Rugby

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O rugby é un deporte de contacto orixinario de Inglaterra no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de ensaio rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo, chamándoselle rugby en Galicia ó rugby union por ser a única disciplina que conta con practicantes, equipos, competicións e federación na comunidade autónoma. Esta é a modalidade mais estendida no mundo, e a súa característica principal é que os equipos contan con quince xogadores cada un.

O deporte do rugby toma o seu nome da cidade inglesa na que naceu, sendo a súa orixe as primitivas regras do fútbol escritas no Rugby School no século XIX. Nos tempos actuais a súa práctica está moi estendida nas Illas Británicas, en países con pasado colonial británico como Australia, Suráfrica e Nova Zelandia, e noutros países como Francia, Italia e Arxentina. Outros países como Estados Unidos, Canadá, Xapón, Samoa, Fidxi, Tonga, Uruguai, Namibia, Xeorxia ou Romanía tamén participan frecuentemente en torneos internacionais de primeiro nivel como a Copa do Mundo de Rugby, que se disputa cada catro anos. Outros torneos de gran importancia a nivel de seleccións nacionais son o Seis Nacións e o Rugby Championship que se disputan cada ano. A nivel de clubs os torneos mais salientables son o Super Rugby e a Champions Cup.

A entidade reguladora do rugby a nivel mundial e a World Rugby, fundada en 1886, e cuxa sede está en Dublín (Irlanda).

Historia

The Rugby School

A súa invención atribúese miticamente [1] a William Webb Ellis, estudante de teoloxía da inglesa escola de Rugby, de onde toma o seu nome, en 1823, tras tomar a pelota coas mans nun partido de fútbol e cargar contra os adversarios.

Porén, os seus antecedentes remotos están nos innumerables xogos de pelota que se practicaban en todas as épocas e por todo o mundo. Así, existen xa no antigo Exipto, na Grecia clásica (pheninde, épiscyre e aporrhaxis), algún nomeado en A Ilíada. O haspartum foi practicado polos lexionarios romanos. Durante a época medieval atopamos rastro do xogo na soule ó oeste de Francia e do barette ó sur. O calcio xógase en Italia, e nas Illas Británicas practicábanse xogos como o hurling en Cornualles e Irlanda, o camp ball de East Anglia, o knappam en País de Gales e o ba' game dos Borders escoceses. Estes xogos carecían de regras aparentes e non era raro que durante a súa celebración, que se prolongaba durante días, se producise algún morto.

Cuberta orixinal das primeiras regras de rugby, so a denominaciñon xenérica de football

O primeiro club de rugby é o Guy's Hospital e foi fundado en Inglaterra no ano 1843. As primeiras regras escritas datan de 1845; e a primeira federación, a inglesa (Rugby Football Union), constitúese o 26 de xaneiro de 1871. O primeiro partido internacional dispútase ese mesmo ano entre Inglaterra e Escocia en Edimburgo. En 1877 o número de xogadores redúcese de 20 a 15. Exemplo da influencia británica no rugby atopámolo co torneo con máis carisma no mundo do rugby, o Torneo das Seis Nacións é o herdeiro directo do 4 nacións que enfrontaba ás 4 seleccións británicas. A partir de Inglaterra, o rugby popularizouse rapidamente no País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia. Estes países difundírono polas súas colonias e outros países, arraigando especialmente en Suráfrica, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, Uruguai e as Illas do Pacífico Sur. É aceptado que entre os aborígenes de Oceanía, o rugby substituíu as guerras tribales. Os maorís neozelandeses son un pobo especialmente dotado para o rugby, estando a selección de Nova Zelandia (os míticos "All Blacks") chea de xogadores desta ascendencia. En homenaxe a eles, esta selección empeza os seus partidos coa representación dunha danza tribal de guerra denominada "haka".

Other Languages
Afrikaans: Rugby
Alemannisch: Rugby
aragonés: Rugby
العربية: رغبي (رياضة)
مصرى: رغبى
asturianu: Rugbi
azərbaycanca: Reqbi
башҡортса: Регби-футбол
Boarisch: Rugby
беларуская: Рэгбі
беларуская (тарашкевіца)‎: Рэгбі
български: Ръгби
বাংলা: রাগবি
brezhoneg: Rugbi
bosanski: Ragbi
català: Rugbi
нохчийн: Регби-футбол
کوردی: ڕەگبی
čeština: Ragby
Чӑвашла: Регби
Cymraeg: Rygbi
dansk: Rugby
Deutsch: Rugby
ཇོང་ཁ: རག་བི
Ελληνικά: Ράγκμπι
Esperanto: Rugbeo
español: Rugby
eesti: Ragbi
estremeñu: Rugby
فارسی: راگبی
suomi: Rugby
français: Rugby (sport)
Frysk: Rugby
Gaeilge: Rugbaí
Gàidhlig: Rugbaidh
Gaelg: Ruggyr
עברית: רוגבי
hrvatski: Ragbi
Kreyòl ayisyen: Rigbi
magyar: Rögbi
հայերեն: Ռեգբի
interlingua: Rugby
Bahasa Indonesia: Sepak bola rugbi
Ilokano: Rugby
íslenska: Ruðningur
italiano: Rugby
日本語: ラグビー
ქართული: რაგბი
Kabɩyɛ: Rugbii
қазақша: Регби
한국어: 럭비
kernowek: Rugby
Lëtzebuergesch: Rugby
лакку: Регби
Ligure: Rugby
lingála: Rugby
lietuvių: Regbis
latviešu: Regbijs
македонски: Рагби
മലയാളം: റഗ്‌ബി
монгол: Регби
Bahasa Melayu: Ragbi
Mirandés: Ráguebi
Nedersaksies: Rugbie
Nederlands: Rugby (balspel)
norsk nynorsk: Rugby
Nouormand: Rugby
occitan: Rugbi
Picard: Rugbi
Piemontèis: Rugby
پنجابی: رگبی
português: Rugby
română: Rugby
русский: Регби-футбол
sardu: Rugby
sicilianu: Rugby
srpskohrvatski / српскохрватски: Ragbi
Simple English: Rugby football
slovenščina: Ragbi
Gagana Samoa: Lakapi
српски / srpski: Рагби
svenska: Rugby
Kiswahili: Raga
Tagalog: Rugbi
Türkçe: Ragbi
татарча/tatarça: Регби
українська: Регбі
اردو: رگبی
oʻzbekcha/ўзбекча: Regbi
vèneto: Regbi
Tiếng Việt: Bóng rugby
Winaray: Rugby futbol
isiXhosa: Ibhola yombhoxo
მარგალური: რაგბი
Bân-lâm-gú: La-gú-bih
粵語: 欖球
isiZulu: Umbhoxo