Saskatchewan

Saskatchewan
Bandeira de SaskatchewanBrasón de Saskatchewan
Lema: Multis E Gentibus Vires (latín: Forza de moitos pobos)
Mapa do Canadá con Saskatchewan destacado
Outras provincias e territorios do Canadá
CapitalRegina
Maior cidadeSaskatoon
Tenente GobernadorLynda M. Haverstock
Primeiro ministroLorne Calvert (NDP)
Área651.036 km² (7º)
 - Terrestre591.670 km²
 - Auga59.366 km² (9,1%)
Poboación (2004)
 - Poboación988.980 (6º)
 - Densidade1,72 /km² (9º)
Admisión na Confederación
 - Data1 de setembro de 1905
 - Orde
Fuso horarioUTC-6 (non ten horario de verán). Lloydminster e arredores: UTC-7, (ten horario de verán).
Representación parlamentaria
 - Deputados14
 - Senadores6
Abreviacións
 - Abreviación postalSK
 - ISO 3166-2CA-SK
Prefixo PostalS
Web sitewww.gov.sk.ca

Saskatchewan[1] é unha provincia do oeste do Canadá. É a provincia central das Pradarías canadenses. A súa capital é Regina, aínda que a súa cidade máis poboada é Saskatoon. A maior parte da súa poboación concéntrase na parte sur da provincia.

A agricultura é unha parte fundamental na economía de Saskatchewan, sobre todo o trigo, do que se cultiva o 45% de tódolo Canadá. Outra fonte fundamental da economía da provincia é a minería. Saskatchewan é a maior produtora de uranio do mundo.

O nome da provincia provén do río Saskatchewan, cuxo nome deriva do Cree: kisiskāciwani-sīpiy, que significa "río de curso veloz" [2]

Xeografía

A grandes liñas, Saskatchewan parece un cuadrilátero, cun área de 588.276,09 km². Con todo, debido ao seu tamaño, os bordos do límite do paralelo 49° e o 60° norte parecen encorvados. Ademais, o límite Leste da provincia está parcialmente torcido en lugar de seguir unha liña lonxitudinal, cando as liñas de corrección foron ideadas por topógrafos antes do programa (1880-1928). Saskatchewan limita ao oeste con Alberta, ao norte cos Territorios do Noroeste, ao leste con Manitoba, e ao sur cos estados norteamericanos de Montana e Dacota do Norte. Saskatchewan distínguese por ser a única provincia canadense onde ningunha das súas fronteiras correspóndense con trazos xeográficos físicos. É tamén unha das dúas únicas provincias sen saída ao mar, xunto con Alberta.

Saskatchewan está formada por dúas rexións naturais principais: o Escudo Canadense no norte e as Chairas Interiores no sur. O norte de Saskatchewan está cuberto principalmente polo bosque boreal excepto as Dunas de Area do Lago Athabasca, as dunas de area activas máis grandes do mundo ao norte do paralelo 58°, adxacentes á beira sur do lago Athabasca. O sur de Saskatchewan contén outra área con dunas de area coñecidas como "os Grandes Outeiros de Area" que cobren 300 km². Os Outeiros do Ciprés (Cypress Hills), localizadas no bordo suroeste de Saskatchewan e Killdeer Badlands (Parque Natural de Grasslands) son áreas da provincia que permaneceron sen conxelarse durante o último período de glaciación.

O punto máis alto da provincia, con 1.468 metros de altitude, está localizado nos Outeiros do Ciprés. O punto máis baixo, con 213 metros, está na beira de lago Athabasca no extremo norte. A provincia ten nove [2] formadas por varios ríos que desembocan en augas do océano Ártico, baía de Hudson e golfo de México.

Other Languages
Afrikaans: Saskatchewan
አማርኛ: ሰስካቸወን
Ænglisc: Sascatcewan
العربية: ساسكاتشوان
asturianu: Saskatchewan
azərbaycanca: Saskaçevan
žemaitėška: Saskačevans
беларуская (тарашкевіца)‎: Саскачэван
brezhoneg: Saskatchewan
bosanski: Saskatchewan
буряад: Саскачеван
català: Saskatchewan
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Saskatchewan
Cebuano: Saskatchewan
čeština: Saskatchewan
Cymraeg: Saskatchewan
Deutsch: Saskatchewan
Zazaki: Saskatchewan
Ελληνικά: Σασκάτσουαν
English: Saskatchewan
Esperanto: Saskaĉevano
euskara: Saskatchewan
فارسی: ساسکاچوان
føroyskt: Saskatchewan
français: Saskatchewan
Nordfriisk: Saskatchewan
Gaeilge: Saskatchewan
Gàidhlig: Saskatchewan
客家語/Hak-kâ-ngî: Saskatchewan-sén
עברית: ססקצ'ואן
hrvatski: Saskatchewan
Bahasa Indonesia: Saskatchewan
íslenska: Saskatchewan
italiano: Saskatchewan
ქართული: სასკაჩევანი
Taqbaylit: Saskatchewan
kalaallisut: Saskatchewan
kernowek: Saskatchewan
Latina: Saskatchewan
Ladino: Saskatchewan
Lëtzebuergesch: Saskatchewan
Ligure: Saskatchewan
lietuvių: Saskačevanas
latviešu: Saskačevana
македонски: Саскачеван
монгол: Саскачеван
Bahasa Melayu: Saskatchewan
မြန်မာဘာသာ: ဆက်စကက်ချီဝမ်နယ်
Nederlands: Saskatchewan
norsk nynorsk: Saskatchewan
occitan: Saskatchewan
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਸਕਾਚਵਾਨ
Kapampangan: Saskatchewan
Papiamentu: Saskatchewan
polski: Saskatchewan
Piemontèis: Saskatchewan
پنجابی: ساسکاچیوان
português: Saskatchewan
română: Saskatchewan
русский: Саскачеван
саха тыла: Саскачеван
srpskohrvatski / српскохрватски: Saskatchewan
Simple English: Saskatchewan
slovenčina: Saskatchewan
slovenščina: Saskatchewan
српски / srpski: Саскачеван
svenska: Saskatchewan
Kiswahili: Saskatchewan
Tagalog: Saskatchewan
Türkçe: Saskatchewan
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Saskachéwan
українська: Саскачеван
oʻzbekcha/ўзбекча: Saskachevan
Tiếng Việt: Saskatchewan
Volapük: Saskatchewan
Winaray: Saskatchewan
მარგალური: სასკაჩევანი
Bân-lâm-gú: Saskatchewan