Sésamo

Planta de sésamo

O sésamo[1] (Sesamum indicum) é unha planta cultivada polas súas sementes ricas en aceite, que se empregan en gastronomía, como por exemplo no pan para hamburguesas. Tamén é empregado para a elaboración de doces. É orixinario da India e de África, dende onde chegou a América transportada polos escravos, os cales utilizaban as súas sementes para espesar e dar sabor aos pratos. Nos estados sureños dos EUA e no Caribe, onde o sésamo foi introducido por escravos africanos, coñécese polo seu nome africano: benne.

Cerca dun terzo do sésamo importado por EUA de México é adquirido por McDonald's para usar en comidas (The Nut Factory 1999).[2]

As mulleres da antiga Babilonia comían halva, unha mestura de mel e sementes de sésamo, para prolongar a súa xuventude e beleza; e os soldados de Roma facían o mesmo para aumentar a súa fortaleza e enerxía.[3]

Composición nutricional

As sementes de sésamo posúen unha elevada cantidade de proteínas, ademais de ser ricas en metionina, un aminoácido esencial. As graxas que contén son insaturadas, é dicir 'boas', o que xunto ao seu contido de lecitina e fitoesterois convérteas nun alimento que contribúe a reducir o nivel de colesterol sanguíneo. Igualmente son destacables os seus altos niveis de calcio (que intervén na formación de ósos e dentes), de ferro (que desempeña numerosas e importantes funcións no organismo), así como de zinc (mineral que participa no metabolismo dos hidratos de carbono, as graxas e as proteínas, e incluso prevén a impotencia masculina). Aproximadamente, 100 gramos de sementes de sésamo cru ten:

  • 598 calorías ( kcal)
  • 20 g de proteína
  • 58 g de graxas insaturadas
  • 670 mg de calcio
  • 10 mg de ferro
  • 5 mg de zinc

Ademais de vitaminas dos grupos B e E.[4]

Tamén contén lignanos, incluíndo a sesamina, un fitoestróxeno con propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. Entre os aceites comestibles de seis especies, o de sésamo ten o maior contenido antioxidante.[5]

As sementes de sésamo posúen tamén boas cantidades de fibra, polo que o seu consumo resulta beneficioso para a regulación da función intestinal.

Other Languages
Afrikaans: Sesam
አማርኛ: ሰሊጥ
العربية: سمسم
ܐܪܡܝܐ: ܫܘܫܡܬܐ
অসমীয়া: তিল
asturianu: Sesamum indicum
azərbaycanca: Hind küncütü
Bikol Central: Langa
беларуская: Кунжут
български: Сусам
বাংলা: তিল
bosanski: Susam
català: Sèsam
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Ciĕ-muài
čeština: Sezam indický
Cymraeg: Sesame
dansk: Sesam
Deutsch: Sesam
Zazaki: Kuncı
ދިވެހިބަސް: ތިލެޔޮކޯޅި
Ελληνικά: Σουσάμι
English: Sesame
Esperanto: Hindia sezamo
español: Sesamum indicum
euskara: Sesamo
فارسی: کنجد
suomi: Seesami
français: Sésame
Gaeilge: Seasaman
ગુજરાતી: તલ
Hausa: Riɗi
עברית: שומשום
हिन्दी: तिल
hrvatski: Indijski sezam
hornjoserbsce: Indiski sezam
Kreyòl ayisyen: Wowoli
magyar: Szezámmag
հայերեն: Քունջութ
Bahasa Indonesia: Wijen
Ido: Sezamo
íslenska: Sesamjurt
italiano: Sesamum indicum
日本語: ゴマ
Basa Jawa: Wijèn
ಕನ್ನಡ: ಎಳ್ಳು
한국어: 참깨
kurdî: Kuncî
Кыргызча: Кунжут
lingála: Wangila
lietuvių: Indinis sezamas
latviešu: Sezams
मैथिली: कारी तिल
македонски: Сусам
മലയാളം: എള്ള്
मराठी: तीळ
Bahasa Melayu: Bijan
မြန်မာဘာသာ: နှမ်း
مازِرونی: کانجی
नेपाली: कालो तिल
Nederlands: Sesam
norsk nynorsk: Sesam
norsk: Sesam
occitan: Sesam
ਪੰਜਾਬੀ: ਤਿਲ
Kapampangan: Langis
پنجابی: سمسم
português: Sesamum indicum
română: Susan
armãneashti: Susami
संस्कृतम्: तिलः
sicilianu: Sesamum indicum
Scots: Sesame
سنڌي: تر (ٻج)
srpskohrvatski / српскохрватски: Sezam
Simple English: Sesame
српски / srpski: Сусам
Sranantongo: Abongra
Basa Sunda: Wijén
svenska: Sesam (växt)
தமிழ்: எள்
తెలుగు: నువ్వులు
Tagalog: Linga
Türkçe: Susam
українська: Кунжут
اردو: تل
oʻzbekcha/ўзбекча: Kunjut
Tiếng Việt: Vừng
West-Vlams: Sesam
Vahcuengh: Lwgraz
中文: 芝麻
粵語: 芝蔴