Salamanca

Salamanca
Bandera de Salamanca.svg
Escudo de Salamanca.svg
As dúas Catedris desde o Río Tormes
Praza de Anaya, La Clerecía e a Rúa MaiorCasa das Conchas
Praza Maior
De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: As catedrais e o río Tormes, Praza de Anaya vista desde a catedral, detalle da Casa de las Conchas e a Plaza Mayor.
Localización
Salamanca en España
Salamanca
Salamanca
Salamanca en Castela e León
Salamanca
Salamanca
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaSalamanca
ComarcaCampo de Salamanca
Xeografía
Altitude798 msnm
Superficie39,34 km²
Demografía
Poboación144.949 hab. (2016)
Densidade3.684,52 hab./km²
Xentiliciosalmantino/a
helmántico/a
Outros datos
Código postal37001–37008
AlcaldeAlfonso Fernández Mañueco (PP)
www.aytosalamanca.es

Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León.

Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid. Un estudo demográfico realizado no 2005 dicía que era a quinta capital de provincia máis densamente poboada por km² de España.

Salamanca é famosa sobre todo por dous motivos: por posuír unha das universidades máis antigas e prestixiosas de España (de aí o refrán "O que a natureza non dá, Salamanca non presta", "Quod natura non dat, Salamantica non prestat") e polo seu espléndido patrimonio histórico-artístico, intrinsecamente ligado á cálida e áurea pedra arenita de Villamayor.

A Universidade de Salamanca, é a universidade, en activo, máis antiga de España, fundada en 1218 por Afonso IX de León, e foi a primeira de Europa que ostentou o título de Universidade polo edicto de 1253 de Afonso X o Sabio e a bula do Papa Alexandre IV en 1255.

En 1988 a cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a Catedral Vella e a Nova, a Casa das Cunchas, a Praza Maior, o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a Semana Santa en Salamanca está declarada de Interese Turístico Internacional. No 2002 foi Capital Europea da Cultura. No 2005 acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.

Pola súa parte, o sector servizos (co turismo cultural e a Universidade) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha gran afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o castelán e asistir a diversos cursos estivais.

Historia

Antigüidade

Máis presenza que os vacceos tiveron os vetóns, que imprimiron unha forte personalidade na zona das actuais provincias de Ávila, Toledo e Salamanca.

No século III a. C., Aníbal, no seu avance por Iberia, sitia e toma a antiga cidade de Helmantica (Salamanca). Coa caída dos cartaxineses ante os romanos, consolídase a ocupación e a cidade comeza a adquirir certa importancia. Pronto se converte nun enclave comercial básico debido á súa situación como vado sobre o río Tormes, que á súa vez a converte en paso dunha das máis importantes calzadas romanas de Hispania, a Vía da Prata. Para esta calzada constrúese a ponte romana (século I) da que aínda hoxe se conserva en pé a metade norte (a outra metada tivo que ser reconstruída no século XVII tras a Ríada de San Policarpo).

Historia medieval

Coa fin do Imperio Romano, os alanos establécense en Lusitania e a cidade pasa a formar parte desta rexión. Posteriormente, os visigodos conquistan a cidade e anexiónana ao seu territorio. Téñense poucos datos sobre Salamanca na época visigoda. Pouco máis se sabe que no século IV a muralla romana se amplía con torreóns sobre o mesmo trazado, e que a fábrica da muralla anterior acabou destruída practicamente na súa totalidade. Sábese que no 589 a cidade era sede episcopal, pois figuraba entre as cidades que enviaban bispos aos concilios de Toledo.

No ano 712, coa invasión musulmá da península, Musa ibn Nusair conquista a cidade. Durante a Alta Idade Media, a zona ficou como terra de ninguén e os seus núcleos de poboación resultaban destruídos con frecuencia polas habituais incursións (algaradas) dos árabes. Salamanca quedou reducida a un núcleo carente de importancia e case despoboado. Os sucesivos intentos dos reinos cristiáns de estabilizar esta área orixinan non poucos choques coas expedicións musulmás, que provocaron diversas escaramuzas e batallas, como a de Afonso I en 754, que acaban por arrasar o que queda de urbano. A zona permanece practicamente deshabitada até que despois da importante vitoria cristiá, na batalla de Simancas do ano 939, se inicia unha tímida repoboación das ribeiras do Tormes, que non terá moito éxito ante aínda o poderoso Califato.

Tras a conquista de Toledo por Afonso VI, no ano 1085, prodúcese a repoboación definitiva da cidade. En 1102, Raimundo de Borgoña dirixiuse á cidade cun nutrido grupo de poboadores de diversas orixes, por desexo de seu sogro Afonso VI. Cada un destes grupos instalouse nunha zona diferente da cidade. Francos, serranos (das serranías de Asturias, Galicia e León), casteláns (de Burgos, Soria e a Rioxa), portugueses, mozárabes (poboacións hispano romanas ou hispano godas que abandonaran o dominio musulmán), toresanos, xudeus e galegos fundaron as súas respectivas igrexas e parroquias. Restáurase a súa Diocese (sendo o primeiro bispo Xerónimo de Perigord) e comézase a construír a catedral, a carón da cal nacen unhas escolas que serán o xermolo da Universidade.

No ano 1230, baixo o reinado de Fernando III o Santo, únense definitivamente os reinos de Castela e León.

No século XIII, o monarca Afonso IX de León outorga ás escolas catedralicias o rango de Estudo Xeral que, en 1253, se convertería en Universidade de Salamanca por real cédula de Afonso X, posteriormente ratificada polo papa Alexandre IV (1255).

O 12 de agosto de 1311 naceu entre os seus muros o único rei de Castela e León que deu a cidade, Afonso XI o Xusticeiro. Accedeu ao trono con catorce anos e conquistou Xibraltar ao mando das milicias castelán-leonesas, nas que destacaba a numerosa presenza de continxentes salmantinos.

Durante o século XV, Salamanca foi escenario de grandes rivalidades nobiliarias, articuladas en dúas bandas, que se repartiron a cidade: unha banda ía por San Benito e outra por Santo Tomé. Co auxe da Mesta, Salamanca adquiriu importancia como centro de manufacturas de panos e como exportador de la.

Historia moderna

Como o resto de núcleos históricos da Coroa que tiñan representación en Cortes, Salamanca uniuse ao movemento das Comunidades de Castela (1520) contra os novos impostos que reclamaba Carlos I nas Cortes e en defensa das súas manufacturas téxtiles contra os privilexios dos exportadores de la. Tras a derrota dos Comuneiros, o rei Carlos I fixo desmoucar as torres dos palacios dos salmantinos que se adheriran á revolta.

O século XVI foi a época de maior esplendor da cidade, tanto na demografía como na vida universitaria, grazas ao prestixio dos seus profesores, coa chamada Escola de Salamanca (calcúlase que Salamanca tiña uns 24.000 habitantes e polo 1580 matriculábanse cada ano 6.500 estudantes). Despois pasou a decadencia xeralizada das cidades da Coroa de Castela na meseta norte (12.000 habitantes en 1651).

No século XVIII tivo un importante renacemento económico e cultural, que propiciou o remate da catedral Nova (as súas obras estiveran paradas durante case un século), como a construción da súa praza maior barroca en 1729, como tamén permitiu refacer moitos dos edificios monumentais que foran danados polo terremoto de Lisboa de 1755. No aspecto cultural, tamén se notou o influxo da Ilustración dos Borbóns na Universidade no último terzo do século.

Historia contemporánea

Durante a guerra da independencia, Salamanca foi ocupada polas tropas do mariscal Soult en 1809 e ficou en mans francesas até a batalla de Arapiles (1812), na que venceron os exércitos aliados baixo o mando de Wellington. Durante a ocupación, os franceses construíron defensas e, para obter materiais, destruíron unha importante parte dos edificios salmantinos, especialmente do barrio chamado de Caídos, onde se levantaban coñecidos colexios maiores da Universidade, dos que xa non queda nada. O peor momento chegou cando Fernando VII pechou as universidades españolas. A partir da reapertura, a de Salamanca quedou reducida a unha universidade de provincias.

En 1873, tras proclamarse a Primeira República, en Salamanca produciuse un levantamento cantonalista que foi sufocado.

Salamanca en 1858

Durante o resto do século XIX a cidade experimentou unha leve recuperación ao ser feita capital de provincia e ao ser tamén construído o ferrocarril que unía Francia con Portugal, e que pasaba pola Meseta (Medina del Campo e Salamanca, 1877).

A sublevación do exército contra a Segunda República triunfa en Salamanca desde o primeiro momento. Durante a guerra civil, entre outubro de 1936 e novembro de 1937, o Palacio Episcopal foi residencia e centro de mando do xeneral Franco. A cidade foi tamén sede das organizaciones falanxistas e dalgúns ministerios.

Tras a guerra concentráronse en Salamanca os documentos incautados polo exército sublevado a medida que ían ocupando o territorio que era defendido pola República, co que se creou un gran arquivo documental sobre a guerra civil española (Arquivo Xeral da Guerra Civil Española). A parte deste arquivo pertencente a Cataluña foi trasladado a Barcelona na primavera de 2006, tras grandes disputas entre o concello salmantino e o goberno español, acompañadas de manifestacións populares. O concello de Salamanca, presidido por Julián Lanzarote (PP), cambiou o nome da rúa na que se encontra o arquivo, de «Gibraltar» (nome que homenaxeaba as milicias salmantinas que foran con Afonso XI á conquista de Xibraltar) a rúa de «El Espolio», como sinal de protesta tras o traslado dos «papeis de Salamanca» a Cataluña.

En 1940, Pío XII funda a Universidade Pontificia de Salamanca como continuación dos antigos estudos de teoloxía.

En 1988 Salamanca é declarada Cidade Patrimonio da Humanidade pola Unesco. En 1998, por acordo dos Ministros de Cultura da Unión Europea, Salamanca é designada xunto con Bruxas, Capital Europea da Cultura para o ano 2002.

Actualmente a poboación da capital salmantina, estancada desde fai unhas tres décadas, ronda os 160.000 habitantes, aínda que no 2006 descendeu en máis de 11.000 persoas con respecto ao ano 1994. Isto débese fundamentalmente ao traslado de parte da súa poboación á área metropolitana, fenómeno común a moitas outras cidades españolas, aínda que tamén hai un elevado índice de emigración a lugares como Madrid. É significativo comprobar que a provincia de Salamanca ten un alto índice de poboación envellecida respecto a datos do Estado español en xeral.

Other Languages
Afrikaans: Salamanca
Alemannisch: Salamanca
aragonés: Salamanca
asturianu: Salamanca
azərbaycanca: Salamanka
تۆرکجه: سالامانکا
žemaitėška: Salamanka (Ispanėjė)
Bikol Central: Salamanca
беларуская: Саламанка
беларуская (тарашкевіца)‎: Саляманка
български: Саламанка
brezhoneg: Salamanca
català: Salamanca
čeština: Salamanca
Cymraeg: Salamanca
dansk: Salamanca
Deutsch: Salamanca
Ελληνικά: Σαλαμάνκα
English: Salamanca
Esperanto: Salamanko
español: Salamanca
eesti: Salamanca
euskara: Salamanca
estremeñu: Salamanca
فارسی: سالامانکا
suomi: Salamanca
français: Salamanque
Gàidhlig: Salamanca
客家語/Hak-kâ-ngî: Salamanca
Hawaiʻi: Salamanca
עברית: סלמנקה
हिन्दी: सालामानका
hrvatski: Salamanca
magyar: Salamanca
Bahasa Indonesia: Salamanca
íslenska: Salamanca
italiano: Salamanca
日本語: サラマンカ
ქართული: სალამანკა
қазақша: Саламанка
한국어: 살라망카
Latina: Salmantica
Ladino: Salamanka
Lëtzebuergesch: Salamanca
lietuvių: Salamanka
latviešu: Salamanka
Bahasa Melayu: Salamanca
Mirandés: Salamanca
Dorerin Naoero: Salamanca
Nederlands: Salamanca (stad)
norsk nynorsk: Salamanca
norsk: Salamanca
occitan: Salamanca
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਾਲਾਮਾਨਕਾ
polski: Salamanka
پنجابی: سلمانکا
português: Salamanca
Runa Simi: Salamanca
română: Salamanca
русский: Саламанка
संस्कृतम्: सालामान्का
Scots: Salamanca
srpskohrvatski / српскохрватски: Salamanca
Simple English: Salamanca
slovenščina: Salamanca
српски / srpski: Саламанка
தமிழ்: சலமன்கா
Türkçe: Salamanca
українська: Саламанка
oʻzbekcha/ўзбекча: Salamanka
Tiếng Việt: Salamanca
Volapük: Salamanca
Winaray: Salamanca
吴语: 萨拉曼卡
中文: 萨拉曼卡
Bân-lâm-gú: Salamanca
粵語: 薩拉曼卡