Sarria

Sarria
Bandeira de Sarria---Escudo de Sarria
081006 Sarria.JPG
Vista xeral de Sarria
Situacion Sarria.PNG
Situación
Xentilicio[1]sarriao/sarriá
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación13.359 hab. (2017)
Área184,6 km²
Densidade72,37 hab./km²
Entidades de poboación241
Capital do concelloSarria
Política (2015)
AlcaldesaPilar López Yáñez (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG 3, IG 1
Eleccións municipais en Sarria
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes57,67%
Na rede
http://sarria.es/
[email protected]

Sarria é unha vila galega da provincia de Lugo, capital da comarca de Sarria. Cos seus 13.504 habitantes (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no INE é o quinto en poboación da provincia. O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) sarriao/sarriá.

Xeografía

Está situado na metade sur da provincia. Limita ao norte cos concellos de Láncara e O Páramo, ao sur co Incio, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela. No territorio do concello de Sarria pódense distinguir tres zonas xeográficas: unha chaira situada no centro e oeste, entre 500 e 700 de altitude, unha zona montañosa ao oeste, que chega aos 800 metros no Monte Páramo ou no Monte de Santa Icia, e o val ou "Veiga de Sarria", a 400 m. Abundan os terreos de labradío, especialmente lameiros, e os bosques son reducidos e sitúanse á beira dos ríos.

Varios ríos e regatos bañan o concello. O principal río, que dá nome á vila é o Sarria, que nace nas montañas de Triacastela. Nel verten o río Celeiro e o Ferreiros.

Clima

Ten un clima oceánico con influencia continental, debido ao afastamento do mar e a situarse nun val.

Os invernos son fríos con xeadas frecuentes e os veráns suaves, sendo os meses con temperaturas máis baixas de novembro a marzo, cunha media duns 6 °C; e os meses con temperaturas máis altas xullo e agosto, cunha media duns 18 °C. A oscilación térmica é de 13 °C.

As precipitacións, abundantes, oscilan entre 933 mm e os 1457 mm; repártense regularmente ao longo de todo o ano, sendo menos frecuentes nos meses de verán.

Other Languages
aragonés: Sarria
brezhoneg: Sarria (Lugo)
čeština: Sarria
Deutsch: Sarria
English: Sarria
español: Sarria
euskara: Sarria (Lugo)
magyar: Sarria
italiano: Sarria
日本語: サリア
қазақша: Сарриа
lumbaart: Sarria
Bahasa Melayu: Sarria
Nederlands: Sarria
occitan: Sarria
polski: Sarria
português: Sarria
русский: Саррия
Türkçe: Sarria
українська: Саррія
oʻzbekcha/ўзбекча: Sarria
Tiếng Việt: Sarria
Winaray: Sarria
中文: 萨里亚
Bân-lâm-gú: Sarria