Robert A. Heinlein

Robert A. Heinlein
Heinlein-face.jpg
Robert A. Heinlein (1976) na World Science Fiction Convention en Kansas City
Nome completoRobert Anson Heinlein
AlcumeAnson MacDonald, Lyle Monroe, John Riverside, Caleb Saunders e Simon York
Nacemento7 de xullo de 1907
 Butler
Falecemento8 de maio de 1988
 Carmel-by-the-Sea
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Alma máterAcademia Naval dos Estados Unidos
OcupaciónEscritor, novelista, guionista, crítico literario e escritor de ciencia ficción
CónxuxeElinor Curry (m. 1929, divorciado)

Leslyn MacDonald (m. 1932–1947, divorciado)

Virginia Ginny Gerstenfeld (m. 1948-1988)
Período1939–1988
Xénerosficción científica
ObrasStarship Troopers
Stranger in a Strange Land
Coñecido/a porFarnham's Freehold, Starship Troopers e Stranger in a Strange Land
InfluenciasH. G. Wells • James Branch Cabell • Edgar Rice BurroughsRudyard KiplingMark TwainAyn Rand
InfluíuAllen Steele • Spider Robinson • George R. R. MartinLarry Niven • Jerry Pournelle • Tom Clancy • James Wesley Rawles • John Varley • Neil Gaiman
PremiosPrometheus Award - Hall of Fame, Inkpot Award, Damon Knight Memorial Grand Master Award, Premio Hugo á mellor novela, Premio Hugo á mellor novela, Premio Hugo á mellor novela, Premio Hugo á mellor novela, Prometheus Award - Hall of Fame, Prometheus Award - Hall of Fame, Prometheus Award - Hall of Fame, Prometheus Award - Hall of Fame, Prometheus Award - Hall of Fame e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
Robert A Heinlein signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Robert Anson Heinlein, nado o 7 de xullo de 1907 e finado o 8 de maio de 1988, foi un escritor de ficción científica norteamericano considerado por algúns críticos entre os tres mellores de tódolos tempos (xunto con Asimov e Clarke).

Traxectoria

Heinlein nace o 7 de xullo de 1907, en Cutler, un pequeno pobo do condado de Bates, Missouri. Era o terceiro de sete irmáns, catro homes e tres mulleres. Pouco despois do seu nacemento a familia múdase a Kansas City, onde se cria e recibe a súa educación básica. Continúa os seus estudos na Academia Naval de Annapolis ata 1929, cando se titula como enxeñeiro mecánico. O seu primeiro destino é o USS Lexington, un dos dous primeiros portaaeronaves da armada estadounidense.

A súa andaina militar remata cedo, en 1934 e con 27 anos, cando o retiran como non apto para o servizo por motivos médicos. Cásase en 1932 con Leslyn MacDonald e atopáse entón nos Angeles, retirado cunha pequena pensión, que non lle chega para manterse. Ata 1939 adícase a diversas ocupacións, entre elas unha breve incursión na política. Neste ano comeza a publicar ciencia ficción, co envío á revista Astounding Science-fiction do relato A liña da vida (Lifeline). En dous anos acada a fama no mundo da ciencia ficción, pero entón o seu país entra na Segunda Guerra Mundial e Heinlein deixa a literatura para unirse de novo á Armada. Con todo volven a rexeitalo por motivos médicos. Finalmente consegue colaborar no esforzo bélico traballando como enxeñeiro civil na "Naval Air Experimental Station", preto de Filadelfia, un laboratorio de materiais da Armada. En canto a contenda termina, deixa o laboratorio, volve a California e busca axentes literarios para introducirse en novos mercados. E consegue o que quere, chegando a publicar no Saturday Evening Post, a revista que mellor paga e a máis prestixiosa da época. Isto supón un pulo para o xénero da ciencia ficción, que comeza así, da man de Heinlein, a saír do gueto.

Neste período Heinlein empeza a escribir os chamados "libros xuvenís", libros de aventuras para adolescentes. Tamén nestes anos complícase a súa situación persoal, chegando en 1948 a divorciarse de Leslyn. Enseguida volve a contraer matrimonio, con Virxinia Doris Gerstenfeld, á que coñecera no seu traballo durante a guerra. Este matrimonio durará ata o final da súa vida e Virxina converteráse ademais na principal colaboradora de Heinlein no seu traballo.

Instálase con ela en Colorado Springs e continúa escribindo. En 1948 crea un guión que foi levado ao cine coa súa colaboración o ano seguinte baixo o título Con destino á Lúa (Destination Moon). Durante os anos 50 conqueriu dous premios Hugo, un en 1956 por Estrela dobre (Double Star) e outro en 1959 por Tropas do Espazo (Starship Troopers), novela que, para sorpresa de Heinlein resulta polémica á vez que exitosa. En 1960 finaliza unha das súas obras máis importantes, Forasteiro en terra estraña (Stranger In A Strange Land) extensa novela que recorta a petición do editor e que a pesar diso gaña o premio Hugo de 1962.

En 1965 os Heinlein voltan a California, esta vez a Santa Cruz. En 1967 gaña de novo o Hugo por A lúa é unha cruel amante (The Moon Is A Harsh Mistress). En 1970 unha peritonitis case acaba coa súa vida, pero recupérase e en 1973 publica Tempo para amar (Time Enough For Love). Durante os anos seguintes Heinlein interrompe a súa produción de ficción, ata que en 1980 publica O número da besta (The Number of The Beast). Seguirana outras catro novelas ata que o 8 de maio de 1988 falece apaciblemente mentres dorme. As súas cinzas foron esparexidas sobre o Oceáno Pacífico, e as de Virxinia seguírono cando morreu en 2003.

Literatura: estilo e características

Gañou catro premios Hugo por Estrela dobre (1956), Tropas do espazo (1960), Forasteiro en terra estraña (1962) e A lúa é unha cruel amante (1967). Foi elixido en 1974 Gran Mestre pola Asociación de escritores de ficción científica e fantasía de Estados Unidos (SFWA), converténdose así no primeiro galardoado con esta distinción.

Habitualmente rigoroso en canto á base científica nas súas historias, ata as súas historias de fantasía conteñen unha estrutura científica lóxica. Unha das características que definen a súa escritura foi o introducir na temática da ficción científica a administración, a política, a economía, a lingüística, a socioloxía e a xenética. Foi tamén un dos abandeirados do individualismo, o cal quedaba reflectido na riqueza dos personaxes (exemplo claro é Lazarus Long), tanto en coñecementos, como en habilidades.

Outro dos temas recorrentes neste autor é cuestionar os costumes contemporáneos, culturais, sociais e sexuais, describindo sociedades con ideais bastante afastados dos da sociedade occidental da súa época. Estas ideas reflíctense en varios dos seus libros, como en Forasteiro en terra estraña ou O número da besta (1980).

Other Languages
azərbaycanca: Robert Haynlayn
беларуская: Роберт Хайнлайн
български: Робърт Хайнлайн
Bahasa Indonesia: Robert A. Heinlein
Bahasa Melayu: Robert A. Heinlein
Nederlands: Robert Heinlein
português: Robert A. Heinlein
srpskohrvatski / српскохрватски: Robert A. Heinlein
Simple English: Robert A. Heinlein
slovenčina: Robert A. Heinlein
српски / srpski: Robert A. Hajnlajn
татарча/tatarça: Robert A. Heinlein
українська: Роберт Гайнлайн
Tiếng Việt: Robert A. Heinlein