Rocamadour

Rocamadour
Ròc Amador
Heraldique Blason ville fr Rocamadour (Lot).svg
Rocamadour3 082005.jpg
Localización
Rocamadour en Francia
Rocamadour
Rocamadour
PaísFrancia Francia
DepartamentoLot
RexiónMediodía-Pireneos
Xeografía
Altitude279 msnm
Superficie48,23 km² km²
Demografía
Poboación656 hab. (2011)
Densidade13 hab./km²
Outros datos
Código postal46500
AlcaldePascal Jallet 2008-2014
Rocamadour

Rocamadour (en francés e oficialmente) ou Ròc Amador (en occitano) é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Lot, na rexión de Mediodía-Pireneos. Atópase ao leste da cidade de Bordeos e ao norte da cidade de Montauban. Forma parte dun val aberto na montaña calcaria do Causse polo río Alzou.

O seu nome vén das reliquias de San Amador cuxo corpo, presuntamente incorrupto, foi atopado por monxes Bieitinos no interior do santuario mariano, no ano 1162.

Este poboado, debido á gran beleza da súa situación, faino apta para os artistas e excita a curiosidade dos arqueólogos; pero o seu reputación provén especialmente do soado santuario da Virxe Negra, que durante séculos atraeu peregrinos de todos os países, entre eles reis, bispos, e nobres.

Reis como Luís IX de Francia, Henrique II de Inglaterra e Afonso III de Portugal, ou predicadores como Domingos de Guzmán ou Antonio de Padua, mariños como Jacques Cartier, o compositor Francis Poulenc, descoñecidos ou famosos, moitos subiron a gran escaleira.[1]

A cidade tamén dá o seu nome Rocamadour ao queixo de leite con denominación de orixe, desde o ano 1996, o cal elabórase cun certo tipo de cabra.

Aínda que os peregrinos da Idade Media fixeron o camiño de Santa María de Rocamadour, o novo camiño de Santiago, elixido no século XX grazas aos camiños de excursión chamados GR, transformou esta dirección nunha variante do camiño do Puy-en-Velay, unha das variantes do Camiño francés. Ao longo deste novo carreiro, pódense atopar bastantes tallas adicadas á Virxe Negra.

A localidade é membro da asociación «Réseau Grands Sites de France», aínda que aínda non mereceu a distinción de Grand site de France.

Demografía

Evolución demografica
1962 1968 1975 1982 1990 1999 2006 2011
590 625 599 627 627 614 630 656
Other Languages
беларуская: Ракамадур
беларуская (тарашкевіца)‎: Ракамадур
brezhoneg: Ròcamador
català: Ròcamador
Cebuano: Rocamadour
English: Rocamadour
Esperanto: Rocamadour
español: Rocamadour
euskara: Ròcamador
suomi: Rocamadour
français: Rocamadour
Frysk: Rocamadour
magyar: Rocamadour
Հայերեն: Ռոկամադուր
italiano: Rocamadour
Bahasa Melayu: Rocamadour
Nederlands: Rocamadour
polski: Rocamadour
Piemontèis: Rocamadour
português: Rocamadour
română: Rocamadour
русский: Рокамадур
slovenčina: Rocamadour
српски / srpski: Рокамадур
svenska: Rocamadour
українська: Рокамадур
Tiếng Việt: Rocamadour
Volapük: Rocamadour
Winaray: Rocamadour
Bân-lâm-gú: Rocamadour