Rocha sedimentaria

Mostra dunha rocha sedimentaria preparada para a súa observación.

As rochas sedimentarias son rochas que se forman por acumulación de sedimentos que, sometidos a procesos físicos e químicos, resultan nun material de certa consistencia. A toda esa serie de procesos de sedimentación e consolidación coñécese por diaxénese.

Formación

Na súa formación poderíanse diferenciar catro fases:

  • Meteorización. Destrución das rochas sólidas existentes por razón física, química ou biolóxica.
  • Transporte. O carrexar dos fragmentos por diversos medios de arrastre tales como auga (rochas hidratóxenas), vento (rochas eólicas) ou xeo (cantos estriados).
  • Sedimentación. Por diversas causas prodúcense cambios físico-químicos nos sedimentos a presión e temperaturas normais.
  • Consolidación. Formación de rochas totalmente novas.

Poden formarse ás beiras dos ríos, no fondo de cantís, vales, lagos e mares, e nas desembocaduras dos ríos. Áchanse formando capas ou estratos.

Representan máis do 75% das rochas que se atopan na codia terrestre, e moitas están formadas a partir de pequenos anacos doutras rochas. Están dispostas cubrindo unha sobase formada por rochas ígneas e, en menor cantidade, rochas metamórficas. Mais o seu volume total é pequeno comparándoo sobre todo coas ígneas, que non só forman a maior parte da codia terrestre, senón a totalidade.

As rochas sedimentarias caracterízanse por dous trazos relevantes:

  • Presentan unha estrutura estratificada, con capas producidas polo proceso de sedimentación, descontinuo e progresivo. Chámanse estratos esas capas.
  • Contén xeralmente fósiles, cando non están directamente formadas por fósiles. Os procesos magmáticos destrúen os restos dos seres vivos, o mesmo que os procesos metamórficos, agás os máis suaves.

En xeral, estas rochas son estratificadas, integradas por elementos que se dispoñen desordenadamente, sen estar ben unidos entre si, dando lugar a rochas pouco coherente e friábeis. Ademais as rochas sedimentarias adoitan ser máis ou menos permeábeis, sobre todo as detríticas, o que favorece as circulación ou depósito de auga subterránea e outro fluídos, como os hidrocarburos.

Other Languages
العربية: صخر رسوبي
беларуская (тарашкевіца)‎: Асадкавыя горныя пароды
eesti: Settekivim
فارسی: سنگ رسوبی
עברית: סלע משקע
हिन्दी: अवसादी शैल
Bahasa Indonesia: Batuan sedimen
íslenska: Setberg
日本語: 堆積岩
한국어: 퇴적암
Lëtzebuergesch: Sediment
latviešu: Nogulumieži
македонски: Седиментна карпа
മലയാളം: അവസാദശില
Bahasa Melayu: Batuan enapan
မြန်မာဘာသာ: အနည်ကျကျောက်
Plattdüütsch: Sedimentit
norsk nynorsk: Sedimentær bergart
ਪੰਜਾਬੀ: ਤਲਛਟੀ ਚਟਾਨ
پنجابی: بیٹھی پڑی
português: Rocha sedimentar
srpskohrvatski / српскохрватски: Sedimentne stijene
Simple English: Sedimentary rock
slovenčina: Usadená hornina
slovenščina: Sedimentne kamnine
српски / srpski: Седиментне стене
Basa Sunda: Batu tamperan
oʻzbekcha/ўзбекча: Choʻkindi togʻ jinslari
Tiếng Việt: Đá trầm tích
中文: 沉积岩
Bân-lâm-gú: Tui-chek-giâm