Rinocerontes

Rinocerontes
Rango fósil: Eoceno - Actualidade
Rinoceronte negro (Diceros bicornis) no Zoo de Saint Louis
Rinoceronte negro (Diceros bicornis) no Zoo de Saint Louis
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Infraclase:Eutheria
Orde:Perissodactyla
Suborde:Ceratomorpha
Superfamilia:Rhinocerotoidea
Familia:Rhinocerotidae
Gray, 1820
Xéneros actuais

Os rinocerótidos (Rhinocerotidae, do grego ρινός (rinós), "nariz" e κερος (keros), "corno"), coñecidos co nome de rinocerontes, son unha familia de mamíferos placentarios da suborde ceratomorfos pertencente á orde dos perisodáctilos.

Hoxe en día sobreviven cinco especies:

Segundo a clasificación de estado de conservación confeccionada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza, as especies de rinocerontes de Xava, Sumatra e o rinoceronte negro atópanse en "perigo crítico"'; o da India está en "perigo", e o branco considérase "vulnerable".

Características

Comparativa de tamaños das especies vivas de rinoceronte.
Detalle da pel dun rinoceronte.

A palabra "rinoceronte" (ρινόκερος) provén dos termos gregos rhino (nariz) e kera (corno), e significa literalmente "nariz cornuda", en alusión aos característicos cornos no fociño, que son ademais un valorado trofeo e a razón principal da súa caza. A diferenza dos cornos doutras especies, como os antílopes, os dos rinocerontes non teñen un núcleo óseo, senón que están feitos de queratina, a mesma substancia que forma os pelos e as uñas no resto de mamíferos. As dúas especies africanas e o rinoceronte de Sumatra teñen dous cornos, mentres que o Indio e o de Xava teñen só un.

A familia dos rinocerontes caracterízase polo seu gran tamaño, sendo das poucas especies consideradas como megafauna existentes hoxe día, xunto con elefantes e hipopótamos; todas as especies poden exceder como mínimo a tonelada de peso. Todos son herbívoros, e teñen unha pel grosa e resistente, de entre 1,5 e 5 cm de grosor, formada por capas superpostas de coláxeno. Teñen cerebros relativamente pequenos para o seu tamaño corporal (entre 400 e 600 g). Aínda que se alimentan polo xeral de follas, a súa capacidade de fermentar o alimento no colon permítelles sobrevivir consumindo materia vexetal máis leñosa, como raíces e ramas, de ser necesario. Ao contrario que outras especies de perisodáctilos, as especies africanas de rinocerontes non teñen dentes na parte frontal da boca, empregando para mastigar uns potentes premolares e molares para esmagar o alimento de orixe vexetal.[1] A fórmula dental varía de especie a especie, pero en xeral é:

0-1.0.3-4.3
0-2.0-1.3-4.3

Os rinocerontes teñen un agudo sentido do olfacto e un oído sensible, pero moi mala vista. A súa esperanza de vida máxima é duns 60 anos. A lonxitude da cabeza e o corpo é de 240 a 315 cm no rinoceronte de Sumatra e de 335 a 420 cm no rinoceronte branco. O peso, que é de 800 kg no rinoceronte de Sumatra, pode chegar aos 3.600 kg no rinoceronte branco considerándoo o segundo animal máis grande terrestre despois do elefante.

Todas as especies son perisodáctilas; é dicir, teñen un dedo central máis desenvolvido en cada pata, que lles serve de apoio principal, e dous dedos menores aos lados. Iso dá ás súas pegadas o característico aspecto dun as de trevo. No caso do rinoceronte branco e do indio, os machos adultos son moito maiores que as femias, pero nas demais especies machos e femias teñen un tamaño similar.

Os rinocerontes teñen unha visión escasa, aínda que son capaces de distinguir a unha persoa inmóbil ata uns 30 m de distancia. Os ollos están situados a ambos os dous lados da súa cabeza. O seu oído é moi fino, e as orellas son de tipo tubular, movéndose rapidamente na dirección de onde provén o son. Pero o seu sentido máis desenvolvido é o olfacto; a cantidade de tecido olfativo no fociño supera o tamaño do cerebro.

Other Languages
Afrikaans: Renoster
Alemannisch: Nashorn
አማርኛ: አውራሪስ
العربية: كركدنيات
asturianu: Rhinocerotidae
azərbaycanca: Kərgədanlar
تۆرکجه: کرگدن
башҡортса: Мөгөҙморондар
беларуская: Насарогі
беларуская (тарашкевіца)‎: Насарогі
български: Носорози
বাংলা: গণ্ডার
བོད་ཡིག: བསེ་རུ།
brezhoneg: Frikorneg
bosanski: Nosorog
català: Rinoceronts
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Să̤-ngiù
нохчийн: МармаӀ
čeština: Nosorožcovití
dansk: Næsehorn
Deutsch: Nashörner
Thuɔŋjäŋ: Kil
Ελληνικά: Ρινόκερος
English: Rhinoceros
Esperanto: Rinoceredoj
español: Rhinocerotidae
euskara: Errinozero
فارسی: کرگدن
føroyskt: Nashyrningur
français: Rhinocéros
arpetan: Rinocèros
Nordfriisk: Nööshurner
Gàidhlig: Sròn-adharcach
Avañe'ẽ: Tĩatĩ
עברית: קרנפיים
हिन्दी: गैण्डा
hrvatski: Nosorozi
Kreyòl ayisyen: Rinoseròs
հայերեն: Ռնգեղջյուր
Bahasa Indonesia: Badak
ГӀалгӀай: Бирнал
íslenska: Nashyrningur
italiano: Rhinocerotidae
日本語: サイ
Basa Jawa: Warak
Kongo: Kifalu
kalaallisut: Siissisoq
ಕನ್ನಡ: ಖಡ್ಗಮೃಗ
한국어: 코뿔소
kurdî: Kerkedan
коми: Сюраныр
Кыргызча: Кериктер
лакку: Каргадан
Lingua Franca Nova: Rinosero
Limburgs: Neushores
lingála: Kánga
lietuvių: Raganosiniai
latviešu: Degunradži
मैथिली: गैंडा
македонски: Носорог
മലയാളം: കാണ്ടാമൃഗം
मराठी: गेंडा
Bahasa Melayu: Badak sumbu
မြန်မာဘာသာ: ကြံ့
مازِرونی: کرگردن
नेपाली: गैंडा
नेपाल भाषा: धिर्मेय्
Nederlands: Neushoorns
norsk nynorsk: Nashorn
norsk: Neshorn
Diné bizaad: Déélgééd
ଓଡ଼ିଆ: ଗଣ୍ଡା
ਪੰਜਾਬੀ: ਗੈਂਡਾ
پنجابی: گینڈا
português: Rinoceronte
Runa Simi: Sinqawaqra
română: Rinocer
русский: Носороговые
Scots: Rhinoceros
srpskohrvatski / српскохрватски: Nosorozi
Simple English: Rhinoceros
slovenčina: Nosorožcovité
slovenščina: Nosorogi
chiShona: Chipembere
Soomaaliga: Wiyil
српски / srpski: Носорози
Sesotho: Tšukulu
Basa Sunda: Badak
svenska: Noshörningar
Kiswahili: Kifaru
тоҷикӣ: Каркадан
ไทย: แรด
Tagalog: Rinosero
Türkçe: Gergedan
удмурт: Носорог
українська: Носорогові
اردو: گینڈا
oʻzbekcha/ўзбекча: Karkidonlar
Tiếng Việt: Tê giác
хальмг: Орңһ
中文: 犀牛
Bân-lâm-gú: Sai-gû
粵語: 犀牛