Revolución Francesa

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

A Revolución Francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana serviría de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Antecedentes ideolóxicos

Os escritores ilustrados do século XVIII, filósofos, politicólogos, científicos e economistas, denominados comunmente philosophes e, a partir de 1751, os enciclopedistas, contribuíron a minar as bases do dereito divino dos reis. Pero xa no racionalismo de René Descartes podería quizais encontrarse o fundamento filosófico da Revolución. Deste modo, a soa proposición "Penso, logo existo" levaría implícito o proceso contra Lois XVI[ Cómpre referencia].

A corrente de pensamento vixente en Francia era a Ilustración, cuxos principios se baseaban na razón, a igualdade e a liberdade. A Ilustración tería servido de pulo ás Trece Colonias norteamericanas para a independencia da súa metrópole europea. Tanto a influencia da Ilustración coma o exemplo dos Estados Unidos serviron de impulso ideolóxico para o inicio da revolución en Francia.

Other Languages
Afrikaans: Franse Rewolusie
беларуская (тарашкевіца)‎: Француская рэвалюцыя
brezhoneg: Dispac'h Gall
Fiji Hindi: French Revolution
interlingua: Revolution francese
Bahasa Indonesia: Revolusi Perancis
Interlingue: Francés Revolution
Basa Jawa: Revolusi Prancis
Qaraqalpaqsha: Fransuz ko'terilisi
한국어: 프랑스 혁명
къарачай-малкъар: Уллу француз революция
Lëtzebuergesch: Franséisch Revolutioun
Bahasa Melayu: Revolusi Perancis
Nederlands: Franse Revolutie
srpskohrvatski / српскохрватски: Francuska revolucija
Simple English: French Revolution
slovenščina: Francoska revolucija
oʻzbekcha/ўзбекча: Buyuk fransuz inqilobi
Tiếng Việt: Cách mạng Pháp
Bân-lâm-gú: Hoat-kok Kek-bēng