Riba-roja de Túria

Plaça de l'Ajuntament

Riba-roja de Túria é un concello do País Valenciano situado na provincia de Valencia. Pertence á comarca do Camp de Túria e ten unha poboación de 21.520 habitantes (INE 2013).

Limita cos concellos de Benaguasil, l'Eliana, Loriguilla, la Pobla de Vallbona e Vilamarxant (na mesma comarca do Camp de Túria), ademais de Quart de Poblet, Manises e Paterna (na Horta Oest) e Cheste e Chiva (na comarca da Foia de Bunyol).

Entre os lugares de interese de Riba-roja destacan os restos romanos, como un campamento militar e un acueduto, e visigodos atopados na zona. Ademais, pódese visitar o castelo da localidade, a igrexa parroquial ou a Capela da Virxe dos Desamparados.

  • véxase tamén

Véxase tamén

Ligazóns externas

Other Languages