Restauración Meiji

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Un xove emperador Meiji con representantes estranxeiros (1868-1870).

A Restauración Meiji (en xaponés: 明治維新, めいじいしん, Meiji Ishin) refírese a unha cadea de eventos que conduciron a un cambio na estrutura política e social do Xapón no período comprendido de 1866 a 1869,[1] un período de catro anos que abrangue parte do período Edo (tamén denominado Bakumatsu, Shogunato Tokugawa tardío, literalmente últimos momentos de Bakufu) e o comezo da Era Meiji.

Ó comezo do século XIX, o Xapón vivía illado e cunha organización social de carácter feudal análoga á de Europa na Idade Media. A autoridade política era exercida polo Shogún, e a relixiosa polo Emperador ou Micado, que foi considerado deus vivente ata 1945. Os EUA en 1854 obrigaron ó Shogún a permiti-lo establecemento de factorías mercantiles en territorio xaponés, seguíndolles outras potencias occidentais. O Emperador Mutsuhito estableceu o poder absoluto en 1868, inaugurando o período Meiji.

O Período Meiji ou das reformas, significa o esforzo do Xapón por occidentalizarse, e porse en tódolos aspectos á altura de Occidente. O que conseguiron con incrible rapidez. Ó sentirse fortes, naceron as ambicións expansivas, sendo foco dos principais conflitos armados de finais do século XIX: as guerras sinoxaponesas e a rusoxaponesa.

Características

Un adolescente Emperador Meiji con representantes estranxeiros ó final da Guerra Boshin, 1868-1870.
Artigo principal: Bakumatsu.

A restauración Meiji Bakumatsu non Doran (fin do réxime do shogun) foi a caída do réxime despótico no Xapón. Este réxime era moi parecido ao feudalismo europeo, o emperador (que se cría que descendía dos deuses) non tiña o poder real senón que dependía do daimío (señor feudal) máis importante. Este titulábase "shogun", que é o maior rango que un daimío podía obter. Por iso o réxime político chamábase shogunato ou bakufu. Agora ben, Xapón até 1853 permanecera illado do resto do mundo económica e politicamente (excepto para China e Holanda(que gozaban dun porto aberto, Nagasaki). Nesta data chega unha frota armada estadounidense (ao mando do Comodoro Perry) que tiña como propósito demandar un tratado de comercio. Este feito coñécese tamén como " Kurofune raikō" (chegada dos barcos negros). Ao non ter Xapón unha armada para facerlle fronte tivo que aceptar o tratado, evidenciando o débil que era o país.

En febreiro de 1867, Mutsuhito, ós seus quince anos, sucedeu ó seu pai, o emperador Kōmei e proclamouse unha nova era de Meiji (que significa "culto á regra").[2] A restauración Meiji de 1868 puxo remate a 256 anos de feudalismo do shogunato Tokugawa.

Unha revolución da clase alta

Esta revolución tivo unha particularidade única na historia; a mesma clase dominante (a aristocracia) foi a que viu a necesidade de cambio e de renunciar aos seus dereitos especiais. Por iso estaban divididos en dous bandos: os Kinnō-no-shishi e os partidarios do shogunato. Os terratenentes (daimyo) que estaban en contra do shogunato lideraron o Kinnō-no-shishi. Entre eles destacan tres dirixentes, o chamado Ishin Sanketsu (o triunvirato de Ishin), cuxos integrantes eran Toshimichi Ōkubo, Takamori Saigō e Takayoshi Kido.

Os partidarios do shogunato contaban con diferentes forzas para enfrontárense a estes revolucionarios; entre eles o Shinsengumi (unha forza paramilitar-policial situada en Kioto). Para 1867 o movemento revolucionario lograra un avance decisivo e o emperador Meiji (que non tiña poder real) dita a orde de disolver o bakufu (shogunado). Pero o shogun Tokugawa Yoshinobu resístese a deixar o poder en mans do Ishin shishi e en 1868 desenvólvense cinco batallas máis, chamadas as Guerras Boshin, en orde cronolóxica son estas: Toba-Fushimi, Monte Ueno, Nagoaka, Aizu e Hakodate.

Posteriormente os samuráis tras os radicais cambios realizados polo emperador, rebélanse contra este, formando un exército cuxo inimigo será o emperador ao abolir os privilexios da clase samurái, os adversarios foron o recentemente fundado corpo de policía, formada en gran parte por samuráis que se puxeron ao servizo do emperador e samuráis dos clans vencedores nas Guerras de Boshin: Satsuma e Chōshū.

Os resultados do cinco guerras foron determinantes e o Shōgun convocou a consello ao Ishin Takamori Saigō, no que estivo presente o xefe de mariña shogunal, Kaishū Katsu. O resultado deste consello foi a rendición do shogunato.

Alianzas e lealdades

Alegoría do Novo loitando contra o Vello, a comezos do Xapón Meiji, arredor do ano 1870.

A formación en 1866 da alianza Satsuma-Chōshū entre Takamori Saigō, o líder do territorio Satsuma, e Kogorō Katsura, o líder do territorio Chōshū, constrúen os cimentos da restauración Meiji. Estes dous líderes apoiaron ao Emperador Kōmei (pai do emperador Meiji) e aliáronse xunto a Ryōma Sakamoto co propósito de cambiar o goberno do Shogunato Tokugawa (bakufu) e devolver o poder ao emperador. A finais de 1867, o Emperador Meiji ascende ao trono despois da morte do emperador Komei.[3] Este período tamén supuxo un cambio a Xapón desde o comezo dunha sociedade feudal a tomar unha economía capitalista cunha persistente influencia occidental.

Other Languages
Alemannisch: Meiji-Restauration
azərbaycanca: Meydzi islahatı
беларуская (тарашкевіца)‎: Рэстаўрацыя Мэйдзі
brezhoneg: Adsav Meiji
čeština: Reformy Meidži
Esperanto: Mejĝi-reformo
贛語: 明治維新
Fiji Hindi: Meiji Restoration
Bahasa Indonesia: Restorasi Meiji
日本語: 明治維新
Basa Jawa: Restorasi Meiji
한국어: 메이지 유신
къарачай-малкъар: Мэйдзи реставрация
Кыргызча: Мэйдзи исин
Bahasa Melayu: Pemulihan Meiji
Plattdüütsch: Meiji-Restauration
Nederlands: Meiji-restauratie
norsk nynorsk: Meijirestaurasjonen
پنجابی: میجی مڑ آنا
srpskohrvatski / српскохрватски: Restauracija Meiji
Simple English: Meiji Restoration
slovenčina: Meidži išin
slovenščina: Obnova Meidži
српски / srpski: Меиџи обнова
Basa Sunda: Réstorasi Méiji
татарча/tatarça: Mäyci inqıylabı
oʻzbekcha/ўзбекча: Meydzi isin
vepsän kel’: Meidzin restavracii
Tiếng Việt: Minh Trị Duy tân
吴语: 明治维新
Vahcuengh: Mingzci veizsaen
中文: 明治维新
Bân-lâm-gú: Bêng-tī Î-sin
粵語: 明治維新