Robert E. Howard

Robert E. Howard
Robert E Howard suit.jpg
Nome completoRobert Ervin Howard
AlcumePatrick Ervin, Sam Walser, Patrick Mac Conaire, Steve Costigan, Patrick Howard e John Taverel
Nacemento22 de xaneiro de 1906
LugarPeaster, Texas, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento11 de xuño de 1936 (30 anos)
LugarCross Plains, Texas
SoterradoGreenleaf Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniairlandoamericano
Alma máterHoward Payne University
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, escritor de ciencia ficción e poeta
XénerosFicción, poesía
Coñecido/a porThe Hour of the Dragon, Worms of the Earth e Pigeons from Hell
Robert Howard signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Robert Ervin Howard, nado en Peaster (Texas) o 22 de xaneiro de 1906 e finado en Cross Plains o 11 de xuño de 1936, foi un escritor estadounidense de aventuras históricas e fantásticas, publicadas principalmente na revista Weird Tales na década de 1930.

Traxectoria

Era fillo de Isaac Mordecai Howard e Hester Jane Ervin Howard. A súa familia viviu en diversas localidades de Texas e o oeste de Oklahoma antes de asentarse en Cross Plains, no centro de Texas, en 1919.

Escribiu historias de varios xéneros, pero a súa creación máis coñecida é a saga de Conan, que apareceu por vez primeira en decembro de 1932 no relato "O fénix na espada" (The Phoenix on the Sword), escrito dez meses antes.

Outros personaxes creados por Howard son o rei Kull of Atlantis, o aventureiro puritano inglés Solomon Kane ou o xefe picto Bran Mak Morn, que loita contra a invasión romana en Britania. Tamén creou a guerreira Red Sonya, malia que este personaxe, orixinalmente creado para un relato situado no século XVI, é máis coñecido debido á súa inclusión na saga de cómics de Conan na década de 1970, onde aparece co nome de Red Sonja.

Howard escribiu outras ficcións históricas. Nunha delas involucra un personaxe ficticio coas loitas de Shirkuh, Shawar e Amalarico polo control de Exipto, e remata na primavera de 1167 cunha batalla de Saladino. Entre as diversas obras de horror, tratou o tema dos zombis e a maxia negra do sur dos Estados Unidos.

Howard coincidiu con outros autores da época como Lovecraft (quen pola súa orixe texana o chamaba "Two-Gun Bob") e Clark Ashton Smith, que influíron na súa obra desde o que se viu chamando o « Círculo de Lovecraft». Así, os protagonistas dalgúns relatos compartían aventuras coas criaturas ideadas por Lovecraft e viceversa.

Tras saber que a súa nai entrara en coma debido á tuberculose, Howard suicidouse a mañá do 11 de xuño de 1936, disparándose na cabeza cun Colt do 38. Faleceu pola tarde, e a súa nai fíxoo o día seguinte. Foron soterrados no cementerio de Greenleaf, en Brownwood.

Other Languages