República parlamentaria

     Estados con república parlamentaria

Unha República parlamentaria ou República constitucional parlamentaria é unha forma de goberno que opera baixo un sistema parlamentario.

En oposición á República presidencialista e a República semipresidencialista, o xefe do estado, normalmente, non ten poderes executivos reais como un Presidente executivo, xa que a maioría destes poderes fóronlle concedidos ao xefe de goberno, normalmente chamado primeiro ministro. Con todo, o xefe de estado e o xefe de goberno deben formar unha soa oficina nunha república parlamentaria (como Suráfrica ou Botswana), pero o presidente séguese elixindo do mesmo xeito que o primeiro ministro nos estados tipo Sistema de Westminster. En certas ocasións o Presidente ha de ter poder executivo legal, para levar a cabo o día a día das institucións (como en Finlandia ou Irlanda) pero non fan uso destes poderes. Algunhas repúblicas parlamentarias poderían, xa que logo, ser vistas como repúblicas cun sistema semipresidencialista, pero funcionando dunha forma parlamentaria.

Desenvolvemento histórico

As repúblicas parlamentarias prototípicas, son aquelas que proveñen de estados que previamente eran monarquías, cun monarca, ou un representante do mesmo (sobre todo nas repúblicas da Commonwealth. Así o rei ou xefe de estado foi substituído por un de elección democrática, pero mantendo a falta de poder executivo do mesmo. Existen, así mesmo, un grande número de repúblicas parlamentarias que foron países cun só partido legal, localizadas no bloque do leste ou na mesma Unión Soviética.

Other Languages
azərbaycanca: Parlamentli respublika
беларуская (тарашкевіца)‎: Парлямэнцкая рэспубліка
Bahasa Indonesia: Republik parlementer
srpskohrvatski / српскохрватски: Parlamentarna republika
Simple English: Parliamentary republic