Resident Evil

Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード Baiohazādo?) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións[1]. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009[2].

Nome

Malia que é unha das sagas do xénero denominado supervivencia de terror (survival horror), non é o primeiro, habendo títulos previos como Alone In The Dark e Clock Tower. O nome orixinal xaponés é Biohazard; non obstante, nos Estados Unidos decídese cambialo a Resident Evil polo pouco impacto que podería causar unha palabra tan común, e polo feito de que xa existía unha banda co mesmo nome.

Other Languages