Rexións de Francia


Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares),[1] e 5 son rexións de alén mar.[2]

Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Rexións da Francia metropolitana

Desde o día 1 de xaneiro de 2016, a Francia metropolitana divídese nas seguintes 13 rexións:[2]

  1. Altos de Francia (Hauts-de-France). Engloba as antigas rexións de Norte-Paso de Calais e Picardía.
  2. Auvernia-Ródano-Alpes (Auvergne-Rhône-Alpes)
  3. Borgoña-Franco Condado (Bourgogne-Franche-Comté)
  4. Bretaña (Bretagne)
  5. Centro-Val de Loira (Centre-Val de Loire)
  6. Córsega (Corse)
  7. Gran Leste (Grand Est). Reúne as antigas rexións de Alsacia, Champaña-Ardenas e Lorena.
  8. Illa de Francia (Ille-de-France)
  9. Normandía (Normandie)
  10. Nova Aquitania (Nouvelle-Aquitanie). Agrupa as antigas rexións de Aquitania, Lemosín e Poitou-Charentes.
  11. Occitania (Occitanie). Comprende as antigas rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos.
  12. País do Loira (Pays de la Loire)
  13. Provenza-Alpes-Costa Azul (Provence-Alpes-Côte d'Azur)
Other Languages
Afrikaans: Franse geweste
العربية: مناطق فرنسا
azərbaycanca: Fransa bölgələri
беларуская: Рэгіёны Францыі
беларуская (тарашкевіца)‎: Рэгіёны Францыі
čeština: Regiony Francie
עברית: חבלי צרפת
interlingua: Regiones de Francia
Bahasa Indonesia: Daerah di Perancis
Bahasa Melayu: Kawasan di Perancis
Plattdüütsch: Regionen vun Frankriek
norsk nynorsk: Regionar i Frankrike
Piemontèis: Region fransèise
srpskohrvatski / српскохрватски: Regioni Francuske
Simple English: Regions of France
slovenščina: Seznam regij Francije
српски / srpski: Региони Француске
татарча/tatarça: Франция регионнары
українська: Регіони Франції
Tiếng Việt: Vùng của Pháp
West-Vlams: Regio (Vrankryk)
中文: 法国大区
Bân-lâm-gú: Hoat-kok ê toā-khu
粵語: 法國大區