Salmos

Salmos (do grego: Psalmoi) (significaba orixinariamente "canción acompañada de arpa", de psallein "tocar un instrumento de corda", Ψαλμοί; hebreo: Teghilim, תהילים, ou "loubanzas") é un libro da Biblia hebrea ou Antigo Testamento, designa un poema cantado ao son dun instrumento musical tiñan como finalidade a oración e as celebracións do Templo de Xerusalén e doutros lugares de culto[1].

Na Biblia hebrea, os Salmos cóntanse entre as "Escrituras" ou Quetuvim (unha das tres seccións principais nas que se agrupan os libros).

O libro dos Salmos, especialmente se está impreso de forma separada e feito para o canto, tamén é chamado Salterio.

Psalms scroll.PNG

Composición do Salterio

O Salterio está dividido en 150 Salmos, Cada un dos cales constitúes unha canción relixiosa ou cántico, aínda que un ou dous son atipicamente longos e poden formar un conxunto de cánticos relacionados. Cando a Biblia foi dividida en capítulos, cada Salmo tiña asignado o seu propio capítulo. Os Salmos son ás veces chamados capítulos, aínda que esa denominación é posterior á composición dos Salmos "canónicos" en 1.500 anos.

A organización e numeración dos Salmos difire lixeiramente entre os textos manuscritos hebreos ( Textos dos masoretas) e os gregos (Biblia dos Setenta):

Salmos hebreos Salmos gregos
1-8
9-10 9
11-113 10-112
114-115 113
116 114-115
117-146 116-145
147 146-147
148-150
  • Os Salmos 9 e 10 na hebrea se xuntan no 9 grego
  • Os Salmos 114 e 115 son o 113 na versión grega
  • Os Salmos 114 e 115 gregos son o Salmo 116 no texto hebreo
  • Os Salmos 146 e 147 na grega son o 147 na versión hebrea

As tradicións cristiás varían:

  • As traducións protestantes están baseadas na numeración hebrea;
  • As traducións da ortodoxia oriental se basean na numeración grega;
  • Os textos litúrxicos oficiais dos católicos seguen a numeración grega, pero traducións modernas a miúdo usan a hebrea, engadindo algunhas veces, entre parénteses, a numeración grega.

A maioría dos manuscritos da Biblia dos Setenta tamén inclúen un Salmo 151, presente nas traducións ortodoxas; unha versión hebrea foi atopada no "Pergamiño dos Salmos" nos Manuscritos do Mar Morto. Ese pergamiño presenta os Salmos nunha orde diferente de calquera outra, á parte de poemas e himnos non canónicos.

Para o resto do artigo se utilizará a numeración hebrea dos Salmos salvo que se diga o contrario.

Other Languages