Santa María (nao)

Santa María (La Gallega)
SantaMariaPalos1.jpg
Réplica da Nao Santa María no Peirao das Carabelas, La Rábida, en Palos de la Frontera (Andalucía).
HistorialBanner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg
EstaleiroLérez, Pontevedra, Galicia
TipoNao[1][2] ou carabela[3] (segundo fontes)
Posta en grellaarredor de 1480
DestinoNaufraxio na costa norte da Illa de Santo Domingo en 1492
Características xerais
Desprazamento200 a 250 t[Nota 1]
Eslora• Quilla : 19,92 m
(69 pés de Burgos de 0,28 m)
• Cuberta: 23,52 m
(84 pés de Burgos)
Manga7,34 m
(26 pés de burgos)
Puntal3,36 m
(12 pés de Burgos)
Calado• Máximo: 2,8 m
(10 pés de burgos)
• Medio: 2,52 m
(9 pés de burgos)
• Mínimo : 1,68 m
(6 pés de burgos)
Aparello• 3 mastros bauprés
• Velas cadradas en maior, trinquete e cebadeira
• Vela latina en mesana
• 5 velas[4]
Tripulación39 homes

A Santa María (por veces La Gallega) foi a maior das tres naves e así mesmo a nao[5] capitá empregada por Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. Era propiedade de Juan de la Cosa.

As outras dúas naves da expedición foron as carabelas Niña e Pinta. A diferenza destas, a Santa María non retornou a Europa porque sobordou na Illa da Española.

Malia terse dito que a Santa María era unha carabela no Diario de a Bordo de Cristovo Colón, compilado por Bartolomé de las Casas, esta era a maior das "tres carabelas", e en varias xornadas defínese coma nao.

Existen dúbidas sobre a procedencia da nao Santa María, mais semella que foi construída nos estaleiros Lérez, Pontevedra (Galicia)[6] e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristovo García Sarmiento, por este motivo quizais fora este o porto elixido nun principio para regresar (finalmente só retornou a Pinta a Baiona).

Historia

O propietario da Santa María foi o cántabro Juan de la Cosa. Durante o transcurso da primeira viaxe ao Novo Mundo, o 25 de decembro de 1492, a nave emabarrancou na costa noroeste da actual República Dominicana, ficando inservíbel polo que a súa madeira se empregou para construír un fortín con estacada que foi chamado de " Forte de La Navidad".

Cesáreo Fernández Duro cóntao así:

Sobordou á noite sobre o Guarico (Santo Domingo) o 25 de Nadal e aínda que se picaron os paus e se alixou por completo con axuda das canoas dos indios, non se puido tirar. Salvouse toda a xente e as pertenzas, Colón transbordou á carabela Niña.[7]

A Santa María tiña arredor de 23 m de eslora e tres mastros. Era o barco de maior desprazamento dos tres da expedición. Unha lista de tripulantes das máis completas pode ser:[8]

Other Languages