Rodrigues

Rodrigues
Flag of Rodrigues.gif
Bandeira de Rodrigues.
Vista da illa
Rodrigues 76.jpg
Datos
CapitalPort Mathurin
PaísIllas Mauricio
LocalizaciónOcéano Índico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2006)40.000 hab
Superficie109 km²
Densidade
Coordenadas19°43′S 63°25′L / 19°43′S 63°25′L / -63.417
Maior Altura398 m. Monte Limon
Localización
Localización da illa

Rodrigues é unha das Illas Mascareñas e depende das Illas Mauricio. Localízanse a 560 km o leste de Mauricio, no medio do Océano Índico. Teñen unha área de 109 km² e está rodeada por un arrecife de corais. A súa capital é Port Mathurin.En 1996 a illa contaba cunha poboación de 35000 persoas. O idioma principal é o creole mauriciano, mentres que o francés e o inglés son falados e entendidos pola maioría dos habitantes. A principal relixión é o catolicismo, aínda que existe unha minoría de Protestantes e Testemuñas de Xehová. A maioría dos seus habitantes son de descendencia africana e francesa. A industria basease en serradoiros, granxas e no turismo.Considerase coma o décimo distrito de Mauricio.

Historia

Situación xeográfica das illas.

Desde o século X, os navegantes árabes visitaron as Illas Mascareñas. Un mapa do século XII do xeógrafo árabe Ash-Sharif al-Idrisi, mostra claramente as tres illas das Mascareñas como Dina Arobi (Mauricio), Dina Margabin ( Reunion) e Dina Morazé (Rodrigues). A illa foi nomeada logo polo navegante portugués Diogo Rodrigues en 1528.

Desde 1601, os neerlandeses comezaron a visitar a illa, para a subministración de alimentos frescos. En 1691, o hugonote, François Leguat e 7 compañeiros desembarcaron na illa, coa intención de crear unha colonia agrícola de refuxiados protestantes. A agricultura non tivo éxito, pero hai unha gran cantidade de tartarugas, aves, peixes e outros mariscos.

Durante o século XVIII fixéronse varios intentos dos franceses para desenvolver a illa. Escravos (antepasados da poboación actual) foron levados a Rodrigues para desenvolver a gandería e a agricultura.

En 1809, logo dunha breve batalla cos franceses, o exército inglés, tomou posesión de Rodrigues. E coa ocupación británica, a escravitude foi abolida.

En 1883, a erupción do volcán indonesio Krakatoa oíuse en Mauricio, foi descrita como "o ruxido da artillería pesada". Forzas navais foron rapidamente enviadas ao lugar. Logo de ser oído desde aproximadamente 3000 millas (5000 km.) de distancia do outro lado do Océano Índico, o ruído era o son máis forte na historia.

En 1968, Rodrígues uniuse a Mauricio cando obtivo a independencia, hoxe é unha rexión autónoma de Mauricio.

En 2002, a illa converteuse na sede da Igrexa católica Romana Vicariato Apostólico de Rodrigues.

Other Languages
Afrikaans: Rodrigues
башҡортса: Родригес (утрау)
беларуская: Радрыгес (востраў)
brezhoneg: Rodrigez
čeština: Rodrigues
dansk: Rodrigues
Zazaki: Rodrigues
English: Rodrigues
español: Isla Rodrigues
euskara: Rodrigues
suomi: Rodrigues
français: Rodrigues
Bahasa Indonesia: Rodrigues
italiano: Rodrigues
lietuvių: Rodrigesas
кырык мары: Родригес ошмаоты
Nederlands: Rodrigues (eiland)
norsk nynorsk: Rodrigues
norsk: Rodrigues
polski: Rodrigues
português: Rodrigues (ilha)
Scots: Rodrigues
српски / srpski: Родригеш
svenska: Rodrigues
Türkçe: Rodrigues
українська: Родригес (острів)
اردو: روڈریگس
Yorùbá: Rodrigues