Sébastien Loeb

Sébastien Loeb
Sébastien Loeb - 2009 Rally Australia.jpg
Nacemento26 de febreiro de 1974
 Haguenau
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpiloto de rally
Premioscabaleiro da Lexión de Honra e L'Équipe Champion of Champions
editar datos en Wikidata ]
Festival automobile international 2012 - Photocall - Sébastien Loeb - 022.jpg

Sébastien Loeb, nado o 26 de febreiro de 1974 en Haguenau, Alsacia (Francia), é un piloto francés de rally que compite no Campionato do Mundo de Rallyes co equipo Citroën World Rally Team. É o piloto máis premiado da historia do automobilismo. Posúe o récord de títulos no Campionato Mundial de Rally con 9 campionatos, todos consecutivos (2004-2012), e o récord de vitorias en rallyes con 75 triunfos. Gañou todas as carreiras sobre asfalto desde 2005 excepto tres (Montecarlo 2006, Alemaña 2011 e Francia 2011). O seu copiloto é o monegasco Daniel Elena. Participou tamén noutras disciplinas automobilísticas como as 24 horas de Le Mans en dúas ocasións, 2005 e 2006.

Debutou no mundial no Rally de España de 1999. Gañou tamén o Campionato de Francia de Rally (2001) e o Campionato Mundial de Rally Júnior en 2001. Reside en Suíza, no cantón de Vaud. Casou en 2005 con Séverine Mény.

Traxectoria

Inicios en competición

Na súa xuventude, Loeb era un ximnasta de alto nivel e foi catro veces campión de Alsacia. Fixo as súas primeiras carreiras de rally en 1995, cando participou na operación "Rallye Jeunes", a cal se suspendeu a dúas carreiras do final. Observado por Dominique Heintz e Rémi Mammosser, entrou a formar parte, en 1997, do seu equipo "Ambition Sport Auto". Despois de varias vitorias nos rallys rexionais, pasou rapidamente a probas nacionais e adxudicouse catro carreiras nas que participou na categoría de 1300 cm3. Ao finalizar a temporada foi escollido como a Esperanza do Ano .

En 1999 logrou o Trofeo Citroën Saxo Kit Car e en 2000 logrou o Campionato de Francia de Rally Tierra. Citroën ofreceulle un Xsara Kit Car para participar no Rally do Var, o cal gañou. Tras esta vitoria, foi contratado por Citroën para competir no Campionato de Francia 2001. Nesa tempada alcanzou o Campionato de Francia de Rally Asfalto con seis vitorias e o Campionato Mundial Junior (JWRC) con cinco vitorias

Other Languages
asturianu: Sébastien Loeb
български: Себастиан Льоб
čeština: Sébastien Loeb
español: Sébastien Loeb
français: Sébastien Loeb
hrvatski: Sébastien Loeb
Bahasa Indonesia: Sébastien Loeb
italiano: Sébastien Loeb
Basa Jawa: Sébastien Loeb
lumbaart: Sébastien Loeb
lietuvių: Sébastien Loeb
Nederlands: Sébastien Loeb
norsk nynorsk: Sébastien Loeb
português: Sébastien Loeb
română: Sébastien Loeb
srpskohrvatski / српскохрватски: Sébastien Loeb
slovenčina: Sébastien Loeb
slovenščina: Sébastien Loeb
српски / srpski: Себастјен Леб
Türkçe: Sébastien Loeb
українська: Себастьян Льоб