
polski: Saturn I
português: Saturno I
русский: Сатурн-1
slovenčina: Saturn I
svenska: Saturn I
українська: Сатурн-1