Santiago de Compostela

Santiago de Compostela
Bandeira de Santiago de Compostela---Escudo de Santiago de Compostela
Catedral.
Hostal dos Reis Católicos e Praza do Obradoiro.A Alameda.
Vista panorámica.
Situacion Santiago de Compostela.PNG
Situación
Xentilicio[1]santiagués/santiaguesa - compostelán/compostelá - picheleiro/picheleira
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación96.456 hab. (2017)
Área220,6 km²
Densidade437,24 hab./km²
Entidades de poboación29 parroquias
Capital do concelloSantiago de Compostela
Política (2015)
AlcaldeMartiño Noriega (Compostela Aberta)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CA - 10
Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes35,92%
Na rede
www.santiagodecompostela.org

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes[3] (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais[4]. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Orixe e historia

Catedral de Santiago.
Fachada da Catedral desde a praza do Obradoiro.
Estatua en Compostela de Afonso II, quen peregrinou a Santiago.

No territorio que actualmente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano que se tende a identificar coa mansión romana de Aseconia (esta mansión existiu entre a segunda metade do século I e o século V). O poboado desapareceu pero permaneceu unha necrópole que tivo uso quizais ata o século VII.

O nacemento de Santiago, como se sabe agora, está ligado á presumible descuberta dos restos do Apóstolo Santiago entre o 820 e o 835. O seu desenvolvemento débese á elevación ao rango relixioso dos restos, á Universidade e, na actualidade, á capitalidade de Galicia.

Na Concordia de Antealtares aparece por primeira vez (1077) a tradición medieval segundo a cal o eremita Paio, alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón, avisou o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen descubriu os restos de Santiago o Maior e de dous dos seus discípulos, no lugar no que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir de Campus Stellae, isto é "campo de estrelas"; ou máis probabelmente de Composita Tella, "terras ben axeitadas", eufemismo por cemiterio; ou mesmo de "[Ja]Com[e A]postol[u]". O nome tamén se ten relacionado co hipocorístico Compostela, correspondente ao antropónimo Composta. A descuberta propiciou que Afonso II, necesitado de cohesión interna e apoio externo para o seu reino, fixera unha peregrinación ao lugar. A nova que dela fixo, tanto no seu reino como fóra del, axudou a que Compostela aparecese como un novo lugar de peregrinación da cristiandade, nun momento no que a importancia de Roma decaera e Xerusalén non era accesible por estar en poder dos musulmáns.

Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade. Primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados, formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares. Espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, a maioría procedente das aldeas próximas, que foi aumentando ao tempo que crecía por todo o occidente peninsular a peregrinación a Compostela, reforzada polo privilexio concedido por Ordoño II no ano 915 polo que se establecía que calquera que permanecera corenta días sen ser reclamado como servo, pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela.

Lugar de coroación de monarcas do Reino de Galicia e do Reino de León, a cidade foi destruída por Almanzor o 10 de agosto do ano 997 quen, segundo a lenda popular[5], tan só respectou o sartego do apóstolo. Tras a volta dos habitantes comezou a reconstrución. A mediados do século XI o bispo Cresconio dotou á cidade dun cinto de foxos e dunha muralla como medida defensiva. No ano 1075 o bispo Diego Páez deu comezo á construción da catedral románica.

O incremento da peregrinación fai de Compostela un importante lugar de referencia relixiosa en Europa, aumentando tamén a súa importancia política. Durante o pontificado do Arcebispo Diego Xelmírez, en 1120, a igrexa compostelá viuse recompensada coa concesión da categoría de metropolitana. Tamén en tempos de Xelmírez tiveron gran repercusión na cidade unha serie de revoltas urbanas, en 1116 e 1136. Entre os séculos XII e XIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado.

Fotocomposición con picaportes fotografados en Compostela.

A chegada da Peste Negra a mediados do século XIV supuxo unha forte recesión demográfica. A poboación recupérase a partir de 1380, e no século XV a cidade xa tiña entre catro e cinco mil habitantes. A fundación da Universidade a finais do século XV e o arcebispo Alonso III de Fonseca danlle a Santiago un novo pulo que atrae a novos poboadores, principalmente de Galicia.

O estatuto de autonomía de Galicia estableceu a capitalidade galega en Compostela. Como consecuencia, a cidade sufriu a finais do século XX un considerable aumento de poboación e unha profunda transformación.

É Patrimonio da Humanidade e foi Capital Europea da Cultura no 2000.

Other Languages
azərbaycanca: Santiaqo de Kompostela
беларуская (тарашкевіца)‎: Сант’яга-дэ-Кампастэля
Chavacano de Zamboanga: Santiago de Compostela
Tsetsêhestâhese: Santiago de Compostela
Kreyòl ayisyen: Santiago de Compostela
Bahasa Indonesia: Santiago de Compostela
Latina: Compostella
Lëtzebuergesch: Santiago de Compostela
Bahasa Melayu: Santiago de Compostela
norsk nynorsk: Santiago de Compostela
occitan: Compostèla
srpskohrvatski / српскохрватски: Santiago de Compostela
Simple English: Santiago de Compostela
oʻzbekcha/ўзбекча: Santiago de Compostela
Tiếng Việt: Santiago de Compostela
Bân-lâm-gú: Santiago de Compostela