Santa Pola

Santa Pola
Bandera de Santa Pola-3.svg
Escut de Santa Pola-2.svg
Localización
Localización de Santa Pola respecto ao País Valenciano Localización de Santa respecto á comarca do Baix Vinalopó
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Alacant
Comarca Baix Vinalopó
Xeografía
Altitude 6 msnm
Superficie 58'6 km²
Demografía
Poboación 30.981 hab. (2008)
Densidade 528,69 hab/km²
Xentilicio Santapoler/a
Outros datos
Código postal 03130
Alcalde Miguel Zaragoza ( PP)
Ajuntament de Santa Pola

Santa Pola é unha poboación da comarca do Baix Vinalopó no País Valenciano, cunha poboación en 1994 de 16.506 habitantes (santapoleiros) e de 20.965 en 2003. O término municipal presenta unha extensión de 58,6 km2. Limita co término de Elx e co mar Mediterráneo.

Historia

A súa orixe histórica remontase ó Portus Illicitanus. Alí realizábase a actividade comercial da cidade romana de Illice ( Elx). Na época visigoda era coñecida como Port Elecem e o seu nome musulmán foi Port del Cap de l'Aljub, que perdurou ata a metade do século XIV. Non hai datos históricos sobre ela ata 1556, data na que se construíu o Poble Nou de Santa Pola, tomando o nome da advocación da ermida dalgún casarío, o que fai supoñer que o núcleo orixinal desapareceu.

O seu castelo construíuse en 1557 cando reinaba Carlos I, de acordo co plan real de defensa da costa contra os piratas berberiscos. A súa eficacia permitiu a súa ampliación e reforzo, o que fixo que chegara ós nosos días. En 1786 pasou á Coroa por cesión do Marqués de Astorga. Finalmente, o alcalde Antoni Múrtula, cando coñeceu a decisión do Ministerio de Defensa de derrocalo, contactou coa raíña Isabel II e negociou a propiedade do castelo. Despois de pagar a cantidade acordada, a fortaleza pasou a mans do consistorio local. Desta forma, e ata os nosos días, o castelo é propiedade do pobo santapoleiro e converteuse no seu edificio máis singular e máis representativo.

No século XIX, novamente por relación coa coroa borbónica, recibiu o título de vila de mans do rei Alfonso XII 1877).

Other Languages
aragonés: Santa Pola
العربية: سانتا بولا
català: Santa Pola
Deutsch: Santa Pola
English: Santa Pola
Esperanto: Santa Pola
español: Santa Pola
euskara: Santa Pola
فارسی: سانتا پلا
français: Santa Pola
magyar: Santa Pola
italiano: Santa Pola
қазақша: Санта-Пола
Bahasa Melayu: Santa Pola
Nederlands: Santa Pola
norsk: Santa Pola
occitan: Santa Pola
polski: Santa Pola
português: Santa Pola
русский: Санта-Пола
українська: Санта-Пола
oʻzbekcha/ўзбекча: Santa Pola
Tiếng Việt: Santa Pola
West-Vlams: Santa Pola
Winaray: Santa Pola
中文: 圣波拉
Bân-lâm-gú: Santa Pola